Victoria Legrand
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1981 (43 anos) París, Francia |
Educación | Vassar College (pt) escola internacional de teatro Jacques Lecoq Shipley School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2004 - |
Xénero artístico | Dream pop e indie pop |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Teclado, voz e teclado |
Sitio web | beachhousebaltimore.com |
Victoria Garance Alixe Legrand, nada en París o 28 de maio de 1981, é unha músico franco-estadounidense, coñecida sobre todo por ser a principal vocalista, compositora e teclista da banda de dream pop Beach House.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Legrand medrou en Filadelfia (Pensilvania). De nena comezou a aprender a tocar o piano, pero deixouno con 18 anos.[1] Estudou arte dramático no Vassar College.[2] Despois de graduarse no ano 2003 mudouse a París para estudar interpretación en L'École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq. Tras quedar decepcionada coa escola regresou a Filadelfia en 2004.[3]
Victoria é sobriña do compositor francés Michel Legrand e de Christiane Legrand de The Swingle Singers.[4] De adolescente formou parte dunha banda de versións de Led Zeppelin.[5]
- Artigo principal: Beach House.
No ano 2004 Legrand coñeceu ao nativo de Baltimore Alex Scally, e rapidamente formaron un dúo, Beach House.[6] Legrand adoita a mencionar como traballan organicamente xuntos, e como, en Scally, atopou a súa "alma xemelga musical".[7] Os dous levan gravados sete álbums de estudio como Beach House: Beach House (2006), Devotion (2008), Teen Dream (2010), Bloom (2012), Depression Cherry e Thank Your Lucky Stars (2015), e 7 (2018).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zaleski, Annie. "Interview: Beach House's Victoria Legrand". Riverfront Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Home - This is Vassar: The newsletter for Vassar College Alumnae/i and Families". alumsdigest.vassar.edu. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Beach House: Tidal Pull". The FADER (en inglés). Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Interview: Victoria Legrand of Beach House | The Village Voice". www.villagevoice.com. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Beach House". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-02.
- ↑ Carew, Anthony. "An Interview with Alex Scally of Beach House". LiveAbout (en inglés). Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Beach House's Victoria Legrand and Alex Scally are not a couple—so stop asking". Music. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-02.