Stephen Colbert
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Stephen Tyrone Colbert 13 de maio de 1964 (60 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Escritor Saturday Night Live | |
1996 – 2011 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade do Noroeste Porter-Gaud School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. |
Ocupación | actor, presentador de televisión, guionista, humorista, produtor de televisión |
Período de actividade | 1984 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Xénero artístico | Sátira, humor absurdo (pt) , black comedy television program (en) e teatro de improvisação (pt) |
Participou en | |
2006 | gradación no Knox College |
Familia | |
Cónxuxe | Evelyn McGee-Colbert (1993–) |
Pai | James William Colbert Jr. |
Irmáns | Elizabeth Colbert Busch |
Premios | |
Sitio web | comedycentral.com… |
|
Stephen Tyrone Colbert, nado en Washington, D.C. o 13 de maio de 1964, é un actor, guionista, humorista e presentador de televisión estadounidense, famoso polo seu programa The Colbert Report que emitía Comedy Central, un telexornal satírico no que interpreta unha versión caricaturizada dun comentarista conservador estadounidense. E tamén por ser o sucesor de David Letterman no agora chamado Late Show With Stephen Colbert que emite CBS.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criado en Carolina do Sur nunha familia de orixe católico irlandesa, Colbert orixinalmente recibiu cursos de arte dramática para ser actor, pero interesouse no teatro da improvisación cando coñeceu a Del Close mentres estudaba na universidade, e comezou a actuar profesionalmente primeiro como suplente de Steve Carell no Second City de Chicago; nesta época entre os seus compañeiros figuraron Paul Dinello e Amy Sedaris, cos que máis tarde desenvolveu a serie de sketch cómicos Exit 57 (1995-1996).
Colbert tamén escribiu e actuou no Dana Carvey Show antes de colaborar de novo con Sedaris e Dinello de novo na serie Strangers with Candy (1999-2000), onde gañou recoñecemento polo seu personaxe, un profesor de historia homosexual pero foi o seu traballo como correspondente na parodia de telexornal The Daily Show, o que o fixo coñecido a unha maior audiencia.
No ano 2005 deixou The Daily Show with Jon Stewart para crear a súa propia serie, The Colbert Report, seguindo o mesmo concepto é unha parodia dos telexornais de noticias desenvolvidos arredor dun comentarista político como é o caso de The O'Reilly Factor, o seu personaxe caracterízase pola súa inxenuidade e ignorancia, pola súa fe nas políticas do entón presidente Bush e idolatría ao xornalista conservador Bill O'Reilly. Desde o comezo, foi unha das series máis vistas de Comedy Central. Segundo a revista Time está entre as cen persoas con máis influencia en 2006[1], e o seu libro I Am America (And So Can You!), foi número un da lista de vendas do New York Times.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Time 100: The People Who Shape Our World". Time. April 30, 2006. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2006. Consultado o 2006-07-07.