Valentín Puga Franco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 A Guarda, España |
Morte | 25 de marzo de 1963 (74/75 anos) Baiona, España |
Alcalde de Baiona | |
1931 – 1932 – Vicente González Cadilla → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Valentín Puga Franco, nado na Guarda cara a 1888 e finado en Sabarís (Baiona) o 25 de marzo de 1963, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Propietario dunha fábrica de conservas e salgazón en Vigo, trasladouna nos anos vinte a terreos próximos á praia de Santa María de Baiona.[1] Na Segunda República e logo da anulación das eleccións municipais de Baiona, foi nomeado presidente da comisión xestora de Baiona polo delegado do gobernador civil en abril de 1931.[2]
Asociado con Manuel Godoy Agrelo, dono da antigua fábrica de conservas de Julián Revollar, iniciaron unha nova fábrica en 1938 que se inaugurou o 9 de agosto de 1939 co nome de Puga & Godoy. Cara a 1938 construíu un pequeno peirao para mellorar a loxística da fábrica.[3] A conserveira chegou a contar cun centenar de empregados. Dedicouse principalmente á sardiña en aceite, pero tamén ao xurelo, agulla e ata lamprea.
Finou en Sabarís o 25 de marzo de 1963 aos 74 anos.[4] Logo da súa morte a fábrica esmoreceu ata a súa desaparición en 1975.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Florinda de la Peña Pacheco e foi pai de Valentín, Manuel, María del Carmen, Celia, Alejandro, María del Rosario (que casou con Andrés Barros Dacosta), José Benito e Rocío Puga de la Peña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Madrid, 2-4-1927
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-4-1931, p. 8.
- ↑ BOE, 28-5-1939
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-3-1963, p. 9.
- ↑ Zullo, Letizia; Imperadore, Pamela (2019). Regeneration and Healing. Cham: Springer International Publishing. pp. 193–199. ISBN 978-3-030-11329-2.
Predecesor: José Pereira Domínguez |
Alcalde de Baiona 1931 - 1932 |
Sucesor: Vicente González Cadilla |