Teresa Mañé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Teresa Mañé Miravet 29 de novembro de 1865 Cubelles, España |
Morte | 5 de febreiro de 1939 (73 anos) Perpiñán, Francia |
Ideoloxía política | Anarquismo feminista e comunismo libertario |
Actividade | |
Ocupación | pedagoga, xornalista, escritora, editora, editora literaria |
Movemento | Escola Nova e Anarquismo en España |
Pseudónimo literario | Soledad Gustavo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Joan Montseny |
Fillos | Federica Montseny |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Gustavo (Soledad), p.504) |
Teresa Mañé i Miravet, máis coñecida polo pseudónimo de Soledad Gustavo, nada en 1865 en Cubelles e finada o 5 de febreiro de 1939 en Perpiñán (Francia), foi unha mestra e escritora anarquista catalá. Estaba casada con Joan Montseny (máis coñecido como Federico Urales), co que tivo a Federica Montseny.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia economicamente acomodada, partidaria do federalismo de Francesc Pi i Margall. Cursou estudos de Maxisterio en Barcelona entre 1883 e 1886. Vinculada na súa mocidade ó Centro Democrático Federalista, en 1887 funda coa axuda deste unha escola laica en Vilanova i la Geltrú coa axuda do librepensador Bartomeu Gabarró, e anos máis tarde outra escola en Reus. Membro da Confederación de Maestros Laicos de Cataluña, impulsou a actividade educativa anos antes de iniciar as súas actividades seguindo as directrices de Francesc Ferrer i Guàrdia coa súa Escola Moderna.
Teresa Mañé colabora nesa época no periódico local El Vendaval, de tendencia republicana federal, comezando a colaborar tamén co periódico El Productor, onde inicia a súa toma de contacto co anarquismo. Alí coñece a Joan Montseny e outras escritores importantes do anarquismo como Anselmo Lorenzo, Fernando Tarrida del Mármol, Teresa Claramunt ou Josep Llunas i Pujals, editor este do periódico La Tramontana.
A súa ideoloxía vai evolucionando cara a un anarquismo moi intelectualizado, co que entrará en conflito con outros sectores do movemento.
En 1889 participa no II Certame Socialista celebrado en Barcelona, co texto "El amor libre". En 1891 casa polo civil con Joan Montseny, continuando coa súa labor literaria e pedagóxica.
Tralo atentado na procesión do Corpus Christi de Barcelona en 1896 e a represión que seguiu ó Proceso de Montjuïc polos feitos, Joan Montseny e Teresa Mañé son desterrados. A parella acaba en 1897 en Londres, aínda que regresarán tan só un ano despois, establecéndose en Madrid. Alí fundan La Revista Blanca, na que colaboran con artigos de opinión.
Tamén en Madrid participa en 1901, con José Martínez Ruiz Azorín, Mendinabeitia e o seu marido nun ciclo de conferencias no Ateneo de Madrid sobre La Sociedad Futura, en representación das ideas anarquistas. Tamén fan campaña de defensa de Ferrer i Guàrdia en 1906 e 1909.
En 1905 nace a súa filla Federica, e en 1912 abandonan Madrid, instalándose en Cerdanyola. Seguirán participando activamente en tódolos acontecementos dos anos sucesivos: a Semana Trágica de Barcelona e o fusilamento do seu amigo Francesc Ferrer en 1909, a fundación da CNT en 1910, a primeira guerra mundial (1914-1918), a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), a fundación da FAI en 1927, a II República (1931-1939) e a guerra civil (1936-1939).
Entre 1925 e 1936 volve colaborar en La Revista Blanca con artigos teóricos e de historia. Nesta época traba amizade co historiador anarquista Max Nettlau, que tamén colabora na revista.
Faleceu por mor dun cancro de Colon.