Saltar ao contido

Vicente Esquerdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Esquerdo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Calp, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Valencia CF Mestalla

Instagram: esquerdo10 Editar o valor en Wikidata

Vicente Esquerdo Santas, nado en Calp o 2 de xaneiro de 1999, é un futbolista español que xoga como centrocampista na Ponferradina da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Ciudad de Benidorm, pasando máis tarde ao equipo xuvenil do Valencia. Na tempada 2018/19 foi subido ao Valencia Mestalla, da Segunda División B, onde tivo como adestrador a Miguel Grau. Debutou o 25 de agosto de 2018, substituíndo a Sito Pascual nunha vitoria por 2-0 ante o Ebro. O 24 de novembro do mesmo ano marcou o seu primeiro gol co equipo nun empate a dous goles diante do Conquense . Pechou a campaña cun total de 28 partidos co filial valenciano e 4 co xuvenil dirixido por Mista na Liga Xuvenil da UEFA.

Na tempada 2019/20 consolidouse como titular indiscutible no Valencia Mestalla, xa con Chema Sanz como técnico. En novembro comezou a ser convocado para o primeiro equipo por Albert Celades, quen xa o coñecía por telo adestrado nas categorías inferiores da selección española.[1]

Debut en Primeira División

[editar | editar a fonte]

O 30 de novembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Valencia na Primeira División, substituíndo a Coquelin nunha vitoria por 2-1 no derbi contra o Vilarreal en Mestalla.[2]

Con contrato ata o 30 de xuño de 2022, confirmouse que alternaría o filial co primeiro equipo para a tempada 2020/21, ás ordes de Javi Gracia.[3] Foi titular nas dúas primeiras xornadas de liga ante Levante e Celta de Vigo, facendo parella no medio do campo con Kondogbia, e o club renovou o seu contrato ata 2024.[4]

Sumou un total de 7 partidos co primeiro equipo durante a tempada e outros 11 co Valencia Mestalla de Óscar Fernández, co que non puido evitar o descenso a Terceira RFEF.

Cesión ao Castellón

[editar | editar a fonte]

De cara á campaña 2021/22, foi cedido ao Castellón,[5] da nova Primeira División RFEF. Participou nun total de 22 partidos co equipo dirixido por Sergi Escobar, que rematou na metade da táboa, lonxe do obxectivo do ascenso.

Regreso ao Valencia Mestalla

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2022/23 volveu á disciplina valencianista para reforzar o Valencia Mestalla de Miguel Ángel Angulo na súa nova andaina pola Segunda División RFEF. Apenas tivo participación na primeira metade do campionato, pero foi titular en todos os partidos da segunda volta e contribuíu con tres goles á clasificación do equipo para a promoción de ascenso.

Arenteiro

[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2023 rescindiu o seu contrato co Valencia e un mes despois fichou polo Arenteiro, equipo que viña de ascender á Primeira División RFEF, e a onde chegou para suplir a baixa de longa duración de Curro Rivelott.[6] O club galego completou unha destacada tempada, á que Esquerdo contribuíu cun total de 33 encontros, 31 deles como titular.[7]

Ponferradina

[editar | editar a fonte]

No verán de 2024 asinou como novo xogador da Ponferradina, seguindo ao seu adestrador no Arenteiro, Javi Rey, que leou con el tamén a Álvaro Ramón e Germán Novoa.[7]

  1. Calabuig, Pascu; Pardo, Pau (9 de setembro de 2019). "Llega Vicente Esquerdo al Valencia CF" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2024. 
  2. "El calpino Vicente Esquerdo Santas debuta en la Primera División" (en castelán). 1 de decembro de 2019. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  3. "El Valencia CF 'ficha' a Esquerdo" (en castelán). 26 de abril de 2020. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  4. García, Andrés (21 de setembro de 2020). "Esquerdo, 'fichado' hasta 2024" (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2024. 
  5. "Comunicado oficial" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  6. "El Arenteiro ficha al centrocampista Vicente Esquerdo, procedente del Valencia". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de setembro de 2023. Consultado o 4 de maio de 2024. 
  7. 7,0 7,1 "La Ponferradina apuesta por otro conocido de Javi Rey, Vicente Esquerdo, para el centro del campo" (en castelán). 5 de xullo de 2024. Consultado o 5 de xullo de 2024.