Saltar ao contido

Wáter-polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vaterpolo»)
Partido de wáter-polo Grecia vs Hungría.

O wáter-polo[1], tamén chamado polo acuático[Cómpre referencia], é un deporte que se practica nunha piscina onde se enfrontan dous equipos. O obxectivo do xogo é marcar o maior número de goles na portería do equipo contrario.

O campo de xogo e un rectángulo de 30 por 20 metros e as porterías son de 90 cm de alto e 3 metros de longo.

Os equipos contan con seis xogadores máis un porteiro. Diferéncianse pola cor do gorro de natación, que pode ser azul ou branca, exceptuando a dos porteiros que sempre son vermellas.

O precursor do wáter-polo podémolo atopar na Roma Antiga[2], sendo un deporte moi popular entre os lexionarios e persoeiros destacados do imperio. Este xogo era practicado nas piscinas das termas e fíxose moi popular en todo o territorio do Imperio Romano.

Houbo que agardar ata o ano 1869 para ver aos membros do club británico de natación de Bournemouth practicar un deporte cuxas regras se asemellan moito ás do wáter-polo moderno. As primeiras normas foron ditadas no 1870 polo club de natación londiniense, e o primeiro partido entre clubs disputouse en 1874 na mesma cidade. Así, o Reino Unido, e máis concretamente Londres convertíase no berce deste deporte. O primeiro partido internacional de polo acuático disputouse en 1888 e enfrontou ás seleccións de Inglaterra e Escocia. O primeiro campionato de wáter-polo, tamén disputado en Inglaterra, fíxose no ano 1890

Unha versión americana do xogo desenvolveuse a partir de 1897, sendo un xogo máis violento que o seu homólogo británico. Así, os americanos practicaban o softball. Internacionalmente, tódolos países, incluído os de América, acolléronse ás regras británicas dende 1914

O wáter-polo é un deporte olímpico dende o ano 1900 e en 1911 pasa a ser regulado pola FINA. O primeiro campionato do mundo celebrouse en 1913. Os británicos dominaron o palmarés ata os vinte. Francia, Bélxica, Suecia, Hungría e Alemaña rivalizaron dende entón a selección anglosaxoa. Trala segunda guerra mundial, países coma Serbia, Italia, Rusia ou España viñeron acadando a elite mundial.

O deporte evolucionou baixo o impulso dos húngaros, onde o wáter-polo fíxose extremadamente popular. Dende 1928, o adestrador Bela Komjadi cambiou e innovou en numerosas tácticas e estratexias, así como inventou o pase sueco, un dos tipos de pase máis empregados na actualidade pola súa rapidez de pase.

Wáter-polistas de sona

[editar | editar a fonte]
O wáter-polo é un deporte olímpico.

No cometido de introduci-lo balón na portería contraria soamente se pode conducir este cunha man ou con calquera outra parte do corpo (sexa pés, cabeza...) pero nunca se pode asir o balón coas dúas mans, e tampouco está permitido golpear o balón co puño pechado. Todas estas regras non afectan ao gardameta, que pode facer ámbalas dúas accións anteriores.

Un equipo completo é formado por 13 xogadores, dos cales 6 permanecen no banco e 7 na piscina de xogo. Un suplente pode entrar no campo cando a seu equipo ten a posesión do balón e debe facelo sempre a través da zona de expulsión. Se o xogo está parado, poderá entrar por calquera lado da piscina. O gardameta sempre porta o gorro co dorsal número 1, normalmente de cor vermella. Os demais xogadores levan números do 2 ao 13, sendo brancos se xogan como locais ou azuis se o fan coma visitantes.

Desenvolvemento do partido

[editar | editar a fonte]

Un partido divídese en catro tempos de 20 min. Estes períodos entre tempo e tempo son separados por cinco minutos de transición ou descanso, agás entre o segundo e o terceiro, que pasa a ser cinco minutos. Ademais, cada equipo ten o dereito de pedir tres tempos mortos cando este se atopa en posesión do balón, é dicir, cando este está en disposición de atacar.

Regra dos 30 segundos

[editar | editar a fonte]

Cada equipo conta con 30 segundos de xogo efectivo para efectuar o seu ataque. No caso de que ao finalizaren eses trinta segundos o mesmo equipo continúe coa posesión, o balón pasará a estar en posesión do equipo contrario. Esta regra é a mesma empregada noutros deportes coma o baloncesto. No caso de que nun ataque o equipo efectúe un lanzamento ou o balón vaia a córner, o tempo de 30 segundos reiniciarase.

Área de xogo

[editar | editar a fonte]
Campo de wáter-polo, coas súas delimitacións.

O tamaño do campo é de 30 metros por 20 metros para os partidos masculinos e de 20 metros por 25 metros para os partidos de wáter-polo femininos. Ademais existen outras delimitacións a ter en conta:

  • Unha liña vermella, chamada 2 metros. Nin o atacante nin o defensor poden penetrar nesa zona de dous metros, a non ser que estean en posesión do balón. Se o atacante incumpre esta norma o balón estará en posesión do equipo contrario, mais se é o defensor quen incumpre a regra, o seu equipo será castigado con penalti.
  • Unha liña amarela, chamada 5 metros. Esa é a zona dende onde se lanzan os penaltis.
  • Unha liña branca. É o medio do campo. O balón é lanzado aí ao comezo do partido, e cando un equipo marca gol, o outro debe sacar dende esa liña.

Existen faltas simples e expulsións temporais. As segundas duran o tempo que o equipo contrario tarde en atacar. Despois volve á piscina e pode continuar xogando. Cando un xogador recibe tres expulsións temporais recibe unha tarxeta vermella e ten que abandonar o campo polo que queda de partido. Tamén, como noutros deportes de equipo, existen faltas de máximo castigo coñecidas como 7 metros, ou penalti. Non está permitido facer pé na piscina ou agarrarse nos bordos, polo que o converte nun deporte moi duro. Tampouco está permitido afundir o balón.

O partido regúlano dous árbitros, un en cada extremo da piscina.

Tácticas e posicións

[editar | editar a fonte]

Posicións

[editar | editar a fonte]
Partido de wáter-polo en Xaén.

As posicións na terreo de xogo no wáter-polo son:

  • Un porteiro: A súa función é a de calquera porteiro en calquera deporte, a de evitar na maior medida posible que lle marquen tantos. Tamén ten a función de organizar a defensa e de dirixir os contraataques. Entre as súas vantaxes atópase o dereito a asir o balón coas dúas mans. Non se lle está permitido porén afundir o balón ou agarrarse aos postes para parar o disparo dun contrincante.
  • Un stopper ou central: É o director do xogo en ataque xa que é o encargado, xunto cos laterais de subir o balón. En ataque a súa función e similar as dos laterais, lanzar dende o exterior e mover o esférico. A maioría do tempo de posesión recae neste xogador, que é o que se sitúa no centro e situándose como xogador máis afastado da portería.
  • Dous laterais: Xogan exteriormente e ás veces fan función de stopper. Normalmente nos laterais recae a responsabilidade do disparo. Sitúanse un a cada costado do stopper.
  • Dous extremos: Son os encargados das bandas, teñen un percorrido na piscina longuísimo e adoitan ser os que máis nadan sobre todo nos contraataques. Ás veces intercambian o seu posto cos laterais.
  • Un boia: O xogador máis próximo á portería rival. É un dous xogadores máis ofensivos e adoita ter que contender contra moitos defensores.

Tácticas

[editar | editar a fonte]

Os xogadores de wáter-polo teñen dúas tácticas básicas, ataque e defensa. Existen múltiples combinacións en cada unha delas. Neste xogo o máis importante e saber levar a cabo as superioridades ou inferioridades numéricas, por exemplo cando expulsan a un xogador

Tradicionalmente os xogadores sitúanse en arco ao redor da portería contraria a unha distancia aproximada de sete metros. O boia (tamén chamado central, pivote o avant-piquet) sitúase no centro do ataque e a unha distancia duns dous ou tres metros da portería contraria.

Esta configuración pode variar en función das necesidades tácticas, así como pode haber un intercambio de posicións entre os xogadores durante o ataque. Cando un defensor é expulsado e o equipo atacante dispón dun xogador máis, a disposición cambia. Existen varias xogadas para aproveitar esa superioridade, sendo as máis estendidas o "4-2" e o "3-3", onde o segundo díxito indica o número de xogadores que se sitúan na liña de dous metros, e o primeiro o número de xogadores que se sitúan nunha liña algo máis afastada, a uns cinco ou seis metros

As posicións da defensa son as mesmas que as dos atacantes, existindo multitude de posibilidades tácticas, como defensa individual, zona presionante, zonas por algunha posición onde o rival sexa máis débil, defensa dobre do boia ou zona "m". A defensa en inferioridade numérica adoita adaptarse ao ataque que decida o equipo contrario, sendo o habitual ou ben defensas baseadas no bloqueo de brazos, onde a idea é impedir que o atacante vexa con claridade a portería, ou ben defensas rápidas tratando de dificultar a circulación do balón.

Tipos de pase

[editar | editar a fonte]

Pasar o balón dun compañeiro ao outro até chegar á portería contraría é a esencia de case que tódolos xogos de balón con portería. No deporte do wáter-polo hai varias formas de pasar o balón.

  • Pase de fronte: Xogador na posición básica, co balón controlado, xírase cara ao lugar onde quere dirixir o tiro, o brazo lanzador trala testa e efectúa o lanzamento mediante a progresiva extensión do brazo, antebrazo e man.
  • Pase de revés: Serve para pasar o balón a un obxectivo que se atope tras do lanzador, tendo que coller balón pola parte de arriba, igual có pase sueco, o balón lánzase coa extensión do brazo cara a atrás.
  • Pase sueco: Cóllese o balón pola súa parte superior ou inferior e efectúase unha pronación da man para que o lombo quede cara ao xogador que recibirá o pase, lánzase mediante a extensión do brazo.
  • Pase por palmeo: A diferenza do resto dos pases, neste só acompaña ao balón na dirección desexada. Non o para nin o recibe, só cun lixeiro contacto axuda a dirixilo cara a outro xogador ou cara á portería.
  • Pase rectificado: Acción de transmitir o balón cara a un compañeiro, en acción dinámica de nado ofensivo, mediante finta estática e torsión do tronco cun salto lateral cara ó lado contrario da súa man destra. A man de agarre do balón diríxese cara ao ombro contrario, que xunto ao salto lateral e torsión realizados, están en disposición de proxectar o balón ao seu destino que, xeralmente, é o xogador en posición de ataque de boia.

Competicións internacionais ao nivel de nacións

[editar | editar a fonte]

Xogos olímpicos

[editar | editar a fonte]
Medallas olímpicas, categoría masculina wáter-polo
Ano Ouro Prata Bronce
1900 París Reino Unido Reino Unido Bélxica Bélxica Francia
1908 Londres Reino Unido Reino Unido Bélxica Bélxica Suecia Suecia
1912 Estocolmo Reino Unido Reino Unido Suecia Suecia Bélxica Bélxica
1920 Antuerpen Reino Unido Reino Unido Bélxica Bélxica Suecia Suecia
1924 París Francia Bélxica Bélxica Estados Unidos de América Estados Unidos
1928 Ámsterdam Alemaña Alemaña Hungría Francia
1932 Los Ángeles Hungría Alemaña Alemaña Estados Unidos de América Estados Unidos
1936 Berlín Hungría Alemaña Bélxica Bélxica
1948 Londres Italia Italia Hungría Países Baixos Países Baixos
1952 Helsinqui Hungría Iugoslavia Iugoslavia Italia Italia
1956 Melbourne Hungría Iugoslavia Iugoslavia Unión Soviética Unión Soviética
1960 Roma Italia Italia Unión Soviética Unión Soviética Hungría Hungría
1964 Toquio Hungría Hungría Iugoslavia Iugoslavia Unión Soviética Unión Soviética
1968 México D.F. Iugoslavia Iugoslavia Unión Soviética Unión Soviética Hungría Hungría
1972 Múnic Unión Soviética Unión Soviética Hungría Hungría Estados Unidos de América Estados Unidos
1976 Montreal Hungría Hungría Italia Italia Países Baixos Países Baixos
1980 Moscova Unión Soviética Unión Soviética Iugoslavia Iugoslavia Hungría Hungría
1984 Los Ángeles Iugoslavia Iugoslavia Estados Unidos de América Estados Unidos Alemaña Alemaña
1988 Seul Iugoslavia Iugoslavia Estados Unidos de América Estados Unidos Unión Soviética Unión Soviética
1992 Barcelona Italia Italia España España Equipo Unificado
1996 Atlanta España España Croacia Croacia Italia Italia
2000 Sydney Hungría Hungría Rusia Rusia Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro
2004 Atenas Hungría Hungría Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro Rusia Rusia
2008 Pekín Hungría Hungría Estados Unidos de América Estados Unidos Serbia Serbia
2012 Londres Croacia Croacia Italia Italia Serbia Serbia
Medallas olímpicas, categoría feminina wáter-polo
Ano Ouro Prata Bronce
2000 Sydney Australia Australia Estados Unidos de América Estados Unidos Rusia Rusia
2004 Atenas Italia Italia Grecia Grecia Estados Unidos de América Estados Unidos
2008 Pekín Países Baixos Países Baixos Estados Unidos de América Estados Unidos Australia Australia
2012 Londres Estados Unidos de América Estados Unidos España España Australia Australia

Liga Mundial de Nacións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Liga Mundial de Wáter-polo.

Competicións nacionais ao nivel de clubs

[editar | editar a fonte]

Liga Española de Wáter-polo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Liga Española de Wáter-polo.

En España existe unha División de Honra, na que están integrados equipos coma o Club Natació Barcelona ou o Real Canoe N.C. e tódolos demais clubs compoñentes da Asociación Española de Clubs de Waterpolo. Existe ademais unha categoría B, a Primeira División.

Unha das maiores figuras do wáter-polo español e internacional, que conta con numerosos éxitos, como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona e de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta, foi Manuel Estiarte.

Liga Galega de Wáter-polo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Liga Galega de Wáter-polo.

Galiza conta actualmente cunha federación (FEGAN) e unha liga profesional formada por oito equipos divididos en dous grupos, dos que posteriormente se disputa uns play-offs polo título.

Os equipos absolutos galegos son:

Balón de wáter-polo

Actualmente á Liga Galega asociouse un equipo asturiano, o CN Avilés, e participa na competición, en detrimento do desaparecido club de Monforte de Lemos.

Outras competicións

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para wáter-polo.
  2. A enciclopedia dos deportes, Poznan 2003, edición francesa, Grund, 2005, px. 551

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]