Tari
O tari (do árabe طري ṭarī "fresco", "acabado de cuñar") foi a denominación nos reinos cristiáns dun tipo de moeda de ouro de orixe árabe cuñada en Sicilia, Malta e o sur de Italia entre ca. 913 e o século XIII.[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Tari de ouro
[editar | editar a fonte]A palabra árabe para esta tipoloxía de moeda era ruba'i. Tratábase da cuarta parte dun dinar, xa que pesaba 1,05 g de ouro.[2] O ruba'i xa fora cuñado polos árabes en Sicilia, de xeito diferente aos árabes do norte de África, que preferían a cuñaxe dos dinares completos.[4] Foi precisamente o seu pequeno tamaño con respecto ao dinar de 4,25 gramos o que a converteu nunha moeda moi popular.[5]
O uso dos taris estaba tan estendido que chegaron a facerse imitacións no sur de Italia (en Amalfi[6] e en Salerno) a partir de mediados do século X, nas que se representaban a modo de lendas unhas imitacións ilexibles pseudo-cúficas do árabe.[2][4][5]
Cando os Normandos invadiron Sicilia, no século XI, cuñaron tamén taris de ouro, esta vez con lendas en árabe e en latín. Roxerio II de Sicilia foi un dos seus emisores, co que se converteu no único gobernante occidental dese momento en cuñar moeda de ouro. A súa pureza era de 161⁄3 , e contiña en aliaxe prata e cobre.[4]
A dinastía Hohenstaufen e a Casa de Anjou-Sicilia cuñaron tamén os seus propios taris.[7]
Xeralmente, o ouro para a cuñaxe dos taris era de procedencia africana, obtido principalmente de Misurata e de Tunisia e adoito intercambiado por cereais.[7]
Tari de prata
[editar | editar a fonte]Co mesmo nome de tari coñeceuse tamén unha moeda de prata napolitana na época do dominio aragonés, arredor do ano 1500. Foi introducida por Fernando II e cuñada ao seu nome, co valor de 1/12 piastra.[3]
A Orde de San Xoán, en Malta, cuñou tamén taris de prata desde 1530 ata finais do século XVIII, e nalgúns casos chegaron a emitirse en cobre.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tarí". En Corriente, F. (2008). Dictionary of Arabic and Allied Loanwords. Spanish, Portuguese, Catalan, Gallician and Kindred Dialects. Brill. Leiden/Boston. Páxinas 451-452. ISBN 978-90-04-16858-9
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Cardini, F. (2001). Páxina 26.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Tarín". En Alfaro Asins, C. (2009).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Matthew, D. (1992). Páxina 240.
- ↑ 5,0 5,1 Grierson, P. (1998). Páxina 3.
- ↑ Sambon, A. (1891).
- ↑ 7,0 7,1 Blanchard, I. (2001). Páxina 196.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tari |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Blanchard, I. (2001). Mining, Metallurgy and Minting in the Middle Ages. Franz Steiner Verlag. ISBN 978-3-515-07958-7
- Cardini, F. (2001). Europe and Islam. Blackwell Publishing. ISBN 978-0-631-22637-6
- Grierson, P. (1991). "Tarion". En Oxford Dictionary of Byzantium 3. Nova York/Oxford. Páxina 2.012.
- Grierson, P. (1998). Medieval European Coinage. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-58231-5
- Matthew, D. (1992). The Norman kingdom of Sicily. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-26911-7
- Sambon, A. (1891). "Il tarì amalfitano". En Rivista italiana di numismatica, IV. Società numismatica italiana. Milán. Páxinas 117-128.