Saltar ao contido

Tony Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTony Wilson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1950 Editar o valor en Wikidata
Salford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 2007 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Withington, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSouthern Cemetery, Manchester (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónJesus College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Manchester Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutor musical, axente de talentos, representante artístico, locutor de radio, xornalista, executivo dunha discográfica, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0934240 Musicbrainz: c90528f0-75e7-435f-82e8-dfbdcf8824d3 Songkick: 353747 Discogs: 331381 Allmusic: mn0001852009 Find a Grave: 21757722 Editar o valor en Wikidata

Anthony Howard Wilson, nado o 20 de febreiro de 1950 e finado o 10 de agosto de 2007, foi un empresario inglés, presentador de programas musicais, fundador do selo musical Factory Records, desde onde lanzou grupos como Joy Division, New Order ou Happy Mondays.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse no 1971, e axiña comezou de reporteiro para a ITN, antes de volver a Manchester en 1973, cando se asegurou un posto en Granada Television. Presentou o programa cultural, musical e de divulgación So It Goes, onde falou do mítico concerto que deran os Sex Pistols no Manchester Lesser Free Trade Hall o 4 de xuño de 1976, o que asistiran entre 35 e 40 persoas, e que serviu ós membros de Joy Division para formar a banda.

Nos 80 Wilson dirixiu The Other Side of Midnight, outro programa semanal de Granada TV de cultura, música, literatura e arte en xeral. O seu programa dos domingos foi un dos primeiros experimentos da televisión nas late-night das fins de semana.

Abriu o club The Factory, que deu pé á fundación de Factory Records, para dar saída ás bandas que tocaban alí. Posteriormente dirixiu o mítico club nocturno The Haçienda en 1982.

É un dos principais catalizadores do son Madchester de finais dos 80 e comezos dos 90.

En 2002, o británico Michael Winterbottom dirixiu 24 Hour Party People, película que amosaba en forma de falso documental a historia de Factory Records, vista desde os ollos de Wilson, recreado polo actor Steve Coogan. Na película Control (2006), un biopic de Ian Curtis, é interpretado por Craig Parkinson.

Faleceu o 10 de agosto de 2007 dun ataque ó corazón no Hospital Christie de Manchester con 57 anos, debido a complicacións do cancro de ril que sufría.