Torymus sinensis
Torymus sinensis | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Torymus sinensis Kamijo, 1982 |
Torymus sinensis é unha especie de insecto lepidóptero da suborde dos apócritos, superfamilia dos calcicoideos e familia dos torímidos, unha das numerosas integradas no xénero Torymus.
É unha avespa parasitoide, específica da avespa do castiñeiro,[1] Dryocosmus kuriphilus, produtora de bugallos nos castiñeiros. Aínda que é unha especie de orixe asiática (concretamente da China, como indica o seu nome específico), úsase en todo o mundo: Europa (Italia, Francia, Hungría, Portugal e España); Asia (Xapón, Corea do Sur) e América do Norte (Estados Unidos) para combater á avespa do castiñeiro con excelentes resultados.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1982 polo entomólogo xaponés Kazuaki Kamijo no seu traballo "Two new species of Torymus (Hymenoptera, Torymidae) reared from Dryocosmus kuriphilus (Hymenoptera, Cynipidae) in China and Korea", publicado en Kontyû 50 (4): 505-510.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Os adultos miden ao redor de 2,5 mm. Teñen un corpo de cor verde metálica coas patas amarelas. As femias diferéncianse claramente dos machos pola presenza dun grande ovipositor. O resto dos estadios (ovo, larva e pupa) desenvólvense dentro do bugallo, en contacto co hospedeiro.[2]
Torymus sinensis pasa polos estadios de ovo, larva, pupa e adulto. Todos estes estadíos, excepto o de adulto, desenvólvense no interior dos bugallos dos castiñeiros. O seu ciclo biolóxico complétase en 1–2 anos, e está completamente sincronizado co do seu hospedeiro. Hiberna en estadio de larva/pupa dentro dos bagallos para emerxer o adulto na primavera seguinte. Os ovos deposítanse no interior dos bugallos do castiñeiro. Unha vez que eclosiona, a larva aliméntase da Dryocosmus kuriphilus (actúa como ectoparasitoide). A pupa desenvólvese no interior do bugallo, emerxendo o adulto ao ano seguiente (parte da poboación pode non emerxer até pasados 2 anos).[2]
As femias de Torymus sinensis, antes de parasitar, deben seren fecundadas. Se non, a súa descendencia estará composta exclusivamente de machos. En primavera, inician a súa actividade, buscando activamente bugallos do hospedeiro para parasitalas. Unha femia pode poñer até 70 ovos, e ten unha esperanza de vida duns 37 días. Caracterízase por ter un ovipositor moi longo (a diferenza doutras especies de torímidos) e unha sincronización perfecta con seu hospedeiro, o que explica a súa alta especificidade e eficacia no control da avespa do castiñeiro.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avespa do castiñeiro, (PDF). [Díptico] Xunta de Galicia.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Torymus sinensis en Agrobio (en castelán).
- ↑ Torymus sinensis Kamijo, 1982 no GBIF. Consultado o 6 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kazuaki Kamijo en wikispecies.