Viño da Terra do Val do Miño-Ourense
Aparencia
O Viño da Terra Val do Miño-Ourense é unha indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola do val do Miño, que abrangue os concellos de: Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, Toén e San Cibrao das Viñas, situados na provincia de Ourense, Galicia.
Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2001.
Variedades de uva
[editar | editar a fonte]- Tintas: Mencía, Caiño, Mouratón, Sousón, Cabernet Franc, Garnacha Tintorera e Brancellao.
- Brancas: Palomino, Treixadura, Torrontés, Albariño, Loureiro, Riesling, Dona Branca e Godello.