The Mothers of Invention
The Mothers of Invention | |
---|---|
![]() A banda nunha xira en Europa en 1968 | |
Orixe | Pomona, California, ![]() |
Período | 1964 - 1969 1970 - 1971 1973 - 1975 |
Xénero(s) | rock, jazz, blues, experimental, avant-garde, doo-wop, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | Verve, Reprise, BizarreDiscReet |
Artistas relacionados | Canned Heat, Little Feat, Ruben and the JetsFlo & Eddie |
Na rede | |
http://www.grandmothersofinvention.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Mothers of Invention (tamén coñecida como The Mothers) foi unha banda estadounidense de rock procedente de California. Formada en 1964, o seu traballo destacou polo uso da experimentación no seu son, de carátulas innovadoras, e elaborados concertos.
Orixinalmente era un grupo de R&B chamado Soul Giants e a súa primeira formación incluía a Ray Collins, David Coronado, Ray Hunt, Roy Estrada, e Jimmy Carl Black. O grupo preguntoulle a Frank Zappa se quería encargarse da guitarra tras unha pelexa entre Collins e Coronado, o líder e saxofonista orixinal da banda. Zappa insistiu en que interpretarían o seu material orixinal, e o día da nai de 1965 cambiaron o seu nome a The Mothers. Executivos da discográfica demandaron que o grupo cambiase o nome e así se converteu en The Mothers of Invention.[1]
Tras as primeiras loitas, The Mothers conseguiron éxito comercial. A banda fíxose primeiro popular tocando na escena musical underground de California a finais dos anos 60. Con Zappa ao temón, o grupo asinou co selo de jazz Verve Records como parte dos plans de diversificación da discográfica.[2] Verve publicou o dobre álbum de estrea de The Mothers of Invention, Freak Out!, en 1966, cunha formación composta por Zappa, Collins, Black, Estrada e Elliot Ingber. Don Preston uniuse ao grupo pouco despois. Co liderado de Zappa e cunha formación sempre cambiante, e a colaboración de freelancers como David Pritchard[3], a banda lanzou unha serie de aclamados traballos, como Absolutely Free, We're Only in It for the Money e Uncle Meat, antes de que Zappa a disolvese en 1969. En 1970 formou unha nova versión de The Mothers con Ian Underwood, Jeff Simmons, George Duke, Aynsley Dunbar e os vocalistas Mark Volman e Howard Kaylan (anteriormente en The Turtles, pero que debida o motivos contractuais foron acreditados como The Phlorescent Leech & Eddie). Posteriormente uniuse outro ex-Turtle, o baixista Jim Pons, e esta formación durou ata 1971, cando Zappa foi ferido por un espectador nun concerto.[1]
Zappa centróuse na música orquestral e de big-band mentres se recuperaba das súas feridas, e en 1973 formou a derradeira encarnación de The Mothers, co batería Ralph Humphrey, o trompetista Sal Marquez, o teclista e vocalista George Duke, o trombonista Bruce Fowler, o baixista Tom Fowler, o percusionista Ruth Underwood e o teclista e saxofonista Ian Underwood. O derradeiro álbum que usou a The Mothers como banda de acompañamento, Bongo Fury (1975), contaba co guitrrista Denny Walley e co batería Terry Bozzio, que continuaron tocando con Zappa noutros discos.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Freak Out! | 1966 | Verve Records |
Absolutely Free | 1967 | Verve Records |
We're Only in It for the Money | 1968 | Verve Records |
Cruising with Ruben & the Jets | 1968 | Bizarre Records/Verve Records |
Uncle Meat | 1969 | Bizarre Records/Reprise Records |
Burnt Weeny Sandwich | 1970 | Bizarre Records/Reprise Records |
Weasels Ripped My Flesh | 1970 | Bizarre Records/Reprise Records |
The Grand Wazoo | 1972 | Bizarre Records/Reprise Records |
Over-Nite Sensation | 1973 | DiscReet |
One Size Fits All | 1975 | DiscReet |
Bongo Fury | 1975 | DiscReet |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The Mothers of Invention Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "The Mothers of Invention Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ "Unassigned Territory" (en inglés). Consultado o 2024-16-09.