Un estudo en escarlata
Un estudo en escarlata | |
---|---|
Portada da primeira edición de 1887. | |
Título orixinal | A Study in Scarlet |
Autor/a | Arthur Conan Doyle |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Ward Lock & Co Edicións Xerais |
Data de pub. | 1887 1986 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 147 (gl) |
ISBN | ISBN 84-8288-015-2 |
Seguido por | O signo dos catro |
Tradución | Elena Baillie e Xavier Alcalá (1986) Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (1995 e 2005) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Un estudo en escarlata[1] (en inglés: A Study in Scarlet) é unha novela de 1887 escrita polo autor escocés Arthur Conan Doyle. Esta historias supón a primeira aparición de Sherlock Holmes e do Dr. Watson, que se converterían na parella de detectives máis famosa da ficción. O título do libro deriva dun discurso que Holmes, un detective consultor, lle fai ó seu amigo e cronista Watson sobre a natureza do seu traballo, no cal describe a investigación da historia dun asasinato como o seu "estudo en escarlata": "Existe o fío escarlata do asasinato que atravesa a madeixa incolora da vida, e o noso deber é desentrañar, illar e expoñer cada centímetro del.."[2]
A historia e os seus personaxes atraeron pouco interese por parte do público na súa primeira aparición. Só se conservan 11 copias completas da revista na que apareceu a historia por vez primeira, Beeton's Christmas Annual, publicada en 1887, as cales teñen un valor considerable.[3] Malia que Conan Doyle escribiu 56 historias curtas sobre Holmes, Un estudo en escarlata é unha das catro novelas no canon orixinal. A novela foi seguida por O signo dos catro, publicada en 1890. Un estudo en escarlata foi a primeira obra de ficción con detectives que incorporou a lupa como ferramenta de investigación.[4]
Foi traducida ó galego por Elena Baillie e Xavier Alcalá e publicada pola Edicións Xerais no ano 1986 baixo o título Estudio en escarlata. Foi traducida por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez e publicada pola Editorial Galaxia no ano 1995 baixo o título Un estudio en escarlata.[5] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Iglesias e Vázquez dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais, baixo o título Un estudo en escarlata.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Un estudo en escarlata. Traducido por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-190-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Conan Doyle, A. A Study in Scarlet, "Chapter 4: What John Rance Had to Tell"
- ↑ "bestofsherlock.com, ''Beeton's Christmas Annual 1887: An Annotated Checklist and Census''". Bestofsherlock.com. Consultado o 15 de setembro de 2012.
- ↑ Sweeney, Susan Elizabeth (2003). "The Magnifying Glass: Spectacular Distance in Poe's "Man of the Crowd" and Beyond". Poe Studies/Dark Romanticism 36 (1–2): 3.
- ↑ Un estudio en escarlata. Traducido por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1995. ISBN 84-8288-015-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Un estudo en escarlata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roig, B.; Domínguez, M.; Mociño, I. (2006). Produción da literatura infantil e xuvenil en galego (CD-ROM). ISBN 978-84-611-5082-3.