Troita á navarra
Aparencia
A troita á navarra é un prato clásico da cociña navarra.[1][2] Existen innumerábeis receitas deste tipo de peixe, pero por regra xeral consiste en encher a troita con faragullas de xamón e fritilo nunha tixola. Nalgunhas preparacións, en lugar de encher o peixe de xamón,[3] envólvese este con liscos de xamón (empregando un escarvadentes que suxeita o conxunto). Noutras versións emprégase o touciño.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Xa Aymerich Picaud gababa no Codex Calixtinus a elaboración deste peixe nos itinerarios da rota xacobea.[5] Ernest Hemingway menciona o prato nunha taberna navarra como homenaxe a un amigo seu morto nun encerro.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jaime del Burgo, Rafael Bozano, (1967), «Navarra»
- ↑ Néstor Luján, Juan Perucho, (2003), El libro de la cocina española, Tusquets, pp-199
- ↑ Teresa Barrenechea, (2005), «The cuisines of Spain: exploring regional home cooking»,Ten Speed Press, ISBN 1-58008-515-6, pp:227
- ↑ Andy Symington, (2003), «Northern Spain handbook»,Footprint Handbooks, ISBN 1-903471-15-X, pp:42
- ↑ Néstor Luján, Juan Perucho, (2003), El libro de la cocina española, Tusquets, pp-197
- ↑ José Luis Castillo Puche, (1968), «Hemingway, entre la vida y la muerte», pp:143