Saltar ao contido

Stuart Conquest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Modelo:BiografíaStuart Conquest

Stuart Conquest no Campionato da Unión Europea, 2008[1].
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1967
Ilford Inglaterra Inglaterra
País de nacionalidadeinglés Inglaterra
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMestre Internacional (1985)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1991) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.601 (2001)<
Identificador FIDE400181 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- SC Kreuzberg
- Q1184525
- Q2208360
- Lübecker Schachverein
Participou en
2008Olimpíada de xadrez de 2008 (pt) Traducir
2006Olimpíada de xadrez de 2006 (pt) Traducir
2002Olimpíada de xadrez de 2002 (pt) Traducir
1996Olimpíada de xadrez de 1996 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: stuthefox Editar o valor en Wikidata

Stuart Conquest, nado en Ilford o 1 de marzo de 1967, é un xadrecista inglés. Conseguiu o título de Grande Mestre do xadrez ós 24 anos de idade, gañou o Campionato Británico de xadrez no 2008 e tamén foi membro da selección inglesa de xadrez.

O seu maior éxito xadrecístico a nivel mundial foi cando gañou o Campionato do Mundo sub 16 en Embalse, Córdoba, na Arxentina no 1981. En 1985 logrou o título de Mestre Internacional e no 1991 chegou a ser Grande Mestre. Foi Campión Británico de xadrez na modalidade de partidas rápidas no 1997. O seu auxe na puntuación ELO da FIDE alcanzouno en outubro do 2001 cando tivo 2601 puntos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai ensinoulle a xogar cando tiña 5 anos, no 1972. Nesa época xogaban polo Campionato do Mundo Bobby Fischer e Boris Spassky, entón o pai era un xadrecista inscrito no Hastings Chess Club, ou sexa, no Club de Xadrez de Hastings, e seguía con moita atención os acontecementos xadrecísticos neses tempos. A súa nai tamén xogaba ó xadrez con Stuart cando era pequeno, gañoulle xogos a ela xa moi cedo, mais ela xogaba ás cegas dicíndolle os movementos coas coordenadas mentres el ollaba o taboleiro. Stuart empezou a gañarlle partidas ó seu proxenitor cando tiña entre os 9 e 10 anos, ós 9 anos foi cando seu pai o levou ó club. Logo foi adestrado por Arthur Winser, que fora en 24 ocasións campión de Hastings. No primeiro ano clasificouse para a final do Campionato do Club de Hastings, o que era unha plusmarca histórica. Un ano máis tarde, ós 10 anos, gañou o seu primeiro torneo no club con partidas de 30 minutos, facendo 4½ puntos en 5 xogos e sendo premiado con 9 libras esterlinas. Apareceu por primeira vez fotografado na prensa ós 11 anos nun xornal cos Grandes Mestres soviéticos Vasyukov e Kochiev. Á idade de 12 gañou o Campionato do Club de Hastings, mais non só, fora primus inter paris co seu amigo Patrick Donovan, de 16 anos[2][3].

De nova promesa a Grande Mestre

[editar | editar a fonte]

Ós 14 anos obtivo o título de Mestre FIDE e gañou o Campionato do Mundo sub 16 na Arxentina[4]. Catro anos despois fíxose Mestre Internacional ó cumprir todas as normas. En xuño do 1991 logrou a última norma de Grande Mestre nun torneo en París.

Eliminatoria para o Mundial da FIDE 2001/2002 no Kremlin en Moscova

[editar | editar a fonte]

Conquest xogou as eliminatorias de clasificación, sendo eliminado na primeira quenda nas partidas adicionais contra o Grande Mestre húngaro Zoltan Gyimesi por 4 a 3 nunha serie de 7 xogos. Foran dúas partidas regulares e logo unha rolda doutras dous adicionais, ó empataren tamén nesas, tiveron que xogar unha segunda rolda adicional, ó igualaren tamén naquelas engadiron outra, mais con xogo decisivo. O inglés estivera moi preto de eliminar ó húngaro, pois adiantárase no marcador na terceira partida. Logo non tivo nunca mais a posibilidade de xogar por un Campionato do Mundo[5].

Eliminatoria para o Mundial 2001/2002 no Kremlin en Moscova
Partidas por orde 1[6] 2[7] 3 4 5 6 7 Total
Stuart Conquest Inglaterra Inglaterra ½ ½ 1 0 ½ ½ 0 3
Zoltan Gyimesi Hungría Hungría ½ ½ 0 1 ½ ½ 1 4

Torneos e títulos

[editar | editar a fonte]

En 1985 gañou un torneo en Guernesei, compartindo o posto con Julian Hodgson. No 1986 triunfou nun torneo en Múnic. En 1987 foi primeiro nun torneo en Ostende, Bélxica, compartindo o posto con Keith Arkell. No 1992 venceu nun torneo en Kuala Lumpur, compartindo o posto con Anthony Miles, Colin McNab, Mihai Suba e William Watson. En Neuwied, Alemaña, triunfou nun torneo no 1993, compartindo o posto con Aleksandre Budnikov. No torneo de Olot fora primeiro no 1994. Gañou o torneo de Hastings, edición 1995/1996, compartindo o posto co que máis tarde fora Campión do Mundo Alexander Khalifman e tamén co croata Bogdan Lalic. Volveu gañar o mesmo evento no 2000/2001, daquela primeiro xunto ó indio Krishnan Sasikiran. En 1997 foi primeiro nun torneo en Tanta, Exipto, compartindo o posto con Mikhail Gurevich. Venceu nun torneo na capital de Trinidad e Tobago no 1999, compartindo o posto con Henry Urday Cáceres, Gerald Hertneck e Christoph Ward. No mesmo ano triunfara nun torneo na cidade Bávara de Fürth, no 1999 tamén vencera noutro torneo en Hamilton, Nova Zelandia. No 2001 gañou un torneo de categoría 14 en Clichy, Francia, coa prestación persoal máis relucente da súa carreira xadrecística. O seu rendemento nese suceso calculouse en 2712 puntos.

Torneo de Grandes Mestres en Clichy dende o 25 de xuño ata o 3 de xullo do 2001 categoría XIV (2585)
rango xadrecista nacionalidade ELO 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 rendemento Total
1.- Conquest, Stuart Inglaterra 2563 XXXXX ½[8] 0[9] ½[10] 1[11] 1[12] ½[13] ½[14] 1[15] 1[16] 2712 6
2-3 Hebden, Mark Inglaterra 2560 ½ XXXXX ½ ½ 1 0 ½ ½ 1 1 2668
2-3 Lautier, Joel Francia 2658 1 ½ XXXXX 1 ½ ½ ½ ½ ½ ½ 2657
4.- Gurevich, Mikhail Bélxica 2688 ½ ½ 0 XXXXX ½ ½ 1 ½ 1 ½ 2616 5
5-6 Bauer, Christian Francia 2612 0 0 ½ ½ XXXXX ½ ½ 1 ½ 1 2582
5-6 Tregubov, Pavel 2628 0 1 ½ ½ ½ XXXXX ½ ½ ½ ½ 2580
7-9 Apicella, Manuel Francia 2508 ½ ½ ½ 0 ½ ½ XXXXX 0 ½ 1 2550 4
7-9 Nataf, Igor-Alexandre Francia 2552 ½ ½ ½ ½ 0 ½ 1 XXXXX 0 ½ 2545 4
7-9 Degraeve, Jean-Marc Francia 2589 0 0 ½ 0 ½ ½ ½ 1 XXXXX 1 2541 4
10.- Renet, Olivier Francia 2494 0 0 ½ ½ 0 ½ 0 ½ 0 XXXXX 2375 2

Saíu triufante nun torneo en Erandio no 2003, compartindo o posto con Oleg Korneev e Horacio Saldano. Gañou o torneo aberto da cidade de Logroño no 2004. No 2006 foi segundo cos mesmos puntos que o primeiro Bogdan Lalic. Tamén no 2004 triunfou nun torneo paralelo ás Olimpíadas en Calvia, compartindo o posto con Rodrigo Vásquez. Foi primeiro no Campionato de Donostia no 2006, a puntos iguais con Das Neelotpal, Eric Prie e Kevin Spraggett. No 2007 gañou un torneo en Auckland, Nova Zelandia.

Campionato Británico de Xadrez en Liverpool no 2008

[editar | editar a fonte]

No 2008 conseguiu a vitoria máis orgullosa da súa vida cando dobregou nas partidas de desempate a Keith Arkell no Campionato Británico, pois os dous fixeran 8 puntos. Deste xeito conquistou Conquest o título de Campión Británico coa segunda partida de desempate:

Conquest,S (2536) - Arkell,K (2506) ECO B17

Edición 95 do Campionato Británico, segunda partida de desempate en Liverpool o 09.08.2008.

1.e4 - c6 2.d4 - d5 3.Cd2 - dxe4 4.Cxe4 - Cd7 5.Cf3 - Cgf6 6.Cg3 - c5 7.Be2 - cxd4 8.Dxd4 - e6 9.0–0 - Bc5 10.Dh4 - 0–0 11.Bd3 - Be7 12.Bg5 - g6 13.Tad1 - Te8 14.Bb5 - a6 15.Bxd7 - Cxd7 16.Ce4 - f6 17.Txd7 - Bxd7 18.Cxf6+ - Bxf6 19.Bxf6 - Dc7 20.Be5 - Dd8 21.Bf6 - Dc7 22.Ce5 - Bc6 23.Cxg6 - Bd5 24.Dg5 - Rf7 25.Be5 - Dd8 26.Dh6 - Te7 27.Dxh7+ - Re8 28.Cxe7 - Dxe7 29.Dh8+ - Df8 30.Dxf8+ - Rxf8 31.b3 - b5 32.Te1 - Tc8 33.Te2 - Rf7 34.f3 - a5 35.Rf2 - a4 36.h4 - Rg6 37.g4 - Tf8 38.Te3 - Tc8 39.Te2 - Tf8 40.f4 - Rh6 41.Rg3 - axb3 42.axb3 - Ta8 43.h5 - Ta2 44.Th2 - Be4 45.g5+ - Rh7 46.Td2 - Ta7 1–0

Último torneo exitoso

[editar | editar a fonte]

No 2009 finou diante de todos un torneo ó norte da illa de Sardeña, en Palau, no torneo aberto de Capo d'Orso[17]. Segundo foi Sergei Tiviakov, con 2697 puntos ELO.

A táboa cos primeiros 10 de 178 participantes ficou deste xeito:

Torneo aberto de Capo d'Orso en Palau, Sardeña, no 2009
rango xadrecista puntuación ELO puntos totais
1 Conquest Stuart C 2549 7
2 Tiviakov Sergei 2697
3 Marin Mihail 2564
4 Lemos Damian 2512
5 Korneev Oleg 2587
6 Yusupov Artur 2576
7 Pelletier Yannick 2559
8 Skembris Spyridon 2434
9 Naukim Igor 2488
10 Cmilyte Viktoria 2498

Rexistros internacionais por equipos

[editar | editar a fonte]

Stuart Conquest nunca obtivo unha medalla coa selección inglesa de xadrez nas Olimpíadas. Foi xogador reserva en todas as que participou, sempre como primeiro reserva, a excepción das Olimpíadas de 1996, onde foi segundo reserva[18]. Tampouco pudo xogar ata agora un Campionato do Mundo de seleccións. Como nas Olimpíadas, no Campionato de Europa tamén tivo catro aparicións.

Olimpíadas
Olimpíada ano taboleiro partidas gañadas empatadas perdidas puntos totais posto colectivo posto individual
Iereván 1996 2° reserva 2 0 1 1 ½ -
Bled 2002 1° reserva 6 2 2 2 3 -
Turín 2006 1° reserva 8 3 3 2 19° 44°
Dresde 2008 1° reserva 3 1 0 2 1 15° -
Partidas por orde cronolóxica de Stuart Conquest en todas as Olimpíadas
Iereván 1996 Bled 2002 Turín 2006 Dresde 2008 puntos totais
½[19] 0[20] 1[21] 0[22] 1[23] ½[24] 0[25] ½[26] ½[27] 0[28] 1[29] 1[30] 0[31] ½[32] 1[33] ½[34] 0[35] 1[36] 0[37] 9
Campionato de Europa de seleccións
Cidade ano taboleiro partidas gañadas empatadas perdidas puntos totais posto colectivo posto individual
Batumi 1999 7 3 1 3 10° 19°
León 2001 5 2 1 2 19°
Heraklion 2007 1° reserva 6 1 5 0 16° 11°
Novi Sad 2009 9 3 5 1 12° 11°
Partidas por orde cronolóxica de Stuart Conquest en todos os Campionatos de Europa de seleccións
Batumi 1999 León 2001 Heraklion 2007 Novi Sad 2009 puntos totais
1[38] 0[39] 1[40] ½[41] 1[42] 0[43] 0[44] 0[45] 1[46] 1[47] 0[48] ½[49] ½[50] 1[51] ½[52] ½[53] ½[54] ½[55] 1[56] 1[57] 1[58] ½[59] ½[60] ½[61] ½[62] 0[63] ½[64] 15
  1. Cuarto Campionato da Unión Europea en Liverpool no 2008, partida Conquest-Edouard
  2. Entrevista con Stuart Conquest na berkeleychessschool.org[Ligazón morta]
  3. Artigo sobre Stuart Conquest na kingpinchess.net
  4. "Táboa do Campionato do Mundo sub 16 en Embalse no 1981". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2010. 
  5. Eliminatorias do Camionato do Mundo da FIDE 2001/2002
  6. Eliminatoria pra o Mundial 2001/2002 no Kremlin en Moscova, Conquest-Gyimesi, primeira partida
  7. Eliminatoria pra o Mundial 2001/2002 no Kremlin en Moscova, Gyimesi-Conquest, segunda partida
  8. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Hebden-Conquest
  9. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Lautier-Conquest
  10. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Gurevich-Conquest
  11. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Bauer
  12. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Tregubov-Conquest
  13. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Apicella
  14. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Nataf
  15. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Conquest-Degraeve
  16. Torneo de Grandes Mestres en Clichy no 2001, partida Renet-Conquest
  17. Artigo na chessbase.com sobre o torneo en Sardeña, o aberto de Capo d'Orso
  18. Estatísticas de Stuart Conquest en todas as Olimpíadas nas que participou
  19. Olimpíada de xadrez en Iereván no 1996, partida Conquest-Barus
  20. Olimpíada de xadrez en Iereván no 1996, partida Minasian-Conquest
  21. Olimpíada de xadrez en Bled no 2002, partida Michel Yunis-Conquest
  22. Olimpíada de xadrez en Bled no 2002, partida Van den Doel-Conquest
  23. Olimpíada de xadrez en Bled no 2002, partida Conquest-Kupreichik
  24. Olimpíada de xadrez en Bled no 2002, partida Ramesh-Conquest
  25. Olimpíada de xadrez en Bled no 2002, partida Acs-Conquest
  26. Olimpíada de xadrez en Bled no 2002, partida Conquest-Bischoff
  27. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Conquest-Abdul
  28. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Hamdani-Conquest
  29. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Conquest-Issabayev
  30. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Cruz-Conquest
  31. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Zagorskis-Conquest
  32. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Conquest-Espinosa Flores
  33. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Conquest-Berry
  34. Olimpíada de xadrez en Turín no 2006, partida Conquest-Sharbaf
  35. Olimpíada de xadrez en Dresde no 2008, partida Conquest-Jakovenko
  36. Olimpíada de xadrez en Dresde no 2008, partida Zerafa-Conquest
  37. Olimpíada de xadrez en Dresde no 2008, partida Haznedaroglu-Conquest
  38. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Conquest-Stanojoski
  39. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Conquest-Grischuk
  40. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Pavasovic-Conquest
  41. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Conquest-Pinter
  42. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Socko-Conquest
  43. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Conquest-Avrukh
  44. Campionato de Europa de seleccións en Batumi no 1999, partida Van der Wiel-Conquest
  45. Campionato de Europa de seleccións en León no 2001, partida Conquest-Krakops
  46. Campionato de Europa de seleccións en León no 2001, partida Conquest-Ekstroem
  47. Campionato de Europa de seleccións en León no 2001, partida Conquest-San Segundo Carrillo
  48. Campionato de Europa de seleccións en León no 2001, partida Nijboer-Conquest
  49. Campionato de Europa de seleccións en León no 2001, partida Conquest-Nikolaidis
  50. Campionato de Europa de seleccións en Heraklion no 2007, partida Conquest-Morrison
  51. Campionato de Europa de seleccións en Heraklion no 2007, partida Conquest-Westerinen
  52. Campionato de Europa de seleccións en Heraklion no 2007, partida Narciso Dublan-Conquest
  53. Campionato de Europa de seleccións en Heraklion no 2007, partida Baramidze-Conquest
  54. Campionato de Europa de seleccións en Heraklion no 2007, partida Conquest-Gagunashvili
  55. Campionato de Europa de seleccións en Heraklion no 2007, partida Areshchenko-Conquest
  56. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Van Hoolandt-Conquest
  57. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Conquest-Guseinov
  58. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Delchev-Conquest
  59. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Conquest-Cornette
  60. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Nevednichy-Conquest
  61. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Stanec-Conquest
  62. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Conquest-Jenni
  63. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Elsness-Conquest
  64. Campionato de Europa de seleccións en Novi Sad no 2009, partida Conquest-Nedev

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]