Travesti Afgano
Travesti Afgano | |
---|---|
Orixe | Lérez, Pontevedra, Galicia |
Período | 2012-presente |
Xénero(s) | post-punk, garage rock, punk rock, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Seara Records, PORNO, Mama Vynila Records, Discos Anormales, Producciones Esporádicas, Pelgar |
Membros | Rafa Anido Luismi González Marcos Martínez Camilo |
Na rede | |
Bandcamp |
Travesti Afgano é unha banda de post-punk galega baseada en Lérez, Pontevedra, formada no ano 2012 por membros de Lobishome e Metralletas Lecheras.[1] Ata a data levan publicados dous álbums, Jefes de Julais (2015) e Nos vale madre (2017), un EP Yo se la chupé a Mark E. Smith (2013), e un disco compartido con Monstruo, Split TRVST/MNSTR (2015).[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A idea de formar Travesti Afgano xorde tras un concerto de Lobishome en 2012. Nunca conversa entre Luismi González (Lobishome) e Rafa Anido (Metralletas Lecheras), os dous falaron de iniciar un novo proxecto debido ao parón da banda de Anido. A eles uníuse o baixista de Lobishome, Marcos Martínez, encargándose da batería.[1]
Despois duns poucos ensaios a banda xa tiña compostos varios temas que gravaron con Manu G. Sanz (Selvática, Indómitos) en Tomiño para converterse no EP Yo se la chupé a Mark E. Smith, editado en casete en xullo de 2013 a través do selo Seara Records.[1][3]
Travesti Afgano converteuse en cuarteto coa entrada de Camilo, tamén membro de Metralletas Lecheras, ocupando a batería, pansando Marcos Martínez a tocar o baixo.[1] En novembro de 2014 gravaron o seu primeiro álbum con Ibán Terraforma en Terraforma Estudios, no Hío, Cangas. O disco, titulado Jefes de Julais foi publicado en decembro de 2015 a través do selo Mama Vynila Records.[4] Ese mesmo ano, no mes de marzo, tamén lanzaron o casete compartido Split TRVST/MNSTR coa banda Monstruo.[5]
En xuño de 2017 a banda publicou o seu segundo álbum, Nos vale madre, gravado tamén en Terraforma Estudios e producido e mesturado por Manu G. Sanz. O disco foi lanzado polos selos Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales e Producciones Esporádicas.[6] O traballo está formado por once temas orixinais e dúas versións, "La polla de Hitler" de Angry Samoans e "Golden Apples" de Country Teasers.[7]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Yo se la chupé a Mark E. Smith | 2013 | Seara Records | EP |
Split TRVST/MNSTR | 2015 | PORNO | Disco compartido con Monstruo |
Jefes de Julais | 2015 | Mama Vynila Records | |
Nos vale madre | 2017 | Mama Vynila, Pelgar, Discos Anormales, Producciones Esporádicas, La Camelia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Travesti Afgano". La Fonoteca. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Travesti Afgano". Galician Tunes. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Yo se la chupé a Mark E. Smith by Travesti Afgano". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Jefes de Julais by Travesti Afgano". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ Bandcamp (ed.). "Split TRVST/MNSTR por Travesti Afgano". Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Nos vale madre by Travesti Afgano". Bandcamp. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Nos vale madre - Travesti Afgano". Rockdelux. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2018.