Steam Ship Sudan
Steam Ship Sudan | |
---|---|
![]() O Sudan no Nilo. | |
Historial | ![]() |
Estaleiro | Bow, McLachlan and Company, ![]() |
Tipo | fluvial a vapor |
Operador | Thomas Cook Exipto ata 1950; Fouad Serageddin 1950-55; Eastmar Nile Cruises |
Botado | 1921 |
Viaxe inaugural | 1921 |
Características xerais | |
Desprazamento | 600 toneladas |
Eslora | 69 m |
Manga | 9,8 m |
Calado | 2,9 m |
Propulsión | Dous motores compostos de 500 CV |
Potencia | 1.000 CV |
Velocidade | 9,5 nós (17,6 km/h) |
Capacidade | 23 camarotes e 5 suites |
O Steam Ship Sudan, ou simplemente Sudan,[1] é un barco de cruceiros que opera no río Nilo. Construído en 1921, é o máis antigo e famoso entre os aproximadamente 300 barcos de pasaxeiros que operan no río.[2]
Construción e operación
[editar | editar a fonte]O Sudan foi construído en 1921 na cidade escocesa de Paisley. Foi operado pola compañía entón líder do mercado, Thomas Cook & Son durante a primeira era dourada do turismo en Exipto, cara a 1930, e levaba principalmente a turistas británicos de clase alta.[3] Foi o último barco a vapor que construíu esta compañía, que logo pasounos a fabricar con motores diésel.[4]
O barco operaba entón entre o Cairo e Wadi Halfa a través das esclusas do antigo encoro de Asuán. Co descenso do turismo a Exipto tras a segunda guerra mundial e a construción da nova presa de Asuán, o barco deixou de operar tras unha última viaxe entre Luxor e Asuán. Estivo parado durante décadas ata que a principios dos anos 90 foi posto en marcha de novo por un armador exipcio. Tras un novo período de abandono e a chegada dunha compañía francesa, o Sudan volve a transportar pasaxeiros no Nilo dende principios dos 2000.[1]
Nome
[editar | editar a fonte]O nome do barco débese a que o Sudán era naqueles tempos un dominio angloexipcio, e estaba sometido á coroa exipcia.[4] É chamado en países de fala inglesa PS Sudan (por Paddle Ship, barco de pás).
Novelas e filmes
[editar | editar a fonte]O Sudan xa estaba transportando turistas no Nilo cando Agatha Christie estaba alí escribindo Death on the Nile. Non obstante, non hai ningunha evidencia de que a escritora realmente viaxase neste barco.
Mais como o Sudan é o único barco de cruceiros histórico do Nilo, serviu como localización para os filmes en ambas películas da novela (a de 1978 dirixida por John Guillermin e protagonizada por Peter Ustinov e a de 2004 dirixida por Andy Wilson e con David Suchet no papel principal). En ambas películas, o barco leva o coñecido nome da novela SS Karnak, baseado no templo de Karnak en Luxor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Historia do Sudan". www.steam-ship-sudan.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 4 de xullo de 2019.
- ↑ Travco-Büro Assuan.
- ↑ ps SUDAN Arquivado 04 de xullo de 2019 en Wayback Machine. auf clydesite.co.uk, abgerufen am 2.
- ↑ 4,0 4,1 "El novelesco vapor del Nilo". La Vanguardia (en castelán). 4 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2019.