Tour de Francia 2003
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Distancia do evento | 3.426 km |
Lugar de saída | París |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 198, inicio 147, final |
Participantes | |
US Postal 2003 (en) , 2003 ONCE-Eroski (en) , Q14459639 , iBanesto.com 2003 (en) , Rabobank 2003, Saeco 2003 (en) , 2003 Cofidis (en) , CSC 2003, Fassa Bortolo 2003 (en) , Fdjeux.com 2003, Kelme, Q1977924 , Q1908554 , Team Bianchi 2003 (en) , Lotto-Domo 2003, Ag2r Prévoyance 2003 (en) , Vini Caldirola-Saunier Duval 2003 (en) , 2003 Euskaltel-Euskadi season (en) , Brioches La Boulangère 2003, 2003 Gerolsteiner (en) , Alessio 2003 (en) e Jean Delatour 2003 (en) | |
Localización e Datas | |
País | Francia e España |
Intervalo de tempo | 5 de xullo de 2003 – 27 de xullo de 2003 |
Número de edición | 90 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | non outorgado→declarado deserto |
Segundo da clasificación xeral | Jan Ullrich |
Terceiro da clasificación xeral | Alexander Vinocurov |
Gañador da clasificación por puntos | Baden Cooke |
Gañador da clasificación da montaña | Richard Virenque |
Vencedor da classificação dos jovens | Denis Menchov |
Vencedora da classificação por equipas | CSC 2003 |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.com… |
O Tour de Francia 2003 foi a 90ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo e rematou o 27 de xullo na mesma cidade de París.
Nesta edición tomaron a saída 22 equipos, formados por 9 corredores cada un, de xeito que o número de participantes total foi de 198, do cales remataron a carreira 147. Non obstante, algúns dos ciclistas que conseguiron completar o percorrido completo da proba, foron posteriormente descalificados por motivos de dopaxe, como foi o caso do gañador, Lance Armstrong. Entre o pelotón houbo tan só un representante galego, o redondelán Marcos Serrano, do equipo ONCE-Eroski, que correu co dorsal 18 e rematou a proba na 68ª posición
O Tour 2003 presentábase como un man a man entre os 3 corredores que dominaran o podio nas últimas edicións, é dicir, Lance Armstrong, Jan Ullrich e Joseba Beloki, coa presenza doutros candidatos a ocupar un posto no podio, como Alexander Vinocurov, Roberto Heras, Iban Mayo ou Gilberto Simoni, algún dos cales non estivo á altura do que se agardaba del.
A primeira semana de carreira foi intrascendente, cunha prólogo individual, varias etapas chas nas que se chegou ó sprint, e unha contra o reloxo por equipos. Co comezo da segunda semana chegaron os Alpes. Na primeira etapa de montaña gañou o escalador francés Richard Virenque, que colleu o liderado da carreira. Non obstante ese primeiro posto só lle durou un día, pois na segunda etapa, con meta en Alpe d'Huez, o americano Lance Armstrong púxose o maillot amarelo. A terceira etapa alpina sería a que marcaría ese Tour. Nela Joseba Beloki sufriu unha grave caída cando atacaba ó líder da carreira, quedando moi ferido, e sendo levado a un hospital. O resto daquel Tour foi un man a man entre Lance Armstrong e Jan Ullrich (o alemán gañou a contra o reloxo de 47 quilómetros da 12ª etapa mentres que o americano gañou a etapa pirenaica de Luz Ardiden na 15ª etapa), chegando a París con tan só un minuto e un segundo de diferenza dun sobre o outro. Con aquela vitoria, o americano acadaba o seu quinto Tour de Francia, e igualaba no máis alto do palmarés a Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Miguel Indurain. Pasarían 9 anos ata que a UCI tomase a decisión de sancionar ó ciclista texano retirándolle tódalas súas vitorias, e polo tanto tamén esta, incluídas as vitorias de etapa.
Etapas
[editar | editar a fonte]- CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2003 trala disputa da proba e trala descualificación de Lance Armstrong por parte da UCI en 2012.
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Vacante | - | - | |
Desc. | |||
2 | Jan Ullrich | Bianchi | + 1' 01" |
3 | Alexander Vinocurov | Deutsche Telekom | + 4' 14" |
4 | Tyler Hamilton | CSC | + 6' 17" |
5 | Haimar Zubeldia | Euskaltel-Euskadi | + 6' 51" |
6 | Iban Mayo | Euskaltel-Euskadi | + 7' 06" |
7 | Ivan Basso | Fassa Bortolo | + 10' 12" |
8 | Christophe Moreau | Credit Agricole | + 12' 28" |
9 | Carlos Sastre | CSC | + 18' 49" |
10 | Francisco Mancebo | iBanesto.com | + 19' 15" |
68 | Marcos Serrano | ONCE-Eroski | + 2h 07' 26" |
- Desc. - Descalificados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tour de Francia 2003 |