dEUS
dEUS | |
---|---|
dEUS no Cafe Du Nord, San Francisco | |
Orixe | Anveres, Bélxica |
Período | 1989 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | V2, Universal |
Membros | Tom Barman Mauro Pawlowski Stephane Misseghers Alan Gevaert Klaas Janzoons |
Na rede | |
http://www.deus.be | |
dEUS é unha banda belga de rock formada en 1989 en Anveres. Dende a súa fundación os seus únicos membros permanentes son Tom Barman (voz, guitarra) e Klaas Janszoons (teclado, violín). dEUS é considerada unha das bandas de rock belgas máis exitosas e influentes.
Biografía
[editar | editar a fonte]A banda, que canta principalmente en inglés, fundouse en Anveres en 1989 como unha banda de versións, e non tivo forma definitiva ata despois do Humo's Rock Rally (un concurso belga de bandas de rock) de 1992. Na xira que seguiu a través de España dEUS definiu o seu son e despois da edición do EP Zea o selo Island Records ofreceulle un contrato á banda, sendo o primeiro grupo indie belga en asinar un contrato cun grande selo internacional.
O seu álbum de estrea Worst Case Scenario, ten influencias de Frank Zappa, Tom Waits e Captain Beefheart e foi editado o 16 de setembro de 1994, cunha boa acollida por parte da crítica. O seu segundo traballo, In a Bar, Under the Sea, apareceu dous anos despois e tamén foi eloxiado pola crítica pola súa diversidade e agradable caos. The Ideal Crash, lanzado en 1999, tratábase dun disco máis accesible. Entre os tres álbums a banda vendeu uns 750.000 discos en todo o mundo.
Despois da xira de promoción de The Ideal Crash a banda tomouse un extenso descanso que lle permitiu aos seus membros adicarse a outros proxectos. Barman dirixiu unha película chamada Any Way the Wind Blows no ano 2003 e formou Magnus co produtor de tecno CJ Bolland no 2004.
A mediados do 2004 comezaron a gravar novo material e a realizar concertos por Europa. En agosto lanzaron o sinxelo "If You Don't Get What You Want", só dispoñible a través de descarga dixital.
O 12 de setembro do 2005 setembro editaron o seu novo traballo, Pocket Revolution. Na súa promoción realizaron unha extensa xira cuns 130 concertos. Despois de rematar a xira dEUS comezou a ensaiar para preparar o seu seguinte traballo. No 2007 a banda construíu o seu propio estudio para continuar traballando no seu novo álbum. Gravado coa mesma formación de Pocket Revolution, Vantage Point foi editado o 21 de abril do 2008.
Vantage Point conseguiu o platino en Bélxica un mes despois do seu lanzamento, pero non tivo tanto éxito en Europa. Despois da aparición do álbum o grupo comezou unha xira de promoción do mesmo, que rematou con dous concertos no Forest National de Bruxelas.
A banda está traballando na actualidade nun novo disco que sairá á luz durante o ano 2010 segundo declaracións de Tom Barman.
dEUS amosa unha gran variedade de influencias, incluíndo a Captain Beefheart, Frank Zappa, Big Star, Sonic Youth, Leonard Cohen e The Velvet Underground.
Co tempo dEUS foi incorporando unha ampla variedade de estilos como pop, folk, free jazz, neo-prog, punk e heavy metal aos seus traballos. Eles convertéronse nunha das máis importantes e influentes bandas belgas de rock.
Membros
[editar | editar a fonte]- Tom Barman: guitarra e voz.
- Mauro Pawlowski: guitarra.
- Stephane Misseghers: batería.
- Alan Gevaert: baixo.
- Klaas Janzoons: teclado e violín.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Worst Case Scenario | 1994 | Bang! |
In a Bar, Under the Sea | 1996 | Bang! |
The Ideal Crash | 1999 | Island Records |
Pocket Revolution | 2005 | Universal, V2 |
Vantage Point | 2008 | V2/Cooperative Music |
Keep You Close | 2011 | Universal Music Belgium |
Following Sea | 2012 | Play It Again Sam |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da banda Arquivado 13 de marzo de 2018 en Wayback Machine.