Saltar ao contido

Venancio Fortunato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVenancio Fortunato

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Venantius Fortunatus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Venantius Honorius Clementianus Fortunatus Editar o valor en Wikidata
década de 530 Editar o valor en Wikidata
Valdobbiadene, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte609 Editar o valor en Wikidata (69/79 anos)
Poitiers, Francia Editar o valor en Wikidata
Bispo de Poitiers
599 –
← Hilario de PoitiersGilbert → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhaxiógrafo, escritor, poeta, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlta Idade Media Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de decembro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Granat
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX931334 Musicbrainz: a7f083e4-5036-4a52-a9a5-5f8bffe6855d Discogs: 1058938 IMSLP: Category:Fortunatus,_Venantius_Honorius_Clementianus Editar o valor en Wikidata

San Venancio Fortunato ou Venantius Honorius Clementianus Fortunatus, nado en Valdobbiadene, cerca de Treviso (Italia) circa 530 e finado en Poitiers (Francia) circa 600/609, foi poeta e compositor de himnos e bispo de Poitiers. Foi chamado o «derradeiro poeta romano» (F. Leo) da Antigüidade tardía, mais tamén é considerado o primeiro poeta medieval.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Venance Fortunat naceu no norte de Italia, nalgún lugar entre Valdobbiadene, Ceneda, e Treviso. Creceu durante a reconquista Bizantina da Italia e foi educado en Rávena. Os seus traballos posteriores mostran familiaridade con poetas clásicos como Virxilio, Horacio, Ovidio, Publio Estacio, e Marcial, mais tamén con poetas cristiáns, incluíndo Arator, Claudiano, e Sedulio.

Fortunato eventualmente migrou por Alemaña ata a Galia a mediados de 560, probabelmente coa intención de converterse en poeta na corte Merovinxia. Circunstancias políticas impediron a súa carreira na corte, polo que Fortunat recibiu o patrocinio de varias figuras relixiosas, incluíndo a San Gregorio de Tours. Converteuse en bispo de Poitiers pouco despois do ano 600. Outra teoría da súa peregrinación puido ser a de visitar en Tours a tumba de San Martiño de Tours, a quen querería agradecer a curación dunha doenza ocular. En 567 estableceuse en Poitiers, foi ordenado sacerdote e en 599 foi nomeado bispo desa cidade.

Entre os moitos elementos culturais que o cristianismo asumiu da literatura latina encóntranse os himnos. Moitos autores destacan dentro deste xénero nos primeiros séculos cristiáns: San Ambrosio é un dos máis coñecidos, Venance Fortunat pode ser considerado outro dos que dignifican este xénero. De especial importancia son os seus once libros Carmina miscellanea, que conteñen himnos, elexías, encomios, epigramas, epitafios e outros textos variados.

Fortunat é máis coñecido por dous poemas que se converteron en parte da liturxia da Igrexa Católica, o Pange Lingua Gloriosi Proelium Certaminis ("Canta, o lingua, da gloriosa luta"), un himno que posteriormente inspirou o Pange Lingua Gloriosi Corporis Mysterium de Santo Tomé de Aquino, quen empregou este primeiro verso no seu coñecido himno eucarístico. Tamén escribiu Vexilla Regis prodeunt ("As bandeiras do Rei están erguidas"), que é unha canción cantada nas vésperas de Semana Santa.

Ademais dos dos Carmina coñécense o himno mariano Quem terra, pontus, aethera, tamén incluído no Breviario e un longo poema de alabanza de Santa María: In laudem sanctae Mariae.

Venance Fortunat escribiu unha obra épica en catro volumos sobre San Martiño de Tours (De virtutibus Martini Turonensis), que contribuíu grándemente a difundir a fama deste Santo, tan popular en toda Europa durante a Idade Media. Emprega como fontes os escritos de Sulpicio Severo e Paulino de Périgueux. Escribiu outras sete vidas de santos, por exemplo a de Hilario de Poitiers.

A súa Carmina miscellanea contén tamén poemas ocasionais, entre os que se encontra De navigio suo, que describe unha viaxe en barco polo río Mosela. Consérvase tamén unha elexía pola caída da casa real de Turinxia (De excidio Thoringiae).

Diferentes cartas e dous tratados en prosa completan a obra literaria que se conserva: un sobre o Nosopai, o outro —inspirado na obra de Rufino de Aquileia—, do Credo.

As súas obras son importantes no desenvolvemento da literatura latina, en boa medida por escribir nunha época na que a prosodia latina se afastaba do verso cuantitativo do latín clásico en dirección á métrica do latín medieval.

Conmemoración

[editar | editar a fonte]

Fortunatus é un santo da Igrexa Católica, é conmemorado o 14 de decembro, especialmente na diocese de Poitiers e en certas igrexas do Véneto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brennan, B. “The career of Venantius Fortunatus” Traditio, Vol 41 (1985), 49-78.
  • George, J. Venantius Fortunatus: Personal and Political Poems. Liverpool: Liverpool University Press, 1995.
  • George, J. Venantius Fortunatus: A Latin Poet in Merovingian Gaul. Oxford: Clarendon Press, 1992.
  • Reydellet, M. Venance Fortunat, Poèmes, 3 vols., Collection Budé, 1994-2004.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]