St Andrews
Epónimo | Catedral de St Andrews | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Escocia | ||||
Concello | Fife, Escocia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.580 (2016) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 24 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | KY16 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01334 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | standrews.org.uk |
St Andrews, (en latín: S. Andrea(s); en scots: Saunt Aundraes;[1] en escocés: Cill Rìmhinn)[2] situada na costa leste de Escocia, no condado de Fife, é unha das cidades máis antigas e historicamente importantes de Escocia, malia o seu reducido tamaño. Nela atópase a Catedral de St Andrews, no presente derruída (que no seu tempo foi a máis grande de Escocia), un castelo, igualmente derruído, e unha das universidades máis antigas e prestixiosas do Reino Unido. Ademais, St Andrews é considerado como "o berce do golf", xa que nela atópanse o Royal and Ancient Golf Club of St Andrews -o club de golf máis antigo do mundo- e o Old Course de St Andrews, tamén un dos campos máis antigos.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros asentamentos que se localizaron no actual St Andrews pertencen ós pictos, quen o denominaban Kilrymont ou Muckross. A lenda di que San Régulo trouxo até aquí as reliquias de Santo André, patrón de Escocia.
St Andrews recibiu o estatuto de "cidade real" (royal burgh) en 1124, e transformouse en arcebispado en 1466. A súa catedral comezou a construírse no século XII, pero non se concluíu até 1318, durante o reinado de Roberto I de Escocia. Naquel momento era o edificio máis grande de Escocia, e St Andrews, con máis de 14.000 habitantes no século XVI, unha das cidades costeiras máis importantes ó norte de Edimburgo.
Porén, durante a violenta Reforma relixiosa do século XVI, a catedral foi saqueada e quedou en ruínas, e a cidade perdeu gran parte do seu poder e influencia, quedando practicamente arruinada.
No presente, a cidade de St Andrews consta dun pequeno núcleo histórico, constituído principalmente por catro rúas (South Street, Market Street, North Street e The Scores), e unha ampla extensión de vivendas modernas destinadas principalmente ó persoal e os estudantes da Universidade de St Andrews, así como ós xogadores e afeccionados ó golf.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Scotslanguage.com - Names in Scots - Places in Scotland".
- ↑ "Ainmean-Àite na h-Alba (AÀA) – Gaelic Place-names of Scotland". www.gaelicplacenames.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: St Andrews |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamont-Brown, Raymond (2002). John Donald, ed. Fife in History and Legend. Edimburgo. ISBN 0-85976-567-9.
- Lamont-Brown, Raymond (2006). St Andrews:city by the northern sea. Edinburgh: Birlinn Publishing. ISBN 1-84158-450-9.
- Omand, Donald (2000). The Fife Book.
- Pride, Glen L. (1999). The Kingdom of Fife (2nd ed.). Edimburgo: Rutland Press. ISBN 1-873190-49-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 17 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)