Wallmapuwen
Wallmapuwen | |
---|---|
Movemento indixenista mapuche. | |
Dirixentes e organización | |
Presidente | Eulojio Ignacio Astete Nahuelcoy |
Historia | |
Fundación | 9 de abril de 2005 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo mapuche Indixenismo Esquerda |
Outros datos | |
Sede | Carrera N° 165, Temuco |
Na rede | |
http://www.wallmapuwen.cl/ | |
Wallmapuwen[1] (que quere dicir «os integrantes do Wallmapu» en mapuche; ou tamén traducido como «compatriotas do país mapuche»)[2] é un movemento político indixenista mapuche. Con sede en Temuco, Chile, estivo constituído legalmente como partido político entre 2016 e 2017.
Historia
[editar | editar a fonte]Este partido orixinouse a partir dun núcleo fundador no mes de abril de 2005. En agosto dese mesmo ano, asinou a súa declaración de principios e en outubro realizou unha reunión para darse a coñecer publicamente. O 4 de novembro de 2006, lanzou as súas bases programáticas na cidade de Temuco, e un ano máis tarde, o 24 de novembro de 2007, nun acto público na mesma cidade, subscribiu a acta da súa inscrición perante o Servizo Electoral (Servel), constituíndose no primeiro proxecto de partido político propiamente mapuche da historia deste pobo en inscribirse legalmente. A súa inscrición foi rexeitada en seis ocasións.[3]
O 11 de xullo de 2015 foi creado oficialmente o partido, e o 30 de outubro dese mesmo ano foi declarado como «partido político en formación» polo Servel, comezando o proceso de recollida de sinatura para constituírse de maneira legal.[1] Presentaron arredor de 1 300 sinaturas o 21 de abril de 2016, e o 2 de xuño o Servizo Electoral inscribiu legalmente o partido na Rexión de Araucanía.[4] Porén, ao non ter o número mínimo de militantes, o Servel anunciou o 27 de abril de 2017 que o partido sería disolto ao non chegar ao número mínimo de militantes en tres rexións contiguas ou oito discontiguas.[5][6]
Ideoloxía e propostas
[editar | editar a fonte]Wallmapuwen ten unha ideoloxía de esquerda, democrática, nacionalista mapuche, autonomista e laica. O seu principal obxectivo é acadar, no marco dun Estado plurinacional, plurilingüístico e descentralizado en Chile, un estatuto de autonomía para a Rexión de Araucanía, máis algunhas comunas adxacentes das rexións de Biobío e de Los Ríos, a cal denominan Wallmapu (literalmente «Territorio circundante», é dicir, a área tradicional de asentamento mapuche durante os séculos XIX e XX). Deste xeito, Wallmapuwen procura centrar a vida política mapuche no seu propio territorio. Tamén busca a cooficialidade do mapuche, o principal trazo de identidade do pobo mapuche, na rexión autónoma, seguindo o exemplo das nacionalidades históricas e o modelo das comunidades autónomas en España.
Wallmapuwen estabeleceu acordos de cooperación con outras forzas políticas como Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), o Bloque Nacionalista Galego (BNG), ámbolos dous en España, e a Unión Democrática Bretoa (UDB), en Francia. Durante 2007, estabeleceu relacións coa Alianza Libre Europea (ALE), partido político con representación no Parlamento Europeo, conformado por unha trintena de partidos independentistas, autonomistas e rexionalistas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Extracto escritura de conformación partido político en formación "Wallmapuwen"". Servicio Electoral de Chile. 30 de outubro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2015.
- ↑ "Fundarán el primer partido político Mapuche en Chile". EMOL. 16 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016.
- ↑ "Wallmapuwen: a un paso de ser el primer partido político territorial del país". La Tercera. 29 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016.
- ↑ "Wallmapuwen: primer partido mapuche se constituye con reivindicación autonomista". La Tercera. 20 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016.
- ↑ "Servel disolvió seis partidos políticos por no cumplir con refichaje". Cooperativa. 27 de abril de 2017. Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ "Servel disolvió a Wallmapuwen por no lograr constituirse como un partido político". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 28 de abril de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2019.