Tofua
Tipo | montaña illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Ha'apai | |||
Situado na entidade xeográfica | Ha'apai | |||
Localización | ||||
División administrativa | Haʻapai (distrito), Tonga (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 515 m | |||
Prominencia topográfica | 515 m | |||
Dimensións | 7,7 () × 9,7 () km | |||
Superficie | 55,63 km² | |||
Tofua (transcrito antigamente como Amattafoa) é unha illa e un volcán do reino de Tonga. Está situado ao leste do grupo Ha'apai (grupo Gálvez), a 26 km ao nordés de Kotu e 155 km ao norte de Tongatapu.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]A illa é a caldeira dun volcán activo que sobresae 507 metros da auga. A illa ten 8 km de diámetro e no interior do cráter ten un lago pechado de 4 km que só está a 20 metros sobre o nivel do mar. A temperatura da auga do lago é de 25 °C no inverno. A superficie total é de 55,63 km².
Historia
[editar | editar a fonte]Cando foi descuberto en 1774 por James Cook, estaba en actividade. As erupciones históricas rexistradas son dos anos: 1774, 1792, 1854, 1885, 1906 e 1958. Actualmente o volcán segue activo con fumarolas intermitentes no norte do lago. En 1854 o rei Tupou ordenou o traslado dos habitantes de Tofua á illa Kotu. Algúns foron volvendo e hoxe en día hai dúas vilas. No censo de 1996 rexistrábanse 5 habitantes permanentes. Ocasionalmente recibe as visitas de aventureiros atraídos pola escalada e a experiencia de bañarse no lago dun cráter activo.
En augas de Tofua produciuse o amotinamiento do HMS Bounty cando volvía de Tahití en 1789. O capitán William Bligh e os seus seguidores foron abandonados nunha barca. Intentaron desembarcar en Tofua pero foron atacados polos indíxenas. Desde aquí fixeron unha viaxe épica de 6.500 km ata Timor.