Saltar ao contido

Igor Stravinskii

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stravinski»)

Modelo:BiografíaIgor Stravinskii

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Игорь Фёдорович Стравинский Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1882 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Lomonosov (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1971 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of San Michele (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York (1969–1971)
West Hollywood (1941–1969)
Nova York (1939–1941)
París (1934–1939)
Voreppe (1931–1934)
Niza (1924–1931)
Biarritz (1921–1924)
París (1920–1921)
San Petersburgo (–1915)
Distrito de Morges (pt) Traducir (1915–1920)
Suíza
Roma Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo - dereito (1901–)
The Second Saint Petersburg Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, pianista, director de orquestra, libretista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, sinfonía, Música de cámara e Neue Musik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNikolai Rimsky-Korsakov e Wassili Kalafati (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Victor
Columbia Records
CBS Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaQ63440281 Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeVera de Bosset (1940–1971), morte da persoa
Yekaterina Stravinsky (1906 (Xuliano)–1939), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosThéodore Strawinsky
 () Yekaterina Stravinsky
Soulima Stravinsky
 () Editar o valor en Wikidata
PaiFiodor Stravinski Editar o valor en Wikidata
IrmánsYury Stravinsky Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006311 IBDB: 12461
Facebook: igorstravinsky MySpace: igorstravinsky BNE: XX953980 Dialnet: 266207 Spotify: 7ie36YytMoKtPiL7tUvmoE iTunes: 239538 Last fm: Игорь+Фёдорович+Стравинский Musicbrainz: c278de2c-9696-4fdf-a919-0781cd945e2c Songkick: 52234 Discogs: 115469 IMSLP: Category:Stravinsky,_Igor Allmusic: mn0000364751 WikiTree: Stravinsky-1 Find a Grave: 995 Editar o valor en Wikidata

Igor Fedorovich Stravinskii (en ruso Игорь Фёдорович Стравинский), nado o 17 de xuño de 1882 en Lomonosov e morto o 6 de abril de 1971 en Nova York, foi un pianista, director de orquestra e compositor ruso (naturalizado francés en 1934, e posteriormente americano en 1945), considerado por moitos como un dos máis importantes e influentes do século XX.[1][2][3][4] Foi o arquetipo do ruso cosmopolita, escollido pola revista Time como unha das 100 persoas máis influentes do século.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa obra abrangue gran cantidade de estilos e formas, compuxo óperas, sinfonías, pequenas pezas para piano e mesmo obras para grupos de jazz. Stravinskii adquiriu fama internacional con tres balé que lle encargou o empresario musical Sergei Diagilev para a súa compañía Ballets Russes de París, estes balés son atrevidos e innovadores, practicamente reinventando o xénero, e continúan a ser hoxe as súas obras máis coñecidas: O paxaro de lume (1910), Petrushka (1911/1947) e A consagración da primavera (1913), na estrea desta última producíronse disturbios e chegou a transformar a estrutura rítmica dos compositores posteriores, ademais de ser a responsable da reputación de Stravinskii como un revolucionario musical.

Despois da súa primeira fase rusa, Stravinskii volveu ó neoclasicismo na década de 1920, as obras deste período tenden a facer uso das formas musicais tradicionais (concerto grosso, fuga, sinfonía), recubertas cun veo de emoción intensa con aparencia de austeridade ou distanciamento, con frecuencia pagando tributo á música dos mestres anteriores como Bach e Tchaikovski.

Na década de 1950 adoptou procedementos serialistas, usando estas novas técnicas durante os seus últimos vinte anos en activo, estas composicións comparten a enerxía rítmica, a construción de ideas melódicas, a claridade da forma e a instrumentalización e expresión vocal coas súas obras anteriores.

Durante a súa carreira publicou unha serie de libros, correntemente coa axuda de colaboradores. En 1936 publicou a súa autobiografía Chronique de ma vie coa axuda de Walter Nouvel, nesta obra Stravinskii incluíu a famosa frase " a música, pola súa propia natureza, é impotente para expresar nada de seu". Coa colaboración de Alexis Roland-Manuel e Piotr Souvtchinski escribiu as leccións maxistrais que deu na Universidade Harvard no curso 1939-1940, recollidas en 1942 no libro Poétique musicale.

A carreira compositiva de Stravinskii pode dividirse, a grandes trazos, en tres períodos estilísticos:

Período ruso (c. 1908 – 1919)

[editar | editar a fonte]
Stravinskii e Rimskii-Korsakov (sentados xuntos á esquerda) en 1908.

O primeiro período estilístico de Stravinskii (que exclúe algunhas das súas obras menores temperás) comeza con Feu d'artifice (Fogos de artificio) e inclúe os tres ballets compostos para Serguei Diaguilev. Estas tres composición teñen varias características en común: están escritas para unha orquestra extremádamente grande; empregan temas e motivos folclóricos rusos. Tamén exiben un desenvolvemento estilístico considerable, dende L'Oiseau de feu (O paxaro de lume), que enfatiza certas tendencias en Rimsky-Korsakov e conta cun pandiatonicismo notable no terceiro movemento, ao emprego da politonalidadeen Petrushka e as intencionadamente brutais polirritmias e disonancias de Le Sacre du printemps (A consagración da primavera).

Se a intención de Stravinskii era "mandalos a todos ao inferno",[6] entón puido ter clasificado a estrea de Le Sacre du printemps en 1913 como un éxito: é un famoso motín da música clásica e Stravinskii refírese a ela en moitas ocasións na súa autobiografía como un scandale.[7] Houbo informes de pelexas con puños entre a audiencia e a necesidade de presenza policial durante o segundo acto. O alcance real do tumulto está aberto ao debate e os informes poden ser apócrifos.[8] Outras obras do período ruso inclúen: Le Rossignol; Renard (1916); Histoire du soldat (1918); e Les noces (The Wedding) (1923).

Período Neoclásico (c. 1920 – 1954)

[editar | editar a fonte]

A seguinte etapa compositiva de Stravinskii esténdese dende a súa ópera Mavra (1921–22), que é considerada o principio do seu período neoclásico, ata 1952, cando se volveu cara ao serialismo.[9] Oedipus Rex (1927), Apollon musagète (1928), e o concerto Dumbarton Oaks (1937–38) continúan o seu plan do estilo musical do século XVIII. Outras obras deste período inclúen tres sinfonías: a Symphonie des Psaumes (1930), Sinfonía en Do (1940) e a Sinfonía en Tres Movementos (1945).

Apollon (1928), Persephone (1933) e Orpheus (1947) exemplifican, non só o retorno de Stravinskii á música do clasicismo, senón tamén a súa exploración de temas do antigo mundo clásico como a mitoloxía grega. En 1951 rematou a súa derradeira obra neoclásica, a ópera The Rake's Progress, con libreto de W. H. Auden que estaba baseado en gravados de William Hogarth. Estreouse en Venecia ese mesmo ano e foi producida por toda Europa durante o ano seguinte, antes de ser posta en escena na Metropolitan Opera de Nova York en 1953.[10] Foi porta en escena pola Santa Fe Opera no Stravinsky Festival de 1962, en honor ao 80 aniversario do compositor e foi revivida pola Metropolitan Opera en 1997.

Período serial (1954–1968)

[editar | editar a fonte]

Nos anos 50, Stravinskii comezou a empregar técnicas compositivas como o dodecafonismo, a técnica ideada orixinalmente por Arnold Schoenberg.[11] Primeiramente experimentou con técnicas seriais non-dodecafónicas unha pequena escala vocal e obras de cámara como a Cantata (1952), o Septeto (1953) e Tres cancións para Shakespeare (1953). A primeira das súas composicións baseada nestas técnicas foi In Memoriam Dylan Thomas (1954). Agon (1954–57) foi a primeira das súas obras que incluíu series dodecafónicas, e Canticum Sacrum (1955) foi a primeira peza que contivo un movemento enteiramente baseado nun ton fila.[12] Stravinskii expandiu o seu emprego do dodecafonismo a traballos como Threni (1958) e A Sermon, a Narrative, and a Prayer (1961), que están baseados en textos bíblicos,[13] e The Flood (1962), que mestura bervas de textos bíblicos do Xénese con pasaxes de York e Chester Mystery Plays.[14]

  1. Page 2006
  2. Strawinsky & Strawinsky 2004, p. vii
  3. Anónimo 1940
  4. Cohen 2004, p. 30
  5. Philip Glass. "Time 100: Igor Stravinski". Time (en inglês). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2000. Consultado o 14 de maio de 2013. 
  6. Wenborn 1985, p. 17, alude ao seu comentario, sen dar unha fonte específica.
  7. Stravinsky 1936
  8. Véxase Eksteins 1989, pp. 10–16, para unha visión xeral da reportaxe contraditoria do evento polos participantes e a prensa.
  9. Walsh 2001.
  10. Griffiths, Stravinsky, Craft, and Josipovici 1982, pp. 49–50.
  11. Craft 1982.
  12. Straus 2001, p. 4.
  13. White 1979, p. 510.
  14. White 1979, 517.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]