Stephan Endlicher
Nome orixinal | (de) Stephan Ladislaus Endlicher |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de xuño de 1804 Bratislava, Eslovaquia |
Morte | 28 de marzo de 1849 (44 anos) Viena, Austria |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena |
Member of the Frankfurt Parliament (en) | |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, numismático, catedrático, micólogo, lingüista, sinólogo, briólogo, arqueólogo, pteridólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Endl. |
Premios | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |
Stephan Ladislaus Endlicher, nado en Presburgo (hoxe Bratislava) o 24 de xuño de 1804, e finado en Viena o 28 de marzo de 1849,[1][2] foi un botánico, lingüista, sinólogo, historiador, arqueólogo e numismático austríaco.
Foi director do Xardín botánico de Viena e famoso por ser o descritor do xénero Sequoia, entre outros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun médico, Endlicher estudou filosofía en Pest e en Viena, e teoloxía, desde 1823 a 1826, en Viena, aínda que só recibiu as ordes menores, non sendo ordenado sacerdote.[1][2]
Desde 1826, en Presburgo, centrou a súa atención nos idiomas, estudando especialmente chinés, cuxo coñecemento mostra nalgunhas das súas obras, como Anfangsgründe der chinesischen Grammatik (Viena, 1845) e Atlas von China nach der Aufnahme der Jesuitenmissionäre (Viena, 1843).[1]
En 1836 foi nomeado conservador do Naturhistorisches Museum Wien (Museo de Historia Natural de Viena) e, en 1840, profesor de botánica na Universidade desta cidade, sendo tamén, desde 1839 até a súa morte, en 1849, director do xardín botánico da Universidade de Viena.
Ocúpase especialmente do herbario do xardín botánico, ao que achega a súa propia colección, constituída por máis de 30 000 especies.
Desenvolveu un sistema de clasificación dos vexetais, que foi o principal obxectivo do seu libro Genera plantarum secundum ordines naturales disposita (1836-1850). Nesta obra, separa as talófitas das plantas vasculares.
En 1835 fundou a primeira revista austríaca de historia natural: Annalen des Wiener Museums der Naturgeschichte, que aínda se publica a día de hoxe co nome Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien.
Traballou en colaboración con numerosos botánicos, entre eles Gray, Bentham e Brown.
Endlicher describiu durante a súa vida numerosas especies de plantas e varios xéneros, entre eles Sequoia.[3]
Stephan Endlicher participou, así mesmo, en acontecementos políticos, como as revolucións de 1848, e foi membro dos parlamentos alemán e austríaco.
Foi membro das Academias:
- Academia alemá das Ciencias Naturais Leopoldina.
- Academia Austríaca de Ciencias.
- Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos.
Principais obras
[editar | editar a fonte]- Prodromus florae norfolkicae. 1833.
- Atakta botanica. Nova genera et species plantarum .... 1833–1835.
- Nova genera ac species plantarum quas in regno chilensi, peruviano et in terra amazonica ... (en colaboración con Eduard Friedrich Poeppig) 1835–1845.
- Genera plantarum secundum ordines naturales disposita 1836–1850.
- "Bemerkungen über die Flora der Südseeinseln". En: Ann. Mus. Wien 1: 129-190, 1836.
- Iconographia generum plantarum. 1837–1841.
- Grundzüge einer neuen Theorie der Pflanzenzeugung. 1838.
- Enchiridion botanicum .... 1841.
- Die Medicinal-Pflanzen der österreichischen Pharmakopöe: ein Handbuch für Ärzte und Apotheker / von Stephan Endlicher. - Wien : Gerold, 1842.
- Grundzüge der Botanik. Wien 1843 (en colaboración con Unger).
- Anfangsgründe der Chinesischen Grammatik. Wien 1845.
- Synopsis Coniferarum .... 1847.
- Rerum Hungaricarum monumenta Arpadiana. 1849.
- Die Gesetze des heiligen Stefan. 1849.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Endl. emprégase para recoñecer a Stephan Endlicher como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Stephan Ladislaus Endlicher na Catholic Encyclopedia (1913) (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 Endlicher, Stephan Ladislaus en The American Cyclopædia (1879) (en inglés).
- ↑ Xéneros e especies descritos por Endlicher.
- ↑ Endlicher, Stephan Friedrich Ladislaus (1804-1849) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Stephan Endlicher |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stephan Ladislaus Endlicher na Catholic Encyclopedia (1913) (en inglés).
- Endlicher, Stephan Ladislaus en The American Cyclopædia (1879) (en inglés).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de Endlicher en botanicus.org
- Obras de Stephan Endlicher en WorldCat.