Tōru Takemitsu
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Nome orixinal | (ja) 武満徹 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de outubro de 1930 Cidade de Toquio (Imperio do Xapón) |
Morte | 20 de febreiro de 1996 (65 anos) Minato, Xapón |
Causa da morte | cancro de vexiga |
Educación | Universidade de Artes de Tóquio (pt) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, escritor, guitarrista clásico, compositor de bandas sonoras, pedagogo, autodidata (pt) |
Empregador | Universidade Yale |
Membro de | |
Xénero artístico | Música impresionista |
Profesores | Yasuji Kiyose (en) |
Alumnos | Alexandros Kalogeras (en) |
Instrumento | Piano |
Selo discográfico | Deutsche Grammophon |
Premios | |
|
Tōru Takemitsu (武満 徹, Takemitsu Tōru), nado en Toquio o 8 de outubro de 1930 e finado o 20 de febreiro de 1996, foi un compositor musical xaponés. Explorou os principios da composición musical propios da música clásica occidental e a tradición musical xaponesa (tanto por separado como en combinación).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Takemitsu interesouse nun principio pola música clásica occidental nos tempos da segunda guerra mundial. Escoitaba música occidental nunha emisora de radio militar americana mentres se estaba a recuperar dunha longa enfermidade. Tamén escoitaba jazz da ampla colección fonográfica do seu pai.
Takemitsu foi basicamente autodidacta en música, e estivo moi influenciado pola música clásica francesa (en particular pola de Claude Debussy e Olivier Messiaen). En 1951 fundou Jikken Kobo, un grupo que introduciu a obra de moitos compositores europeos contemporáneos ao público xaponés.
Ao principio, o interese de Takemitsu pola música tradicional xaponesa foi pouco, pero máis tarde incorporou instrumentos xaponeses, como o shakuhachi (unha especie de frauta de bambú) á orquestra. A súa obra November Steps (1967), para shakuhachi, biwa (laúde xaponés) e orquestra foi a primeira peza filharmónica na que se mesturaron instrumentos occidentais e orientais. Outra obra, In an Autumn Garden (1973-79) foi escrita para unha orquestra que de gagaku (música tradicional da corte imperial xaponesa). Obras como Eclipse (1966) para shakuhachi e biwa, Voyage (1973), para tres biwas, poden mencionarse como pezas que se derivan derivan claramente dos xéneros tradicionais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peter Burt, The Music of Toru Takemitsu (Cambridge University Press, 2001)
- Noriko Ohtake, Creative sources for the Music of Toru Takemitsu (Ashgate, 1993)
- Toru Takemitsu, Confronting Silence (Fallen Leaf Press, 1995)
- Ziad Kreidy, TAKEMITSU à l’écoute de l’inaudible (L'Harmattan, 2009)