Tim Vanhamel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1977 (47 anos) Zonhoven, Bélxica (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1990 - |
Xénero artístico | Rock alternativo e indie rock |
Instrumento | Guitarra, voz e teclado |
Selo discográfico | Play It Again Sam |
Sitio web | myspace.com… |
Tim Wessel Vanhamel, nado o 11 de decembro de 1977 en Zonhoven, Bélxica, é un músico belga que foi membro de varias bandas entre as que destacan Evil Superstars, dEUS e Eagles of Death Metal. Tamén é líder do seu propio grupo Millionaire.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vanhamel tocou na súa primeira banda, Sister Poopoo, cando tiña 13 anos. En 1995, aos 17, Vanhamel uniuse como guitarrista a Evil Superstars, grupo no que tocou ata a súa disolución en 1998. Posteriormente tocou en dEUS durante un curto período de tempo, na súa xira de The Ideal Crash en 1999. No ano 2000, Vanhamel comezou a gravar a estrea da súa propia banda, Millionaire. Máis tarde tocou como convidado no álbum de estrea de Eagles of Death Metal Peace, Love, Death Metal, e tamén xiraría con eles nos seus inicios.