Valvomo
Valvomo | |
---|---|
Valvomo no Provinssirock de 2006. | |
Orixe | Helsinqui, Finlandia |
Período | 2005-2008 |
Xénero(s) | pop, rock, ska, reggae |
Selo(s) discográfico(s) | Mercury Records, 2006-2008 Universal Music Group, 2006-2008 |
Membros | Setä, voz Teiska, guitarra Ville, batería Markiisi, baixo |
Na rede | |
http://www.valvomo.tv/ | |
Valvomo foi unha banda finlandesa de Helsinqui e Espoo. A banda é especialmente coñecida pola súa canción de 2006 "Mikä kesä?", que se converteu nun éxito do verán e permaneceu no alto da lista oficial de singles de Finlandia durante sete semanas.[1][2]
Orixinalmente a banda fundouse para tocar synthpop, mais o estilo axiña mudou a unha música rítmica bailable, na que tamén había influencias do ska. Valvomo aspirou tamén a ser unha banda política. Un exemplo disto é entre outros o tema ”Ensimmäinen kaiken ottaa” que se escoitou moito na radio.[3]
Algúns membros da banda actuaron baixo nomes artísticos, por exemplo o baixista Markiisi, tamén coñecido como Markus Lindén é coñecido tamén como ilustrador independente e ten feito xunto con Teiska, de nome real Jaakko Teittinen, a serie de libros de Pentti Hirvonen. [4][5] Eles teñen antecedentes nalgunhas formacións anteriores.[6][7]. Setä, nome co que era coñecido Alex Keskitalo, e Ville Sjöblom formaron parte tamén da banda de rock progresivo Overhead.[8] Keskitalo foi cantante e frautista da banda dende o ano 2000.[2][9].
Keskitalo traballa como programador nun despacho de avogados e fai música para o caixón do seu escritorio para o seu propio pracer.[2] É frautista convidado no álbum White Mountain da banda Kiki Pau White Mountain.[10] e corista no álbum Julius Caesarin anatomia de Joose Keskitalo.[11]
Membros
[editar | editar a fonte]- Alex "Setä" Keskitalo: voz
- Jaakko "Teiska" Teittinen: guitarra
- Ville Sjöblom: batería
- Markus "Markiisi" Lindén: baixo
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Heitä ensimmäinen kivi (2006)
- Toivo (2008)
Singles
[editar | editar a fonte]- Ovi ois (2006)
- Mikä kesä? (2006)
- Ensimmäinen kaiken ottaa (promo, 2006)
- Tiistai (promo, 2007)
- Soo Soo (promo, 2008)
- Matkaan (promo, 2008)
EPs
[editar | editar a fonte]- Promo-CD (demo-EP, 2005)
- Kesä-promo (demo-EP, 2005)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mitä mieltä olet Valvomon kesähitistä Mikä kesä?". Yle.fi (en finés). 21 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Kajander, Riikka (29 de xullo de 2017). "Muistatko Mikä kesä -hitin vuodelta 2006? Tekijä ei suostu enää laulamaan biisiä kuin karaokessa". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Ottaako ensimmäinen kaiken?". Helsingin Sanomat (en finés). 3 de setembro de 2006. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Markus Lindén" (en finés). minervakustannus.fi. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Lindén, Markus - Kirjasampo" (en finés). kirjasampo.fi. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Markus Lindén" (en finés). Discogs. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Jaakko Teittinen" (en finés). Discogs. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Entrevista a Overhead" (en finés). Imperiumi.net. 2 de febreiro de 2009. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "OVERHEAD: ZUMANTHUM" (en finés). Palasokeri.com. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Kiki Pau - White Mountain" (en finés). Discogs. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Keskitalo, Joose : Julius Caesarin anatomia" (en finés). levykauppax.fi. Consultado o 8 de xullo de 2022.