Taylor Hawkins and The Coattail Riders
Taylor Hawkins & The Coattail Riders | |
---|---|
Orixe | California, Estados Unidos, Estados Unidos |
Período | 2004 - presente |
Xénero(s) | Rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Thrive |
Membros | Taylor Hawkins Chris Chaney Gannin |
Na rede | |
http://www.taylorhawkins.com/ | |
Taylor Hawkins & The Coattail Riders é unha banda fundada por Taylor Hawkins, actual batería de Foo Fighters. Hawkins é o batería e o cantante do trío. Os outros membros son Chris Chaney ao baixo, e Gannin á guitarra. Chaney e Hawkins xa traballaran antes xuntos, no tour Sexual Chocolate de Alanis Morrisette.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto comezou cando Taylor Hawkins comezou a gravar algunhas cancións no estudo de Drew Hester, antigo membro de Foo Fighters, e gran amigo de Hawkins. De aí saíu a intención de formar unha banda con Hawkins á voz.
Álbum de estrea
[editar | editar a fonte]O 21 de marzo do 2006, a banda publicou o seu primeiro disco, chamado Taylor Hawkins and The Coattail Riders. Contén 11 cancións, gravadas no ano 2004, antes de que os Foo Fighters gravaran ''In your Honor. O seu primeiro videoclip oficial foi o da canción "Louise", a primeira do disco.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Taylor Hawkins and The Coattail Riders | 2006 | Thrive |
Red Light Fever | 2010 | Shanabelle/RCA |
Get the Money | 2019 |