Teresa de Ávila
Teresa de Ávila,[1] tamén chamada Tareixa de Ávila[2][3][4] ou Tareixa de Xesús,[5] nada como Teresa de Cepeda y Ahumada, naceu en Ávila o 28 de marzo de 1515[6] e finou en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582. Foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Fundou a Orde dos Carmelitas Descalzos.
Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá[7][8] e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Teresa de Cepeda y Ahumada naceu en 1515 en Gotarrendura, unha cidade na provincia de Ávila, no Reino de Castela. O seu avó paterno, Juan Sánchez, era un marrano (un converso) e foi condenado pola Inquisición española por ter supostamente retornado ó xudaísmo. O seu pai, Alonso Sánchez de Cepeda, comprou un título cabaleiro e conseguiu con éxito ser asimilado pola sociedade católica. A nai de Santa Tareixa, Beatriz de Ahumada y Cuevas,[9] foi especialmente dedicada á misión de criar a filla como unha piedosa cristiá. Tareixa estaba fascinada polos relatos sobre vidas de santos e fuxiu ós sete anos co seu irmán máis novo Rodrigo para tentar conseguir o seu martirio entre os mouros. O seu tío conseguiu impedilo ó velos xa fóra das murallas cando volvía doutra cidade.[10]
A morte de Beatriz cando Tareixa tiña só catorce anos provocoulle unha tremenda tristura que a estimulou refuxiarse aínda máis a devoción á Virxe María como a súa nai espiritual. Porén, ela adquiriu tamén un interese esaxerado na lectura de ficciónns populares, principalmente novelas de cabalaría, e un anovado interese na súa propia aparencia.[11] Na mesma época, foi enviada como interna para unha escola de monxas agostinianas en Ávila,[12] o Convento de Nosa Señora da Graza.
Pouco despois, empeorou dunha doenza que comezara a molestala antes de profesar os seus votos e o seu pai sacouna do convento. A irmá Joana Suárez acompañou a Tareixa para axudala. Os médicos, malia tódolos tratamentos, déronse por vencidos e a doenza, probabelmente malaria, agravouse. Tareixa conseguiu soportar o sufrimento, grazas a un libro devocional que lle fora dado de agasallo polo seu tío Pedro, "O Terceiro Alfabeto Espiritual", do Padre Francisco de Osuna. Esta obra, seguindo o exemplo de diversas outras de místicos medievais, consistía en instrucións para exames de conciencia, para autoconcentración espiritual e contemplación interior (técnicas coñecidas no misticismo como oratio recollectionis ou oratio mentalis). Tareixa tamén empregaba outras obras ascetas como o Tractatus de oratione et meditatione de Pedro de Alcântara, se cadra moitas das obras nas cales Ignacio de Loiola baseou os seus "Exercicios Espirituais" e posiblemente os propios "Exercicios". Tareixa seguiu as instrucións da obra e comezou a practicar a oración mental. Finalmente, após tres anos, recuperou a saúde e regresou directamente para tomar o hábito no Carmelo.
Tareixa conta que durante a súa enfermidade, ascendía dende o andar máis baixo, da "oración mental", ó de "oración do silencio" ou mesmo ó de "devocións de éxtase", que era unha de union perfecta con Deus. Durante esta estado final, Tareixa conta que experimentaba a miúdo unha rica "bendición de bágoas". Conforme a distinción católica entre pecado mortal e venial foise tornando clara para ela, pasou tamén a comprender o terror profundo do pecado e a natureza do pecado orixinal. En paralelo, tomou conciencia da súa propia impotencia en confrontar o pecado e decatouse da necesidade da suxeición absoluta a Deus.
Por volta do ano 1556, varios amigos suxeriron que este coñecemento que lle fora revelado a Tareixa era de orixe diabólica e non divina e, como resultado, Tareixa pasou a inflixirse a si mesma diversas torturas e outras formas de mortificación. Mais o seu confesor, o padre xesuíta Francisco de Borja, asegurou a divina inspiración dos seus pensamentos. No día de San Pedro de 1559, Tareixa convenceuse firmemente que Xesús Cristo se lle apareceu de corpo presente, só que invisíbel. Estas visións continuaron por máis de dous anos ininterrompidos e, nunha delas, un serafín traspasou repetidamente o seu corazón coa punta inflamada dunha lanza dourada provocando nela unha inefábel dor espiritual e corporal: Modelo:Citação2
Esta visión foi a inspiración dunha das máis famosas obras de Bernini, a escultura "Éxtase de Santa Tareixa", que está na Igrexa de Santa Maria da Vitoria, en Roma. A memoria deste episodio serviu de inspiración polo resto da vida de Tareixa e motivou a súa perenne disposición de imitar a vida e os sufrimentos de Xesús, epitomizada no lema xeralmente asociado con ela: "Señor, ou me deixa sufrir ou me deixa morrer".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-21.
- ↑ portaldaspalabras.gal (ed.). "Achar / Botar de menos". Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ Rey Castelao, Ofelia (1998). A Galicia clásica e barroca. Vigo: Galaxia. p. 208. ISBN 84-8288-245-7.
- ↑ IES San Clemente (ed.). "Antroponimia e onomástica galega" (PDF). Consultado o 30 de outubro de 2017.
- ↑ Concello de Santiago (2003). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Historia da cidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. p. 404. ISBN 84-9750-140-3.
- ↑ Santa Teresa de Jesús. Libro de la vida. p. 5. Consultado o 18 de xuño de 2017.
- ↑ Barrio Maestre, José María (2012). Antropología del hecho religioso. Madrid: Ediciones Rialp. p. 126. ISBN 978-84-321-3948-2. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2017.
- ↑ Congregatio pro Causis Sanctorum (1970). Junta Nacional Española para el Doctorado de Santa Teresa de Jesús, ed. Santa Teresa de Jesús, doctora de la Iglesia: documentos oficiales del proceso canónico. Editorial de Espiritualidad. p. 246.
- ↑ Zupeda, Reginald. From Spain to Texas (en inglés). ISBN 9781479770083.
- ↑ Medwick, Cathleen (1999). Teresa of Avila: The Progress of a Soul (en inglés). Knopf. ISBN 0-394-54794-2.
- ↑ Catholic News Agency (ed.). "St. Teresa of Avila" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017.
- ↑ Zimmerman, Benedict (1912). The Catholic Encyclopedia (en inglés) 14. Nova York: Robert Appleton Company.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa de Ávila |
A Galicitas posúe citas sobre: Teresa de Ávila |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boudot, Pierre: la Jouissance de Dieu ou le Roman courtois de Thérèse d'Avila (préface de Xavier Tilliette). Cluny: A contrario, coll. « La sœur de l'ange. Les classiques méconnus », 2005 ISBN 2-7534-0032-6.
- Etxeberri, Xabier: Vida y obra de Santa Teresa de Ávila. Barcelona: Cartes, 1955.
- García Valdés, Olvido: Santa Teresa de Jesús. Barcelona: Ediciones Omega S.A., 2001. ISBN 84-282-1235-X.
- Lope de Vega, Félix: Santa Teresa de Jesús. Barcelona: Linkgua ediciones, 2005. ISBN 84-96428-91-5.
- Martínez-Blat, Vicente: La andariega: Biografía íntima de Santa Teresa de Jesús. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2005. ISBN 84-7914-779-2.
- Ribera, Francisco: La vida de la madre Teresa de Jesús: Fundadora de las descalzas y descalzos carmelitas. Madrid: Edibesa, 2005. ISBN 84-8407-427-7.
- Dževad Karahasan: El ángel extasiada: Viena, Salzburgo e Klagenfurt: Arbos, 2005.
- Santa Teresa de Jesús: Castillo interior, o Las moradas. Madrid: Aguilar, 1957.
- Santa Teresa de Jesús: Exclamaciones del alma a su Dios. Madrid: Aguilar, 1957. Colección Crisol.
- Santa Teresa de Jesús: Poesías. Madrid: Aguilar, 1957. Colección Crisol.
Outros artigos