Tour de Francia 2005
Tipo | Tour de Francia |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Parte de | UCI ProTour de 2005 (pt) |
Distancia do evento | 3.607 km |
Lugar de saída | Fromentine |
Liña de meta | París |
Número de participantes | 189, inicio 155, final |
Participantes | |
2005 AG2R Prévoyance (en) , 2005 Bouygues Telecom (en) , 2005 Cofidis (en) , 2005 Crédit Agricole (en) , Davitamon-Lotto 2005, 2005 Discovery Channel (en) , Domina Vacanze-De Nardi 2005 (en) , Euskaltel-Euskadi 2005, 2005 Fassa Bortolo (en) , Gerolsteiner 2005 (en) , Illes Balears-Caisse d'Épargne 2005 (en) , La Française des jeux 2005, Lampre-Caffita 2005, 2005 Liberty Seguros-Würth (en) , 2005 Liquigas-Bianchi (en) , 2005 Phonak (en) , 2005 Quick Step-Innergetic (en) , Rabobank 2005, 2005 Saunier Duval-Prodir (en) , T-Mobile Team 2005 (en) e CSC 2005 | |
Localización e Datas | |
País | Francia, España e Alemaña |
Intervalo de tempo | 2 de xullo de 2005 – 24 de xullo de 2005 |
Número de edición | 92 |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | non outorgado→declarado deserto |
Segundo da clasificación xeral | Ivan Basso |
Terceiro da clasificación xeral | non outorgado→declarado deserto |
Gañador da clasificación da montaña | Michael Rasmussen |
Gañador da clasificación por puntos | Thor Hushovd |
Vencedor da classificação dos jovens | Yaroslav Popovych |
Vencedora da classificação por equipas | T-Mobile |
Winner of the most combative rider | Óscar Pereiro |
Outro | |
Páxina web oficial | letour.fr… |
O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.[1][2]
A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.
Lance Armstrong colleu o maillot amarelo na cuarta etapa, unha contra o reloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou até a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.
No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue.[3] Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[4] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.
Etapas[editar | editar a fonte]
- CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.
Clasificación xeral[editar | editar a fonte]
Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2005 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong, Jan Ullrich e Levi Leipheimer.
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Vacante | - | - | |
Desc. | |
||
2 | Ivan Basso | Team CSC | + 4' 40" |
Desc. | |
||
3 | Francisco Mancebo | Illes Balears | + 9' 59" |
4 | Alexander Vinocurov | T-Mobile | + 11' 01" |
Desc. | |
||
6 | Michael Rasmussen | Rabobank | + 11' 33" |
7 | Cadel Evans | Davitamon-Lotto | + 11' 55" |
8 | Floyd Landis | Phonak | + 12' 44" |
9 | Óscar Pereiro | Phonak | + 16' 04" |
10 | Christophe Moureau | Crédit Agricole | + 16' 26" |
39 | Marcos Serrano | Liberty Seguros | + 1h 21' 31" |
- Desc. - Descalificados da carreira sancionados por dopaxe.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El español Óscar Pereiro gana la decimosexta etapa del Tour (en castelán)
- ↑ Marcos Serrano gana tras una escapada la decimoctava etapa del Tour (en castelán)
- ↑ TAS: Ullrich, culpable de dopaje y sancionado dos años (en castelán)
- ↑ La UCI deja vacantes los siete Tours de Armstrong y quiere “dar la vuelta a este doloroso episodio” (en castelán)