Vera Poska-Grünthal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1898 ![]() Talín, Estonia ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 1986 ![]() Estocolmo, Suecia ![]() |
Educación | Universidade de Tartu ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogada ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Timotheus Grünthal ![]() |
Fillos | Tanni Kents, Ivar Grünthal ![]() |
Pai | Jaan Poska ![]() |
Irmáns | Tatjana Poska-Laaman Xenia Poska Jüri Poska ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | A Biographical Dictionary of Women's Movements and Feminisms, (p.450, 450-453) >>>:POSKA-GRÜNTHAL, Vera (Veera) (1898–1986) ![]() |
Vera Poska-Grünthal, nada o 25 de marzo de 1898 en Reval (Talín) e finada o 29 de xaneiro de 1986 en Estocolmo, foi unha avogada e xornalista estoniana. Foi unha figura do feminismo en Estonia. Participou na reforma do dereito de familia en Estonia, cofundou a International Federation of Women in Legal Careers (IFWJ) e creou a revista en estoniano Triinu en Suecia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade e formación
[editar | editar a fonte]Vera Poska naceu o 25 de marzo de 1898 en Reva, antiga Talín,[1] que daquela pertencía ao Imperio Ruso.[2] Era a máis nova de nove fillos dunha familia acomodada. Seu pai, Jaan Poska (1866-1920) avogado e político, fora alcalde de Talín e ministro de Asuntos Exteriores de Estonia, e súa nai era Constance Ekström (1870-1926). A familia é de relixión ortodoxa.
Rematou a escola secundaria en 1915 en Talín e era profesora de lingua rusa e despois estudou dereito en San Petersburgo e Voronezh porque na Universidade de Tartu, as mulleres só podían matricularse por libre.[3] Cando estalou a revolución en 1917, deixou os seus estudos e regresou a Estonia. En 1919, casou co avogado e político Timotheus Grünthal (1893–1955), tamén avogado, quen máis tarde chegou a ser xuíz do Tribunal Supremo e profesor da facultade de dereito.[4] Tiveron cinco fillos.
Despois do seu casamento, a parella trasladouse a Kuressaare e en 1920 a Tartu (daquela, se denominaba: Dorpat) para que Vera puidese retoma-los seus estudos na Universidade de Tartu, onde tivo que facer exames adicionais de matemáticas porque estaba graduada nunha escola secundaria de rapazas.[5] Menciona nas súas memorias que esta inxustiza a convenceu de defender os dereitos das mulleres. Licenciouse en 1925.[3]
Avogada
[editar | editar a fonte]Unha vez conseguido o título, comezou a traballar, en 1926, como avogada na oficina de avogados da cidade de Talín, onde defendía, principalmente, a mulleres en dificultades e en cuestións como as pensións alimenticias, divorcio e as herdanzas.[5] Descubriu as inxustizas do dereito privado báltico cara ás mulleres e deuse conta de que as mulleres debían elas mesmas muda-las lesi porque os homes non renunciarían voluntariamente aos seus privilexios.
En 1929, a familia regresou a Tartu, onde abriu un bufete de avogados coa súa colega avogada Olinde Ilusa. Foi asesora xurídica da Asociación de Mulleres de Tartu ata 1939. Converteuse en avogada xurada do Colexio de Avogados de Estonia.[6]
Traballo feminista
[editar | editar a fonte]Vera Poska-Grünthal participou no primeiro congreso de traballo social en París en 1928 como delegada da Eesti Naisorganisatsioonide Liit (Federación de Asociacións de Mulleres Estonias). Alí fundou a International Federation of Women in Legal Careers (FIFCJ) con Clara Campoamor (España), Marcelle Kraemer-Bach (Francia), Agathe Dyvrande-Thévenin (Francia) e Margarete Berent (Alemaña). A FIFCJ tiña como obxectivo mellorar a condición de mulleres e nenos a través de medios legais. Ao ano seguinte, a asociación celebrou o seu primeiro congreso en París con avogados de 18 países.[7]
A Vera Poska-Grünthal interesáballe especialmente o dereito de familia, o dereito de protección social e o dereito de protección da xuventude, que trataba a diario no seu traballo.[7] O dereito privado báltico era moi conservador nestas áreas. En 1928, como representante da Asociación de Mulleres Universitarias de Estonia, Vera Poska-Grünthal participou nas reunións dos redactores do borrador do Código Civil do primeiro período de independencia e posteriormente, xunto con outros dous avogados, preparou un proxecto de lei para reformar o dereito de familia en Estonia.[8]
En Tartu, onde o seu marido daba clases, Vera Poska-Grünthal fundou e dirixiu unha biblioteca feminista en colaboración coa Asociación Estonia de Mulleres Académicas (EANÜ). Tamén participou na fundación da Tartu Soroptimistide Ühing (Asociación de Soroptimistas de Tartu), da Ühing Kodu ja Koo (Asociación de Fogar e Escola) en 1931 e da Tartu Emadekaiste Ühing (Asociación de Recuperación Materna) en 1939.
En 1936, Vera Poska-Grünthal publicou o seu primeiro libro Naine ja naisliikumine. Peajooni naisliikumise ajaloost ja probleemistikust (en galego: As mulleres e o movemento de mulleres. Visións sobre a historia e os problemas do movemento de mulleres). Esta foi a primeira obra deste tipo en Estonia. Ofrecía unha visión xeral da condición da muller na historia e nos tempos modernos, incluíndo aspectos psicolóxicos, sociolóxicos e legais.
Ensinanza
[editar | editar a fonte]En 1939, Vera Poska-Grünthal foi a primeira muller en defender a súa tese do mestrado na Facultade de Dereito da Universidade de Tartu.[1] A súa tese levaba por título “Protección xurídica da xuventude en materia laboral” e criticaba duramente a situación xurídica daquela época.[9] Logo impartiu un curso de dereito do benestar social e converteuse na primeira profesora da Facultade de Dereito da Universidade de Tartu[10][11] e a única muller que deu clase antes da Segunda Guerra mundial.[12] Grazas a unha bolsa, traballou na Sorbona de París, de marzo de 1939 a febreiro de 1940, na súa tese de doutoramento sobre a Protección Criminal da Xuventude. A tese rematouse en 1941, pero non foi defendida.
Xa coa ocupación soviética, en xaneiro de 1941, foi nomeada profesora da Cátedra de Dereito Civil e Agrario nunha reunión da Facultade de Dereito.[13] Mais, ao final do primeiro ano de ocupación soviética, en xuño de 1941, máis de dez mil estonianos, entre eles varios avogados, foron deportados a Siberia, entre eles membros do persoal e estudantes das facultades de dereito.[14] A piques de remata-la guerra, antes do retorno dos soviéticos, en 1944, Vera Poska-Grünthali e a súa familia puideron fuxir a Estocolmo, Suecia. A súa carreira académica e investigación remataron bruscamente.[15]
Estocolmo e Canadá
[editar | editar a fonte]En Estocolmo, comezou a traballar como xornalista no exilio e mantivo unha grande actividade. En 1952, fundou aló a revista feminina en estoniano Triinu, que editou de 1952 a 1981. A redacción da revista foi trasladada a Toronto en 1954 e Triinu converteuse no órgano dos Toronto Eesti Naisselts (eksiilis). A súa filla Tanni Kents asumiu a dirección editorial ata que se suspendeu no inverno de 1995. Este mesmo ano morreu o seu marido, e dous anos despois, en 1957, marchou a Canadá onde residía a súa filla.[15]
En 1960, Vera Poska-Grünthal regresou a Suecia. Publicou o libro Jaan Poska tütar jutustab con recordos do seu pai e da vida na casa dos seus pais en 1969, con ilustracións do seu irmán. Outros libros autobiográficos sobre a súa vida en Estonia e no exilio foron publicados en 1975 e postumamente en 1985.[8]
Vera Poska-Grünthal morreu o 29 de xaneiro de 1986 en Estocolmo. Os seus arquivos gárdanse en Estonia e nos Arquivos Nacionais de Suecia.[8][16]
Obras
[editar | editar a fonte]- 1936, Naine ja naisliikumine: peajooni naisliikumise ajaloost ja probleemistikust (A muller e o movemento das mulleres).Tarku: Eesti Kirjanduse Selts.
- 1929, Abieluseutilisé. Rootsi aieluseadus 11 juin 1920. a. Soome abieluseadus 13. juunist 1929. a. (Comparación las leis sobre matrimonio).
- 1939, Minni Kurs-Olesk. Talín: Eesti Akadeemiliste Naiste Ühing.
- 1969, Jaan Poska tütar jutustab. Mälestusi grand-mère isast oui elust vanemate kodus. (A filla de Jaan Poska conta. Lembrazas de seu pai e a vida na casa dos pais). Toronto: Ortho.
- 1975, Voir Oli Eestis 1919-1944. (Foi en Estonia. 1914-1944). Estocolmo: Välis-Eesti e EMP
- 1985, Elu jatkub võõrsil. (A vida segue no estranxeiro). Toronto: Forf.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1940, Vera Poska-Grünthal recibiu a Orde da Cruz Vermella de Estonia, de cuarta clase.[8] O 28 de marzo de 2023, con motivo do 125 aniversario do seu nacemento, a Facultade de Dereito da Universidade de Tartu e a Sociedade Educada de Estonia celebraron o Día Vera Poska-Grünthal.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ristikivi (2020), p. 141
- ↑ Rosenblad, Sven; Benito, Miguel (setembro de 1997 [actualizado en agosto de 2001]). "Vera Poska-Grünthal". immigrant.org (en estoniano). Consultado o 12 de abril de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 Ristikivi (2020), p. 134
- ↑ Ristikivi (2020), p. 142
- ↑ 5,0 5,1 Ristikivi (2020), p. 143
- ↑ Ristikivi (2020), p. 144
- ↑ 7,0 7,1 Kimble, Sara L. (23 de outubro de 2023). "Political Engagement by ‘apolitical’ Female European Lawyers: The International Federation of Women Judges and Lawyers, 1928 – 1956". Clio@Themis. Revue électronique d'histoire du droit (en inglés) (25). ISSN 2105-0929. doi:10.4000/cliothemis.4358.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Tamul (2006), pp. 450-453
- ↑ Ristikivi (2020), p. 145
- ↑ 10,0 10,1 Eesti Akadeemiline Õigusteaduse Selts (7 de marzo de 2023). "Vera Poska-Grünthali päev 28.03.2023 Tartus". oigus-selts.ee. Consultado o 13 de abril de 2025.
- ↑ Ristikivi (2020), p. 135
- ↑ Ristikivi (2020), p. 141
- ↑ Ristikivi (2020), p. 147
- ↑ Ristikivi (2020), p. 148
- ↑ 15,0 15,1 Ristikivi (2020), p. 149
- ↑ "Vera Poska Grünthals arkiv (ingår i Baltiska arkivet)". sok.riksarkivet.se (en sueco). Consultado o 13 de abril de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ristikivi, Merike (2020). Universidade de Tartu, ed. "Vera Poska-Grünthali akadeemiline karjäär Tartu Ülikooli õigusteaduskonnas" (PDF). Tartu Ülikooli ajaloo küsimusi (en estoniano) (Tartu) (XLVIII): 134–151.
- Tamul, Sirje; Daskalova, Krassimira; Loutfi, Anna (2006). "Vera Poska-Grünthal". En Haan, Francisca de; Daskalova, Krassimira; Loutfi, Anna. A Biographical Dictionary of Women's Movements and Feminisms: Central, Eastern, and South Eastern Europe, 19th and 20th Centuries (en inglés). Budapest/Nova york: Central European University Press. pp. 450–453. ISBN 978-615-5053-72-6.