Sultans
Sultans | |
---|---|
Orixe | San Diego, California, |
Período | 2000 - 2007 |
Xénero(s) | rock and roll |
Selo(s) discográfico(s) | Swami Records |
Artistas relacionados | Pitchfork, Drive Like Jehu, Rocket from the Crypt, Back Off Cupids, Hot Snakes, The Night Marchers |
Na rede | |
Slasher Black Flame Tony Di Prima Black Velvet Mario Rubalcaba | |
Sultans foi unha banda estadounidense de rock and roll liderada por John Reis. O grupo formouse no ano 2000 en San Diego, California e separouse en xaneiro de 2007. Ao longo da súa carreira a banda publicou dous álbums de estudio a través do propio selo de Reis, Swami Records. Sultans sentíase orgullosa do seu enfoque "despoxado" de rock and roll, usando estruturas sinxelas de guitarra, baixo e batería e gravando de xeito rápido usando equipamento preusado e instrumentos prestado co fin de manter unha sensación solta e espontánea.
Historia
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Sultans naceu esencialmente como un proxecto paralelo en 2000 mentres Reis se tomaba un tempo de descanso da súa banda principal Rocket from the Crypt,[1] que se atopaba buscando discográfica e perdera ao seu batería Atom Willard. Mentres buscaban un novo selo e un batería, Reis creou a súa propia discográfica, Swami Records, e experimentaou con outros músicos, resultando na formación tanto de Sultans como de Hot Snakes. Sultans xurdiu da súa colaboración co batería Tony Di Prima. Ao proxecto uniuse o guitarrista de Rocket from the Crypt Andy Stamets, e Reis engargouse do baixo, gravando así un EP introductorio e o álbum Ghost Ship, ámbolos dous lanzados no ano 200 a través do selo Swami.[1] Como Reis tiña a tradición de usar distintos nomes artísticos ou seudónimos nos seus distintos proxectos, elixiu actuar como en Sultans como "Slasher", mentres que Stamets actuoaba como "Black Flame."
A xira de promoción de Ghost Ship foi limitada debido aos compromisos dos membros coas súas outras bandas. O grupo puido realizar varios concertos na área de San Diego. Reis tamén xirou esporadicamente con Hot Snakes nesa época antes de que el e Stamets regresaran a tempo completo con Rocket from the Crypt.
Cambio de membros
[editar | editar a fonte]En novembro de 2003 Reis e Di Prima reuníronse para traballar noutro álbum de Sultans, pero Stamets elixiu non xuntarse novamente ao grupo. Reis colleu o posto de guitarrista e o seu irmán máis novo, Dean Reis, encargouse do baixo, escollendo de nome artístico "Black Velvet". Esta formación gravou Shipwrecked, publicado a principios de 2004 por Swami Records.[1] Ese abril a banda embarcouse na xira Swami Southwest Seance polo sur de California, que contaba con outros artistas de Swami. Despois da xira John Reis regresou para traballar con Hot Snakes. No seguinte ano Sultans tocou esporadicamente pola zona de San Diego cando o calendario de Reis llo permitía.
Disolución
[editar | editar a fonte]De mediados a finais de 2005 tanto Hot Snakes como Rocket from the Crypt realizaron os seus derradeiros concertos. As separacións deses grupos deixaron a Sultans como única banda activa de Reis,[1] e dedicouse tamén a dirixir Swami Records, que publicou varios álbums de banda de rock da área de San Diego. En xaneiro de 2006 Sultans xirou por catro cidade como parte da xira The Swami California Field Trip co batería de Rocket from the Crypt/Hot Snakes Mario Rubalcaba substituíndo a Di Prima, que deixara o grupo.[1] A banda actuou con pouca frecuencia o resto dese ano.
O 10 de xaneiro de 2007 Sultans realizou o seu derradeiro concerto no club de rock de San Diego The Casbah. O evento foi organizado a beneficio da produtora de vídeo da cidade Fourth Project, que traballara en edición en DVD para varias das bandas de Reis, que perdera parte das súas instalacións nun incendio. Reis anunciara antes do concerto que este sería o final de Sultans como banda en activo, aínda que non descartou a posibilidade de volver a tocar xuntos.
Tras a separación da banda Reis tomouse un descanso coas actuacións, centrándose na dirección de Swami Records, construíndo un estudio de gravación, e coidando ao seu novo fillo. Reis indicou que regresaría á música nun futuro próximo. O seu irmán toca con The Heartaches, mentres que rubalcaba faino en Earthless e é copropietario da tenda de discos Thirsty Moon Records na zona de Hillcrest. Dean Reis e Mario Rubalcaba tamén tocan na banda Spider Fever xunto con Cody Young de The Widows e Billy Baggins de The Heartaches.
O 31 de outubro de 2010 Sultans realizou un concerto no Bar Pink, un bar de San Diego do que John Reis é copropietario. A formación estana composta por John e Dean Reis, Andy Stamets e Tony DiPrima.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Ghost Ship | 2000 | Swami Records |
Shipwrecked | 2004 | Swami Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Sultans | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-13.
- ↑ Punknews.org. "Sultans (ex-Rocket from the Crypt, Heartaches) to reunite on Halloween". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2020-07-13.