Saltar ao contido

Wenceslao Cabezas del Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWenceslao Cabezas del Toro
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata

Wenceslao Cabezas del Toro, máis coñecido como Polo, nado no Berbés (Vigo) en 1943, é pandeireteiro galego e profesor de danza tradicional.

Formación

[editar | editar a fonte]

A súa formación no baile tradicional galego comezou en 1955 no Instituto Santa Irene de Vigo. En 1958 empezou a bailar no grupo Vento das Cíes, onde tivo como mestre o pandeireteiro de Sárdoma Xosé Iglesias Nieto, coñecido como Melitón.[1] Compatibilizou a súa inicial dedicación ao baile e a pandeireta co traballo nos Estaleiros de Santo Domingo, ata que se puido dedicar profesionalmente á docencia da danza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na danza tradicional

[editar | editar a fonte]

Formou diversos grupos de baile vinculados á Sección Femenina na bisbarra de Vigo e Tui. Entre 1969 e 1976 dirixiu o grupo folclórico Coros y Danzas de Redondela, co que acadou medalla de ouro en tres modalidades do Festival Regional Folclórico en 1973: ao mellor grupo, ao mellor grupo de gaitas e á mellor parella de baile. En 1975 o grupo gaña o campionato provincial e quedan finalistas no denominado Campeonato Nacional de Coros y Danzas.[2][3] No Fondo de Música Tradicional IMF-CSIC, dirixido por Emilio Ros-Fábregas, consérvanse algunhas gravacións do NO-DO onde se aprecian a coreografía, o vestiario e a característica maneira de tocar a pandeireta do seu director, Polo: "Panderetada" (Redondela, 1972)[4] e "Carballesa" (Redondela, 1976).[5] Entre 1970 e 1987 dirixe o grupo de baile de Baiona.[6]

En 1966 idea o Día da Muiñeira, celebración de exaltación do traxe e a danza tradicionais que reunía anualmente as agrupacións de baile da bisbarra de Vigo.[7][8] Polo explica así como artellou a idea:

Xurdiu aproximadamente no ano 1966, despois de que fixen unha viaxe a Cataluña. Decateime de que todos os domingos, nas Ramblas de Barcelona, e na Praza de Cataluña a xente reuníase e bailaba a sardana. A min pareceume unha idea excelente e que aquí poderíamos facer algo similar.[9]

Exerceu como profesor de baile en numerosos colexios. En 1979 o Concello de Vigo funda a Escola Municipal de Danza de Vigo, onde se ofrece formación en danza, canto popular e percusión tradicional, e Polo foi o seu director desde a súa creación. Diante do éxito de inscricións, Polo propón ampliar e descentralizar a escola abrindo novos lugares de formación en diversas escolas públicas da cidade. En 1982 ábrese no Seis do Nadal de Coia, Carrasqueira de Coruxo, A Dobrada no Calvario, e Santa Tegra en Teis, e no ano 1984 súmanse Pereiró, Sárdoma, San Salvador e Frian. A escola é unha das institucións que contribuíu de maneira decisiva á difusión da danza e da percusión tradicional en diversas xeracións de nenas e nenos.[10][11] Desde 1986 o grupo de baile principal da escola, dirixido por Polo, é o histórico grupo de danza O Tarabelo, que fora creado en 1939. A escola promoveu o Festival dos Reencontros, no que participa o seu antigo alumnado[12], entre os que se inclúen Xela Conde, do grupo Ávalon;[13] o percusionista e mestre de danza tradicional Alexandre Fernández Castro; o grupo de baile Asubío.[14]

Na música tradicional

[editar | editar a fonte]

Creou o grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos, que xorde na Sección Femenina. Acompaña os grupos de danza dos que Polo é director. Gravou diversos álbums de música tradicional, dándolle moita relevancia á pandeireta e o pandeiro, habitualmente a cargo de Polo, e participou en numerosos certames de música e danza.

Compartiu escenario e gravacións acompañando coa pandeireta ou o pandeiro, entre outros, co gaiteiro Ricardo Portela, a quen homenaxeou en diversas ocasións,[15][16][17][18] Carlos Núñez,[19] The Chieftains,[20] a Real Banda de Gaitas de Ourense[21], Real Coro Toxos e Flores e Coral de Ruada,[22] así como a Coral Casablanca de Vigo.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Recibiu diversos premios e recoñecementos:

  • Premio da Reconquista de Vigo, en 1993.
  • Vigués distinguido en 1993, como integrante do grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos, e mais en 2005, como director da Escola Municipal de Danza de Vigo.
  • Medalla de Galicia, da Xunta de Galicia, en 1998.[23]
  • Medalla de Honra do Gaiteiro de Soutelo, en 2003.
  • Premio César Dios “Diosiño” á música popular, da Deputación de Pontevedra, en 2011.[24]

Pai de cinco fillas e un fillo, moitos deles dedicáronse á formación musical e a danza tradicionais: Carla, Mara e Belén Cabezas na Escola Municipal de Danza de Vigo, e Hipólito Cabezas, coñecido como Polito, na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Pontevedra.

Os seus netos Álvaro e Suso Costas comezaron no grupo de gaitas do avó e logo montaron o grupo de power folk Álvaro Costas Hot Band[25] e mais The Crass, grupo revelación no Festival de Ortigueira en 2010.

Referencias

[editar | editar a fonte]

Aparece mencionado no libro de Nacho Mirás Fole, El mejor peor momento de mi vida, o cómo no rendirse antes una mala jugada del destino (Paidós, 2014).

  1. "Muere José Iglesias "Melitón", pandereteiro excepcional y vigués distinguido en 1995". Faro de Vigo. Consultado o 2018-07-09. 
  2. "Música e baile tradicional - Folk (Historia)". Anecdotario redondelán (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-09. 
  3. Faro de, Vigo. "Desde lo más alto del baile tradicional". Consultado o 2018-07-09. 
  4. "No-Do 136". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. 
  5. "No-Do 206". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. 
  6. "Por la BAIONA de ANTES - issuu". Issuu (en inglés). Consultado o 2018-07-09. 
  7. "Xornal Vigo: O Día da muiñeira congregará 2.600 participantes na rúa Venezuela". xornal.vigo.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-09. 
  8. Europa Press. "220 grupos participarán en el Día de Muiñeira". Faro de Vigo. Consultado o 2018-08-27. 
  9. "«Ó meu pai non lle gustaba a miña dedicación ó baile»". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-08-22. Consultado o 2018-07-10. 
  10. Atlántico. "Wenceslao Cabezas: Más de medio siglo dedicado al folclore". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-07-09. 
  11. "Facendo Historia - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-09. 
  12. "A Escola Municipal de Danza organiza hoxe o Festival dos Reencontros no auditorio". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-04-29. Consultado o 2018-07-09. 
  13. "Xela". www.movidagalega.com. Consultado o 2018-08-27. 
  14. "Quén somos. Asociación Folclórica Cultural Asubío". asubio.org. Consultado o 2018-08-27. 
  15. Galiza, Sermos. "Honor ao mestre gaiteiro". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-09. 
  16. Participou no dobre CD con libro, titulado Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre (Cumio, 2008). O traballo recolle pezas do repertorio de Ricardo Portela interpretadas por Óscar Ibáñez, Antón Corral, Os Alegres, Anxo Pintos, Juanjo Fernández, Iván Costa ou Patrick Molard, entre outros. E fragmentos de conversas con amigos e compañeiros de Portela como Melitón, Amando Fontán, Maximino Souto e o propio Wenceslao Cabezas del Toro.
  17. "Fotografías da gravación “Aires de Pontevedra”". Rubén Troitiño. 2017-06-06. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 2018-08-27. 
  18. "Oscar Ibáñez & Tribo". Flickr (en castelán). 2018-01-21. Consultado o 2018-08-27. 
  19. "CONCIERTO DE CARLOS EN PONTEVEDRA". Carlos Núñez (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2018-07-09. 
  20. "The Chieftains - Santiago". Discogs (en castelán). Consultado o 2018-07-09. 
  21. Coral de Ruada. "2003 - 2005: Dirección de JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-10. 
  22. "2003 - 2005: Dirección de JUAN JOSÉ RUMBAO REQUEJO". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-08-27. 
  23. "Resolución, del DOG nº 108 de 08/06/1998 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2018-07-10. 
  24. deputacion@depontevedra.es. "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". www.depontevedra.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-10. 
  25. "«Rocky» suena a gaita con Álvaro Costas & Hot Band". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-04-18. Consultado o 2018-07-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Gravacións

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]