Tlamatini
Tlamatini (en plural, tlamatinime) é unha palabra en náhuatl que significa "o que sabe algo". En xeral, tradúcese como "persoa sabia".
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra tlamatini deriva do verbo transitivo mati, que significa "saber". A este, engádese o prefixo tla-, que indica un obxecto inanimado sen identificar, e que adoita traducirse por "algo". Tamén se lle engade o sufixo -ni, que posúe o sentido de "persoa que se caracteriza por algo". Xa que logo, tlamatini é "unha persoa que se caracteriza por saber algo"; é dicir, "unha persoa sabia" ou "alguén que sabe".[1]
Filósofos
[editar | editar a fonte]O estudoso da cultura e a lingua náhuatl Miguel León Portilla traduciu o termo tlamatini como "filósofo", identificando ambas figuras. A estes tlamatinime dedicou o seu clásico estudo La filosofía náhuatl estudiada en sus fuentes (1956).[2] Porén, este tipo de comparacións pódese atopar xa en textos occidentais da época da conquista. Por exemplo, Bernardino de Sahagún refírese aos tlamatinime como "filósofos" ou "sabios".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Figueroa, Robert; Harding, Sandra (2013). Science and Other Cultures: Issues in Philosophies of Science and Technology (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-134-72732-2.
- León-Portilla, Miguel (1956). La filosofía náhuatl estudiada en sus fuentes (en castelán). UNAM. ISBN 978-970-32-3176-8.
- Loustaunau, Mare (2016). "Tlamatinimes, el antecedente azteca de los filósofos mexicanos". MXCity (en castelán). Consultado o 2023-12-26.