Saltar ao contido

Stardew Valley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stardew Valley
Desenvolvedor(es)ConcernedApe
Distribuidora(s)ConcernedApe[a]
Deseñador(es)Eric Barone[b]
Lanzamento
XéneroSimulación, rol
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Clasificación PEGI 12 e PEGI 6
USK 6
Plataforma(s)
ControisRato e teclado
Na rede
http://stardewvalley.net/
IMDB: tt5580378 Facebook: stardewvalley Youtube: UC01bUscRlH5qGlGmffj_78A Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Stardew Valley é un videoxogo de simulación e rol desenvolvido por Eric "ConcernedApe" Barone. Os xogadores toman o rol dun personaxe que herda a granxa deteriorada do seu avó falecido, nun lugar coñecido como Stardew Valley. O xogo foi lanzado para Windows en febreiro do 2016, despois foi adaptado a outras plataformas.

Stardew Valley é un aberto, permite aos xogadores cultivar, criar gando, pescar, cociñar, minar, recolectar, e socializar coa xente do pobo, e podendo casar e ter fillos. Poden xogar ata catro xogadores xuntos.

Barone desenvolveu Stardew Valley durante catro anos. Foi fortemente inspirado na saga Harvest Moon, con engadidos para corrixir algúns problemas deses xogos. Foi usado como exercicio para mellorar as súas habilidades de programación e deseño de videoxogos.

Stardew Valley foi eloxiado pola crítica, que destacaron a música do xogo, os seus personaxes e as súas calidades relaxantes, e foi nomeado como un dos mellores videoxogos de todos os tempos[1][2][3][4][5]. O xogo foi un éxito comercial, vendendo máis de 20 millóns de copias para 2022.

Xogabilidade

[editar | editar a fonte]

Stardew Valley é un videoxogo de simulación agrícola inspirado principalmente pola saga de videoxogos, Harvest Moon.[6] Ao comezar o xogo, os xogadores teñen que crear un personaxe, quen recibe un terreo e unha pequena casa propiedade do seu avó nun pequeno concello chamado "Pelican Town". Os xogadores poden elixir entre diferentes tipos de granxa, cada un ten un tema único e diferentes beneficios e dificultades.[7] O terreo da granxa está inicialmente chea de pedras, árbores, tocos e malas herbas, e os xogadores teñen que traballar para despexalos para poder usar a granxa, atender os cultivos e o gando, para xerar beneficios e poder expandir a granxa con edificios e comodidades.

Os xogadores interactuan con personaxes non xogadores (NPCs) que habitan o concello, incluíndo ter unha relación amorosa con algún deles; que pode acabar en matrimonio, o que fai que o NPC axude ao personaxe do xogador a coidar a granxa. Despois de casar, os xogadores poden ter a oportunidade de ter ou adoptar un fillo coa súa parella. Os xogadores tamén poden pescar, cociñar, elaborar obxectos e explorar covas xeradas por procedementos para minar materiais e minerais, e combater con criaturas. Os xogadores poden tomar varias misións para obter diñeiro adicional ou completar coleccións específicas de materiais ("bundles") para restaurar o Centro Comunitario do concello ou pagar certa cantidade de diñeiro para completar os bundles de JojaMart. Completar as coleccións recompensa aos xogadores con diferentes obxectos, incluíndo sementes e ferramentas. Completar múltiples coleccións outorga aos xogadores o acceso a novas áreas e mecánicas do xogo, como o deserto.[8] Todas esas actividades deben medirse coa saúde e enerxía que ten o personaxe nese momento e co reloxo interno do xogo. O xogador pode consumir comida que garante certos beneficios que se poden usar en certas actividades e situacións. A comida tamén permite repoñer a saúde e a enerxía, o que fai que se poidan realizar máis actividades nese día. O xogo usa un calendario simplificado, no que cada ano ten 4 meses de 28 días e cada mes representa unha estación, que determina que cultivos poden crecer e que actividades poden ser beneficiosas. Máis tarde no xogo, os xogadores poden restaurar o invernadoiro e ir a unha illa na que crece calquera cultivo sen importar a estación.

Recepción

[editar | editar a fonte]
Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic89/100[9]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Destructoid9.5/10[10]
Game Informer8.75/10[11]
Game Revolution4.5/5 estrelas[12]
Giant Bomb5/5 estrelas[13]
IGN9.5/10[14]
PC Gamer (UK)80/100[16]
Polygon9/10[17]
Jeuxvideo.com18/20[15]
TouchArcade5/5 estrelas[18]

Stardew Valley foi recibido con críticas "xeralmente favorables", de acordo con Metacritic[9]. Foi citado en multitude de publicacións como o mellor videoxogo de tódolos tempos.[1][2][3][4][5]

  1. Anteriormente distribuído por Chucklefish
  2. Incluído escritura, arte, música, e programación; acreditado como ConcernedApe
  1. 1,0 1,1 "The 100 best video games of all time, ranked". USA Today. 10 de setembro de 2022. Consultado o 14 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "The 24 best video games of all time, according to our games-loving team". Mashable (en inglés). 3 de xullo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Moore, Bo (16 de xuño de 2014). "The 100 Greatest Video Games of All Time". Popular Mechanics. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Polygon Staff (27 de novembro de 2017). "The 500 Best Video Games of All Time". Polygon.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "The 50 best games of all time". GamesRadar. 23 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2021. Consultado o 26 de novembro de 2021. 
  6. Grayson, Nathan (29 de febreiro de 2016). "Steam's Latest Hit Is A Game About Farming And Relationships". Kotaku (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  7. Phillips, Tom (29 de setembro de 2016). "Stardew Valley is changing the way you start your farm". Eurogamer. Consultado o 29 de setembro de 2016. 
  8. "The Many Hidden Secrets of Stardew Valley - GameRevolution". GameRevolution (en inglés). 2 de marzo de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 "Stardew Valley for PC Reviews". Metacritic. Consultado o 8 de abril de 2016. 
  10. Hancock, Patrick (7 de marzo de 2016). "Review: Stardew Valley". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  11. Gwaltney, Javy (24 de marzo de 2016). "Stardew Valley Review – Your New Home Away From Home". Game Informer. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  12. Leack, Jonathan (1 de marzo de 2016). "Stardew Valley Review". Game Revolution. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  13. Ryckert, Dan (21 de marzo de 2016). "Stardew Valley Review". Giant Bomb. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  14. Sanchez, Miranda (7 de agosto de 2018). "Stardew Valley Review 2018". IGN. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  15. "Stardew Valley". Jeuxvideo.com (en francés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  16. Lucas, Daniella (25 de febreiro de 2016). "Stardew Valley Review". PC Gamer. Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  17. Velocci, Carli (29 de marzo de 2016). "Stardew Valley review". Polygon. Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  18. Hodapp, Eli (23 de outubro de 2018). "'Stardew Valley' Review – Who Needs Real Life?". TouchArcade. Consultado o 24 de outubro de 2018.