Viva Tu (álbum de Manu Chao)
Viva Tu | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Manu Chao | ||||
Publicado | 20 de setembro de 2024 | |||
Duración | 38:25 | |||
Xénero(s) | Rock, pop latino e world music | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Viva Tu é o quinto álbum de estudo en solitario do cantautor Manu Chao, e o primeiro álbum de estudio do cantante en 17 anos dende o lanzamento de La Radiolina en 2007,[1] lanzado o 20 de setembro de 2024. As cancións están en linguas como castelán, francés, portugués e inglés.
Historia e contexto
[editar | editar a fonte]Tralo lanzamento de La Radiolina en 2007, Manu Chao enfocouse en xiras e sinxelos ocasionais, así como en colaboracións con outros artistas e proxectos sociais. En 2023, publicou "Inna Reggae Style", unha recompilación de dez cancións que lanzara anteriormente xunto a Chalart58. En 2024, Manu Chao regresou ao panorama musical co sinxelo "Viva Tu," unha rumba dedicada aos seus veciños de Barcelona, marcando o inicio dunha nova etapa na súa carreira.
Composición e produción
[editar | editar a fonte]O álbum inclúe 13 cancións inspiradas nas viaxes e experiencias cotiás de Manu Chao, cantadas en castelán, francés, portugués e inglés. O sinxelo "Viva Tu" reflicte temas de autoaceptación e simplicidade da vida cotiá.[2] "São Paulo Motoboy," o segundo sinxelo lanzado en xuño de 2024, é unha homenaxe aos repartidores de São Paulo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¡Está de regreso! Manu Chao lanzará su NUEVO álbum 'Viva Tú' luego de 17 años; te decimos cuándo escucharlo".
- ↑ "Manu Chao comparte "Viva Tu", el primer sencillo de su nuevo álbum | Radiónica". www.radionica.rocks. Consultado o 2024-07-18.