Tour de Francia 2012
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI World Tour 2012 |
Distancia do evento | 3.494,4 km |
Lugar de saída | Liexa |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 198, inicio 153, final |
Participantes | |
2012 AG2R La Mondiale (en) , Astana 2012, 2012 BMC Racing (en) , 2012 Euskaltel-Euskadi season (en) , FDJ-BigMat 2012, 2012 Garmin-Sharp (en) , 2012 Katusha (en) , Lampre-ISD 2012, 2012 Liquigas-Cannondale (en) , Lotto-Belisol 2012, 2012 Movistar Team season (en) , Omega Pharma-Quick Step 2012, Orica-GreenEDGE 2012, Rabobank 2012, RadioShack-Nissan 2012, Saxo Bank-Tinkoff Bank 2012, Sky 2012, 2012 Vacansoleil-DCM season (en) , 2012 Argos-Shimano (en) , 2012 Cofidis (en) , 2012 Team Europcar (en) e Saur-Sojasun 2012 (pt) | |
Localización e Datas | |
País | Francia, Bélxica e Suíza |
Intervalo de tempo | 30 de xuño de 2012 – 22 de xullo de 2012 |
Número de edición | 99 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Bradley Wiggins |
Segundo da clasificación xeral | Christopher Froome |
Terceiro da clasificación xeral | Vincenzo Nibali |
Gañador da clasificación por puntos | Peter Sagan |
Gañador da clasificación da montaña | Thomas Voeckler |
Vencedor da classificação dos jovens | Tejay van Garderen |
Winner of the most combative rider | Chris Anker Sørensen |
Vencedora da classificação por equipas | RadioShack-Nissan 2012 |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr… |
O Tour de Francia 2012 foi a 99ª edición da carreira ciclista mais importante do mundo. O seu percorrido comezou o 30 de xuño na cidade belga de Liexa e rematou o 22 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).
A carreira presentou as ausencias salientables de Alberto Contador (sancionado pola UCI por dopaxe) e Andy Schleck (cunha fractura no óso sacro). Ningún ciclista galego participou nesta edición.
O autraliano Cadel Evans presentábase na carreira coa misión de defender a vitoria acadada na edición 2011, pero non foi quen de conseguilo. O británico Bradley Wiggins acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando con autoridade as dúas contra o reloxo longas, e axudado por un potente equipo, o Sky, no que tamén salientou Chris Froome, que rematou a carreira no segundo posto da clasificación xeral. Terceiro foi o italiano Vincenzo Nibali.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Equipo | Cód.UCI | Categoría | Xefe de filas |
---|---|---|---|
BMC Racing Team | BMC | UCI ProTour | Cadel Evans |
RadioShack-Nissan | RSN | UCI ProTour | Frank Schleck |
Team Europcar | EUC | Prof.Continental | Thomas Voeckler |
Euskaltel-Euskadi | EUS | UCI ProTour | Samuel Sánchez |
Lampre-ISD | LAM | UCI ProTour | Michele Scarponi |
Liquigas-Cannondale | LIQ | UCI ProTour | Vincenzo Nibali e Ivan Basso |
Garmin-Sharp | GRM | UCI ProTour | Ryder Hesjedal |
Ag2r-La Mondiale | ALM | UCI ProTour | Jean-Christophe Péraud e Nicolas Roche |
Cofidis | COF | Prof.Continental | Rein Taaramäe e David Moncoutié |
Saur-Sojasun | SAU | Prof.Continental | Jérôme Coppel |
Sky | SKY | UCI ProTour | Bradley Wiggins |
Lotto-Belisol | LOT | UCI ProTour | Jurgen Van den Broeck |
Vacansoleil-DCM | LEO | UCI ProTour | Lieuwe Westra |
Team Katusha | KAT | UCI ProTour | Denis Menchov |
FDJ | FDJ | UCI ProTour | Sandy Casar |
Rabobank Cycling Team | RAB | UCI ProTour | Robert Gesink |
Movistar Team | MOV | UCI ProTour | Alejandro Valverde |
Saxo Bank | SAX | UCI ProTour | Jonathan Cantwell e Chris Anker Sørensen |
Astana | AST | UCI ProTour | Janez Brajkovič e Alexander Vinocurov |
Omega Pharma-QuickStep | OQS | UCI ProTour | Levi Leipheimer |
Orica-GreenEDGE | OGE | UCI ProTour | Simon Gerrans |
Argos-Shimano | VCD | Prof.Continental | Marcel Kittel |
Etapas
[editar | editar a fonte]Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2012:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Bradley Wiggins | Sky Procycling | 87h 34' 47" | |
2 | Chris Froome | Sky Procycling | + 3' 21" |
3 | Vincenzo Nibali | Liquigas-Cannondale | + 6' 19" |
4 | Jurgen Van den Broeck | Lotto-Belisol | + 10' 15" |
5 | Tejay van Garderen | BMC Racing Team | + 11' 04" |
6 | Haimar Zubeldia | RadioShack-Nissan | + 15' 41" |
7 | Cadel Evans | BMC Racing Team | + 15' 49" |
8 | Pierre Rolland | Team Europcar | + 16' 26" |
9 | Janez Brajkovic | Pro Team Astana | + 16' 33" |
10 | Thibaut Pinot | FDJ | + 17' 17" |
37 corredores non puideron rematar a carreira, a maioría deles por mor das caídas. Entre os malpocados mais salientables estiveron o canadense Ryder Hesjedal, quen viña de vencer no Giro de Italia 2012; o asturiano Samuel Sánchez, candidato ó podio de París; e o triplo campión do mundo Óscar Freire, con 3 costelas rotas e un pulmón perforado. Por outra banda, o luxemburgués Frank Schleck retirouse da carreira despois de coñecerse que dera positivo nun dos controis antidopaxe.