The Daily Show
The Daily Show | |
---|---|
Formato | Comedia Sátira talk show |
Duración | 22 minutos |
Creado por | Madeleine Smithberg Lizz Winstead |
Producido por | Rory Albanese Jon Stewart |
Presentado por | Craig Kilborn (1996–1998) Jon Stewart (1999–presente) |
Cadea | Comedy Central |
Día da estrea | 22 de xullo de 1996 |
Na rede
| |
http://www.thedailyshow.com/ | |
|
The Daily Show, coñecido na súa versión actual como The Daily Show with Jon Stewart, é un programa satírico da televisión nocturna estadounidense que se emite de luns a xoves en Comedy Central desde 1996.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O primeiro presentador do programa foi Craig Kilborn, en decembro de 1998 substituíuno Jon Stewart que realizou unha serie de cambios no programa, enfocándoo máis cara a política e temas de actualidade estadounidense, en contraste coa época de Kilborn que daba máis importancia á cultura popular.
The Daily Show é un programa que fai sátira da información, das figuras políticas, dos medios e con frecuencia do propio programa. Normalmente o programa abre cun logo monólogo de Jon Stewart relacionado cos titulares do día, seguen análises e reportaxes dos correspondentes do programa co que con frecuencia Stewart intercambia opinións, que adoitan levar un ton absurdo ou humorosamente esaxerado mentres que Stewart adoita facer o papel de xornalista serio. O segmento final dedícase a unha entrevista a algún personaxe relevante
En 2005, Comedy Central comezou a emitir The Colbert Report, que presenta o que fora durante moito tempo correspondente de The Daily Show Stephen Colbert e os dous programas continúan a estar interelacionados, Stewar frecuentemente crea ao rematar cada edición unha ponte cara ao programa de Colbert. Emitése tamén unha edición semana The Daily Show: Global Edition que se emite en canles estranxeiras e na CNN International.