Tareixa de Lisieux
Nome orixinal | (fr) Thérèse de Lisieux |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Marie-Françoise-Thérèse Martin 2 de xaneiro de 1873 Alençon, Francia |
Morte | 30 de setembro de 1897 (24 anos) Lisieux, Francia |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Lisieux |
Residencia | Les Buissonnets (en) carmel de Lisieux (en) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, escritora, dramaturga, mestre dos noviços (pt) |
Orde relixiosa | Order of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1 de outubro 3 de outubro |
Símbolo iconográfico | Rose (en) e cruz cristiá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Louis Martin e Zélia Guérin |
Irmáns | Marie-Pauline Martin Céline Martin Léonie Martin Marie-Odile Martin |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Tareixa de Lisieux (en francés: Thérèse de Lisieux), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon[1] o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña".
Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual. Xunto con Francisco de Asís, é unha das santas máis populares da historia da igrexa.[2][3] O papa Pío X chamouna "a máis grande santa dos tempos modernos".[4][5]
Tareixa sentiu unha chamada temperá á vida relixiosa e tras superar varios obstáculos en 1888, con 15 anos,[6] uniuse a dúas das súas irmás, Marie e Pauline, na comunidade carmelita enclaustrada de Lisieux (Normandía). Outra irmá, Céline, entrou máis adiante na orde. Pasou 9 anos como relixiosa carmelita, en que desempeñou varios traballos, como o de sancristá e axudante á profesora das novizas. Tras pasar os seus últimos 18 meses no Carmelo nunha "noite de fe" (un tempo en que seica sentiu a Xesús ausente e que mesmo tivo dúbidas sobre a existencia de Deus), Tareixa morreu por tuberculose aos 24 anos.
A súa festividade no calendario romano xeral foi o 3 de outubro dende 1927, ata que en 1969 se trasladou ao 1 de outubro.[7] Tareixa é moi coñecida en todo o mundo, e a basílica de Lisieux é o segundo lugar de peregrinación máis popular de Francia despois de Lourdes.
Familia
[editar | editar a fonte]Foi a filla máis nova de Louis Martin e Marie-Azélie "Zélie" Guérin, ambos canonizados o 18 de outubro de 2015. O matrimonio tivo 7 fillas (das que sobreviviron 5) e 2 fillos (mortos a moi curta idade):
- Marie, Sor María do Sagrado Corazón (22 de febreiro de 1860 - 19 de xaneiro de 1940): carmelita en Lisieux (1886)[8]
- Pauline, Sor Inés de Xesús (7 de setembro de 1861 - 28 de xullo de 1951): carmelita en Lisieux (1882).
- Léonie, Sor Francisca Tareixa (3 de xuño de 1863 - 16 de xuño de 1941): clarisa (1886), posteriormente salesa en Caen (1894).
- Marie-Hélène (13 de outubro de 1864 - 22 de febreiro de 1870)
- Marie-Joseph-Louis (20 de setembro de 1866 - 14 de febreiro de 1867)
- Marie-Joseph-Jean-Baptiste (19 de decembro de 1867 - 24 de agosto de 1868)[9]
- Céline, Sor Xenoveva da Santa Face (28 de abril de 1869 - 25 de febreiro de 1959): carmelita en Lisieux (1894).
- Marie-Mélanie-Thérèse (16 de agosto de 1870 - morta ás sete semanas)[10]
- Thérèse, Sor Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face (2 de xaneiro de 1873 - 30 de setembro de 1897): carmelita en Lisieux (1888).
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]O impacto de Historia dunha alma, colección dos seus manuscritos autobiográficos, impresa e distribuída un ano despois do seu pasamento foi significativo. O papa Pío XI converteuna na "estrela do seu pontificado".[11] Pío X asinou o decreto para abrir o proceso da súa canonización o 10 de xuño de 1914. Bieito XV, para acelerar o proceso, dispensouna do atraso habitual de cincuenta anos que se requirían entre a súa morte e a súa beatificación. O 14 de agosto de 1921 promulgou o decreto das virtudes heroicas de Tareixa, declarándoa "venerábel". Foi beatificada o 29 de abril de 1923.[12]
O 17 de maio de 1925, Pío XI canonizouna, só vinte e oito anos despois da morte dela.[13] Tareixa foi declarada santa cinco anos e un día despois que Xoana de Arco. Porén, a celebración por Tareixa eclipsou con moito a da lendaria heroína. Segundo The New York Times, máis de 60 000 persoas, a maior multitude estimada dentro da basílica de San Pedro dende a coroación de Pío X vinte e dous anos antes, acudiron á cerimonia.[14] Pola tarde, 500 000 encheron a praza iluminada.[15]
Tareixa de Lisieux é padroa dos aviadores, os floristas e as doenzas. En 1927, Pío XI nomeouna copadroa das misións con Francisco Xabier. En 1944, Pío XII converteuna en copadroa de Francia con Xoana de Arco.[16] Mediante a carta apostólica Divini Amoris Scientia do 19 de outubro de 1997, Xoán Paulo II declarouna a trixésimo terceira Doutora da Igrexa,[17] a persoa máis nova e só a cuarta muller.[18]
A devoción a Tareixa estendeuse por todo o mundo.[19] Segundo algúns biógrafos de Édith Piaf, en 1922 a cantante, daquela unha nena de sete anos, foi curada dunha cegueira tras peregrinar á tumba de Tareixa, aínda non canonizada.[20]
A Basílica de Santa Tareixa en Lisieux, foi consagrada o 11 de xullo de 1954 e converteuse nun centro de peregrinos de todo o mundo. Foi dedicada orixinalmente en 1937 polo cardeal Eugenio Pacelli, futuro Pío XII. A basílica ten asentos para 3000 persoas.[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simar, Jean-Marie; Boubli, Nathalie (2013-12-07). "St. Therese's birthplace". Sanctuaire d’Alençon (Shirne of Alençon). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 2018-04-19.
- ↑ McBrien, Richard P. (2001). The Pocket Guide to the Saints (1st paperback ed.). Nova York: HarperCollins. p. 672. ISBN 0-06065340-X. Consultado o 29 de maio de 2013.
- ↑ Flinn, Frank K. (2006). Encyclopedia of Catholicism. New York City: Infobase Publishing. p. 598. ISBN 0-8160-7565-4. Consultado o 29 de maio de 2013.
- ↑ Descouvemont, Pierre; Loose, Helmuth Nils (1996). Thérèse and Lisieux. Toronto: Novalis. p. 5. ISBN 2-890-88862-2.
- ↑ Xoán Paulo II (19 de outubro de 1997). "Angelus-Proclamation of St Thérèse of the Child Jesus and the Holy Face as a "Doctor of the Church"". vatican.va: Libreria Editrice Vaticana. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ The Life of Saint Thérèse of Lisieux
- ↑ Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 1969), pp. 104, 141.
- ↑ Cronoloxía da vida de Sœur Marie du Sacré-Cœur Arquivado 18 de decembro de 2017 en Wayback Machine. no sitio do Santuario de Lisieux.
- ↑ A vida interior da parella Arquivado 17 de agosto de 2022 en Wayback Machine. nos arquivos do Carmelo de Lisieux.
- ↑ Ste Thérèse en quelques dates Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web orne.catholique.fr.
- ↑ Görres (1959), p. 4.
- ↑ Lagoutte, Bernard (2012). "About the Relics of saint Thérèse", Santuaire de Lisieux". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2020.
- ↑ "Canonization of St. Thérèse Homily of Pope Pius XI at the Canonization of St. Thérèse on 17 May 1925.". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2020.
- ↑ O'Connor (1983), p. 153.
- ↑ Descouvemont & Loose (1996), p. 335.
- ↑ "Saint Therese of Lisieux". Patron Saints Index. 2008-12-07. Consultado o 6 de xuño de 2014.
- ↑ Pope John Paul II (19 de outubro de 1997), Divini amoris scientia
- ↑ As outras tres son Tareixa de Ávila, Hildegard von Bingen e Catarina de Siena.
- ↑ Nevin (2006), p. 26.
- ↑ Burke, Carolyn (22 de marzo de 2011). No Regrets: The Life of Edith Piaf. Knopf. p. 10. ISBN 978-0-307-26801-3.
- ↑ Laurence Fafchamps. "The Basilica". Sanctuaire de Lisieux. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Saint Thérèse of Lisieux. The Story of a Soul. Traducido por Taylor, Thomas N. (Thomas Nimmo) 1873–1963. 2006. ISBN 9781610252546.
- Saint Thérèse of Lisieux (1996). Story of a Soul: the Autobiography of St. Therese of Lisieux. Traducido por John Clarke, O.C.D. (3rd ed.). Washington, DC: Institute of Carmelite Studies Publications. ISBN 9780935216585.
- Descouvemont, Pierre (1996). Therese and Lisieux. Helmuth Nils Loose (photography). Wm. B. Eerdmans Publishing.
- Gaucher, Guy (1993). Story of a Life: St. Thérèse of Lisieux. Harper Collins. ISBN 9780060630966.
- Görres, Ida Friederike (1959). The Hidden Face. A Study of St. Thérèse of Lisieux (8th ed.). New York City: Pantheon. p. 4. ISBN 0-89870927-X.
- Johnson, Vernon (2001) [1954]. Spiritual Childhood: The Spirituality of St. Thérèse of Lisieux (3rd ed.). Ignatius Press. ISBN 9780898708264.
- LaForest, Ann (2000). Thérèse of Lisieux: the way to love. Rowman & Littlefield. ISBN 9781580510820.
- Monahan, Joan (2003). St. Therese of Lisieux: Missionary of Love. ISBN 9780809167104.
- Nevin, Thomas R. (2006). Thérèse of Lisieux: God's gentle warrior. Oxford University Press. ISBN 9780198041962.
- O'Connor, Patricia (1983). Thérèse of Lisieux: a biography. Our Sunday Visitor Press.