Víctor García Casares
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1860 Monforte de Lemos, España |
Morte | 18 de setembro de 1889 (29 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Víctor García de Casares, nado en Monforte de Lemos o 25 de xaneiro de 1850 e finado en Limonar (Cuba) 18 de setembro de 1889, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu os periódicos de Monforte El Cabe e El Valle de Lemos. Escribiu o poema El bosque de la muerte editado en 1881. Como director de El Cabe foi denunciado en 1884. Perseguido pola súa ideoloxía republicana, viuse obrigado a emigrar a Cuba en 1887, onde colaborou no Diario de la Marina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Deputación Provincial, ed. Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo. p. 117. ISBN 84-8192-024-X.
- "GARCÍA CASARES, Víctor, artigo na Gran Enciclopedia Gallega.