María Carmen Baldomir naceu en Culleredo en 1977. É diplomada en Maxisterio pola Universidade da Coruña e Licenciada en Xeografía e Historia pola U.N.E.D.. Actualmente imparte clases de Xeografía e Historia a nivel de Secundaria e Bacharelato.
Aínda que xa hai moito camiño andado, gustaríame axudar tanto na Historia de Galiza como na Historia de España ou Historia Universal. Tamén me gustaría participar no campo da Arte, facendo fincapé en artistas galegos como Luís Seoane, Carlos Maside, Maruja Mallo ou Laxe.