Sisón
Sisón | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Tetrax tetrax Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución Tetrax tetrax
|
O sisón[1] (Tetrax tetrax) é o representante de menor tamaño da familia das avetardas.
Descrición
[editar | editar a fonte]O sisón mide entre 40 e 45 cm de longo e ten unha envergadura de ás de entre 83 e 91 cm. Pesa entre 500 e 900 g. Na plumaxe nupcial o macho ten o pescozo negro con dúas faixas brancas. A cabeza e a gorxa son gris azuladas, a parte superior do corpo de cor castaña-area con debuxos escuros e a parte inferior, branca. As femias e os machos na plumaxe de eclipse son de cor castaña-area con manchas negras por riba. A barriga e o peito son brancos. Cando voan distínguense polas ás de lonxitude media e puntas arredondadas, bastante brancas pola parte superior.
Distribución
[editar | editar a fonte]En Europa crían na Península Ibérica, sur de Francia,Sardeña e en puntos localizados da Italia penínsular e dos Balcáns. Están tamén presentes nas estepas que van do mar Negro ó lago Balkhash e no norte de África.
Viven en zonas abertas herbáceas ou cultivadas, de tipo estepario, onde dispoñan de herbas altas dabondo para se sentiren protexidos. A miúdo habitan áreas secas ou pedregosas.
Compórtanse coma emigrantes ou coma sedentarios dependendo das poboacións. Na parte máis meridional de Europa son sedentarios.
Distribución en Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia a presenza do sisón é puntual sendo a súa distribución moi descontínua e fragmentada entre as catro provincias (véxase mapa de distribución). Confirmouse a súa presenza nas comarcas da Terra Chá (Lugo) e A Limia (Ourense).
Reprodución
[editar | editar a fonte]Crían unha niñada ó ano entre abril e xuño. Durante o ritual de cortexo os machos ourizan as plumas do pescozo, amosan as ás e fan pequenos brincos por riba da vexetación. O reclamo do cortexo e un trrr que emiten cada 10 segundos.
Fan o niño no chan, ben agochado, no que poñen de tres a cinco ovos. As femias chocan e crían os polos sóas.
Comportamento e alimentación
[editar | editar a fonte]Cando non están criando viven en grandes bandos. Comen sementes, raíces e insectos.
Situación
[editar | editar a fonte]As súas poboacións están a reducirse drasticamente sobre todo pola perda dos seus hábitats, causada pola agricultura intensiva e o uso de pesticidas e insecticidas. A comezos do século XX foron eliminados de Centroeuropa, onde chegaron a criar en áreas tan ao norte coma Polonia. En Francia estanse a tomar medidas para evitar a súa desaparición.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sisón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rob Hume Birds in Europe. Dorling Kindersly Limited, Londres 2002, ISBN 3-8310-0430-7
- Anne Puchta & Klaus Richarz: Steinbachs großer Vogelführer. Eugen Ulmer KG, Stuttgart 2006, ISBN 3-8001-4864-1
- Svensson, Grant, Mullarney & Zetterström: Der neue Kosmos-Vogelführer. Franckh-Kosmos Verlag-GmbH, Stuttgart 1999, ISBN 3-440-07720-9