Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 6
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 |
---|
Categorización dos artigos que dan nome a categorías
[editar a fonte]Podería alguén dicirme se hai ou non algunha política respecto da categorización de artigos coma Música ou Danza, que dan nome a categorías? É que tiven este problema ao ter que seleccionar unha categoría para o artigo Baile (ou danza), xa que se na categoría Danza aparece un artigo chamado Danza, non sei.... paréceme raro. E logo está o tema de que nunha categoría pode sinalarse o artigo principal que lle dá nome, de xeito que teríamos tras "danzas", o título, a ligazón ao "artigo principal", e a ligazón ao propio artigo por estar dentro da categoría que leva o seu nome.
Eu penso que tería máis sentido que os artigos que den nome a unha categoría estivesen na mesma categoría que a súa categoría (é dicir, o artigo Danza e a categoría Danza estarían na categoría Arte e Cultura. Hai algo acordado xa? --GallaecioE logo? 14:50, 21 xaneiro 2008 (UTC)
- Ata o de agora faise así: o artigo que da nome á categoría ten que estar categorizado na inmediatamente superior á que da nome. Na que da nome debe aparecer como "Artigo principal". Exemplo: Na Categoría:Fútbol ten que ir o modelo {{Artigo principal}}, e o artigo Fútbol ten que ter a Categoría:Deportes. --☣Banjo tell me 16:01, 21 xaneiro 2008 (UTC)
- Banjo, polo que vexo non "se fai" así aínda que quizais "debería facerse". Velaí uns poucos exemplos:
- Ovella está categorizado como Ovellas e Mamíferos (algo redundante)
- Vaca, como Vacas
- Aves como Aves
- Mamífero como Mamíferos
- Cruceiro como Cruceiros
- Premios Nobel como Premio Nobel
- Arquitectura, Pintura, Literatura, como Arquitectura, Pintura, Literatura, respectivamente
- Medicina como Medicina
- Televisión como Televisión (e mais Electrodomésticos e mais Electrónica de consumo)
- Wikipedia como Wikipedia e como Enciclopedias (pero Galipedia, como Wikipedias por lingua)
- ¿Habería que definir mellor a política, dar exemplos, e levalo a unha páxina de axuda: "Como categorizar", por exemplo? Pedro --Lameiro (conversa) 17:11, 21 xaneiro 2008 (UTC)
- Ao mellor si que lle fai falla definir unha política concreta, tentarei revisalo se teño algo de tempo. Polo momento creo que se debería facer da forma que díxen. Grazas pola molestia de buscar os exemplos :) --☣Banjo tell me 20:14, 23 xaneiro 2008 (UTC)
Normas antimonicreques
[editar a fonte]Como sabedes, hai unhas semanas propúxose para a votación unha tradución e adaptación galega das normas da wikipedia sobre monicreques e personalidades múltiples. Aquel texto non estaba abondo consensuado e maduro, así que despois dun período de maceración, pulíronse detalles do texto e desenvolveuse o apartado relativo á creación de contas colectivas de carácter escolar.
Agora preséntase para a votación o novo texto. O obxectivo é fixar unha redacción que aclare e protexa a posición de todos: deixar unhas normas sen aprobar non significa que as normas non se apliquen, senón que se aplican ao completo arbitrio dos administradores. --Xabier Cid 12:26, 22 xaneiro 2008 (UTC)
Fusionar artigos Galiza e Galicia
[editar a fonte]Fixen esta proposta na páxina da política que habería que modificar, Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Fusionar_artigos_Galiza_e_Galicia, fai unhas semanas, pero polo de agora deron a súa opinión moi poucas persoas. Por iso deixo este aviso aquí na taberna. Saudos Miguel.lima 18:06, 3 febreiro 2008 (UTC)
- Creei a votación oficial para poder modificar a política, despois de que bastantes usuarios desen a súa opinión, e tentando que a proposta poida ser asumida por todos/as. Podedes votar en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia. Miguel.lima 16:22, 9 febreiro 2008 (UTC)
- Rematado o prazo, este foi o resultado:
Votación PECHADA: Vótase entre modificación ou mantemento da política oficial sobre Toponimia, no punto que indica que haberá dous artigos Galicia e Galiza. Proponse a fusión destes dous artigos nun novo titulado Galicia - Galiza
Período de votación: 9 de febreiro de 2008 - 1 de marzo de 2008
SI: 4 — NON: 4 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Miguel.lima 05:20, 2 marzo 2008 (UTC)
Fusionar Galicia e Galiza nun único artigo Galicia
[editar a fonte]Parece que a idea dun título dobre non tivo moito éxito, pero sobre a conveniencia de ter un único artigo si parece haber acordo, así que abro unha nova proposta, desta vez xuntando os dous artigos no titulado "Galicia". Miguel.lima 05:34, 2 marzo 2008 (UTC)
{Wikipedia/Votación|resumo=Vótase entre modificación ou mantemento da política oficial sobre Toponimia, no punto que indica que haberá dous artigos Galicia e Galiza. Proponse a fusión destes dous artigos no artigo Galicia, pasando Galiza a ser unha redirección.|2 de marzo de 2008|17 de marzo de 2008}
Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia Miguel.lima 05:34, 2 marzo 2008 (UTC)
- Rematada a votación, éste foi o resultado:
Votación PECHADA: Vótase entre modificación ou mantemento da política oficial sobre Toponimia, no punto que indica que haberá dous artigos Galicia e Galiza. Proponse a fusión destes dous artigos no artigo Galicia, pasando Galiza a ser unha redirección.
Período de votación: 2 de marzo de 2008 - 17 de marzo de 2008
SI: 13 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Seguindo este acordo, fusionei os dous artigos. Agora só existe un artigo chamado Galicia, e Galiza é unha redirección. Saudos Miguel.lima 17:55, 24 marzo 2008 (UTC)
Política para as siglas
[editar a fonte]¿Onde podo atopar a política que se segue para as siglas? O que quero saber é que se fai coas siglas que non están en galego. Por exemplo, acabo de ver un artigo SXAE (referido á SGAE), e chocoume moitísimo, nunca escoitei a ninguén decir SXAE. Miguel.lima 17:55, 2 marzo 2008 (UTC)
- Uff... vostede sempre tocando na ferida que proe, ;). Non sei se hai unha política referente a iso, pero dende logo é un tema un tanto espiñento porque a lingua case nunca se comporta dunha maneira racional e sistemática, cando menos da forma racional e sistemática que a unha enciclopedia lle gustaría. Voulle poñer unha serie de exemplos, para ver certas contradicións:
- • siglas de entidades ás que pertence Galiza que se traducen: ONU, OMS
- • siglas de entidades ás que pertence Galiza que non se traducen: FAO, UNESCO
- • acrónimos en proceso de incorporación á linguaxe coloquial que se traducen: ovni
- • acrónimos en proceso de incorporación á linguaxe coloquial que non se traducen: USB
- En realidade o criterio que está detrás diso é tan triste como evidente: tradúcese o que en español se traduce, e mantense o que en español se mantén. Ese é un criterio claro. Cachis, o problema xorde cando temos que traducir (ou non) siglas do español. E aí temos:
- • casos de entidades que non traducimos porque a tradución resulta confusa: Izquierda Unida e Esquerda Unida
- • casos de entidades que ás veces traducimos e outras non, e que cando as traducimos non sabemos a que nos referimos: UXT
- • casos de entidades que traducimos o nome, pero non a sigla: Comisións Obreiras - CC.OO. (en galego debería ser C.O.
- • casos de leis, que case sempre traducimos (LOXSE), aínda que sexa con traducións peculiares: LOHAPA
- • casos de entidades que non traducimos: Insalud
- • casos de conceptos que traducimos: IVE.
- No exemplo que nos ocupa, primeiro habería que determinar se para nós é unha sociedad ou unha sociedade. Entendemos que é unha marca dunha entidade privada, como Cooperativas Orensanas, e non a traducimos? Ou entendemos que é un organismo paragobernamental, que afecta a todos os españois e que debemos traducilo igual que traducimos Ministerio da Vivenda ou Exército do Aire? Cal é o uso que esa sociedade fai en Galiza ([1])? E noutros territorios españois ([2])? E que fan as outras wikis españolas (ca.wp)? Se solventamos estas dúbidas, que non son sinxelas, quizais poidamos pasar a debater con que siglas nos quedamos. Non me parece unha solución doada, e, en todo caso, non creo que sexa extensíbel automaticamente a todos os casos. --Xabier Cid 18:31, 2 marzo 2008 (UTC)
Xabier, seguro que non che descubro nada que non saibas, pero mellor que sobre que non que falte. Begoña González Rei publicou no 2004 unhha Ortografía da lingua galega (en Galinova) no que se para bastante neste espoñoso tema das abreviacións e abreviaturas, siglas, acrónimos e símbolos. Non teño formación para valoralo, pero podo dicirche que no Ramón Piñeiro o libro está moi ben considerado e utilizado (e quero crer que visado polo pai, dalgún xeito). ¿Que tal se nos redactas unhas normas (políticas) para ir tendo a qué aternos, con exemplos e todo iso? Anímate que ti vales. Pedro --Lameiro (conversa) 18:47, 2 marzo 2008 (UTC)
- Por el hilo se llega al ovillo, e non quería chegar ao novelo. O libro de Begoña González é, na miña opinión, moi bo. Pero non ten un respaldo normativo que poida permitirnos saír de dúbidas cando aparezan dúas fontes distintas. E o do respaldo normativo é importante en cuestións de detalles: aínda que poidamos asumir como válidos os criterios xerais, non nos valería de nada se non podemos ser consistentes nos casos concretos. Por outra parte, é un libro físico, en papel, e tampouco amplamente distribuído. E se seguimos tirando podemos dar con que o catálogo de exotopónimos do libro de Begoña González é infinitamente mellor cá trapalleirada que a Uni de Vigo ten colgada na súa web, a nosa guía de referencia, pero que é unha fonte que todos e todas podemos consultar inmediatamente. Por outra parte, e ata onde eu lembro, o libro de Begoña González non fala de criterios na súa sección de abreviaturas, senón que constata feitos, e o seu propósito non é dicir como se deben escribir as abreviaturas (que é o que nos ocupa neste momento) senón o que significan as siglas aí recollidas (ou sexa, que incluso podería traer, de ser o caso, tanto SXAE como SGAE). Non é, pois, un catálogo produtivo, senón pasivo. Creo que este tema é un dos paradoxos habituais de construír unha enciclopedia que non pode servir como fonte primaria dunha lingua que non ten fontes primarias claras. A miña opinión é que cada caso é un mundo, que actuemos como mellor creamos a partir das referencias que teñamos, e que esteamos dispostos a mover os artigos 8 veces, conforme pase o tempo e os usos sociais se vaian estabilizando ou as siglas que nos dan batalla desaparecendo. Que, no caso que nos ocupa, agardo que sexa axiña. --Xabier Cid 19:12, 2 marzo 2008 (UTC)
- Grazas pola ampla resposta, Xabier. Pois si que parece complicado regular isto, só cos exemplos que ti mostrache xa da unha idea da complexidade do asunto. O que me estou decatando é que se cadra non ten moito sentido establecer unhas reglas, pois nuns casos o pobo acolleu unhas siglas, e noutros traduciunas. Vou poñer un exemplo do meu campo: PC (Personal Computer) e SO (Sistema Operativo). Son dúas siglas do mesmo tipo (representan unha "cousa", non unha asociación, organismo, etc.), do mesmo campo (a informática), e mesmo do mesmo idioma (o inglés). Por tanto, se tivesemes unhas reglas definidas habería que aplicarlle ás dúas palabras a mesma. Pero nun caso sempre a usamos traducida (SO), e noutro sempre en inglés (PC). Aínda non vin a ninguén escribir en galego OP (ordenador persoal) ou OS (operating system). Por tanto, supoño que o mellor será usar o sentido común, e usar sempre a forma que se está a utilizar maioritariamente. O problema ben cando non está claro cal é a opción maioritaria, e conviven as dúas (UXT, UGT)..... ¿ahí que facemos? ¿sempre en galego? ¿o que decida cada editor? ¿establecemos unhas recomendacións que indiquen cando se traduce e cando non? Eu, por agora, vou tirar de sentido común, como puxen antes, e mudar SXAE por SGAE, si a ninguén lle parece mal. Sobre a política, tampouco me parece o máis urxente neste momento, pero algún día deberiamos retomalo. Miguel.lima 15:46, 24 marzo 2008 (UTC)
IP anónimas
[editar a fonte]¿O principio de que Galipedia estea aberta ás edicións de IP anónimas é algo inamobible ou pode porse en discusión? A avalancha de vandalismos e edicións chorras, que supoño sufrirán tódalas wikis, ¿non vos leva a plantearvos que a solución pase porque editen só usuarios rexistrados? ¿Que din ou pensan noutras wikis sobre este problemón? Pedro --Lameiro (conversa) 15:05, 23 abril 2008 (UTC)
- É certo que ultimamente estamos a recibir unha avalancha de vandalismos, o cal fainos perder demasiado tempo que podiamos aproveitar mellor. As edicións IP's están abertas en tódalas wikis (creo) e coido que evitalo sería non cumprir co lema de "a enciclopedia libre que todos poden editar". Mais creo lembrar que noutras wikis s teñen certas prevencións se editas como IP, como non poder gardar a edición á primeira senón que tes que visualizar a previa para logo gravar a páxina. Investigarei sobre o tema... a ver se hoxe podo. AlberteSi, digame? 15:16, 23 abril 2008 (UTC)
- A pesar dos vandalismos penso que se debe permitir que editen usuarios non rexistrados, as miñas primeiras edicións foron como IP e despois dun tempo rexistreime, se me tivera que rexistrar para facer unha primeira edición quizas nunca comenzaría a editar, non o sei. O que di Alberte é certo e non só para as IP anónimas cando me rexistrei na wiki holandesa hai uns días (para engadir unha ligazón á Galipedia) tiven que previsualizar primeiro para editar por primeira vez, non sei se iso o temos aquí pero deberiamos.--Arco de Rayne 15:22, 23 abril 2008 (UTC)
- A miña idea non era tanto comezar unha discusión senón lanzar unha idea sobre a que pensar (¿sería bo ou non? ¿máis vantaxes, máis inconvenientes? ¿existen alternativas intermedias?, etc.) O que non creo é que esixir rexistrarse sexa incompatible coa liberdade de editar, nin sería esa a única exclusión que existe para poder editar. Tampouco evitaría todo o problema, xa que calquera pode rexistrarse, facer unha falcatruada e quedarse rindo vendo como bloquean a ese usuario fantasma, porque ós 10 minutos crea outro usuario igual de fantasma. Non o evitaría, pero todo o que sexa darlle un traballiño máis a estes memos, benvido sexa. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 23 abril 2008 (UTC)
- Eu por min seguimos permitindo que calquera poida editar. Non é bó que paguen xustos por pecadores, i é un engorro que calquera persoa que pase pola Galipedia e queira editar unha tontería teña que rexistrarse. Para min crearía unha diferenciación entre "lectores" e "editores", cando o mellor que ten este proxecto é que calquera que esté lendo algo pode editalo no momento. O que si que me parece boa idea é poñer algunha limitación, como que por exemplo que teñan que usar a vista previa. Miguel.lima 08:44, 25 abril 2008 (UTC)
- Estou de acordo polo tanto con Miguel.lima e Arco de Rayne. Ós ips que editen por vez primeira ou leven poucas edicións (digamos menos de dez) habería que facerlles o da vista previa. Eu non sei facelo, pero se sirve para baixar algún tanto por cento de vandalismo está moi ben. AlberteSi, digame? 16:15, 25 abril 2008 (UTC)
- Concordo con iso de que teñan que usar a vista previa. Poderíase preguntar nalgún outro wiki onde o fagan para ver o que hai que modificar aquí. Eu supoño que será algún parámetro de MediaWiki:Common.js. --Toliño Fala aquí comigo 17:39, 25 abril 2008 (UTC)
- Concordo co tema da vista previa. --Prevertgl 14:51, 7 maio 2008 (UTC)
- Concordo igual ElviraConversa comigo 21:07, 12 maio 2008 (UTC)
- Concordo coa vista previa--Lmbuga Commons - Galipedia 21:29, 19 maio 2008 (UTC)
- Concordo coa vista previa tamñen. Máis vale tarde que nunca! --GallaecioE logo? 19:46, 4 xuño 2008 (UTC)
Parámetros
[editar a fonte]Vexo que este tema quedou algo esquecido e retómoo, pois veño de investigar e comprobei que en es.wiki puxeron estes parámetros en MediaWiki:Common.js hai pouco para previr vandalismos (aquí está a edición). Póñoo aquí por se se decide levar a cabo isto:
/** * Desactivar o botón "Gardar a páxina" aos usuarios anónimos que non usen antes o botón "Mostrar vista previa". * Copyright Marc Mongenet, 2006 (fr.wikipedia.org) * Plyd 05/2007: add "after preview" in the button to prevent misunderstanding from beginners */ function forcePreview() { if (wgUserName != null || wgAction != "edit") return; saveButton = document.getElementById("wpSave"); if (!saveButton) return; saveButton.disabled = true; saveButton.value += " (use antes a vista previa!)"; saveButton.style.fontWeight = "normal"; document.getElementById("wpPreview").style.fontWeight = "bold"; } addOnloadHook(forcePreview);
- Habería que abrir unha votación? --Toliño Fala aquí comigo 19:27, 20 maio 2008 (UTC)
- Si, eu creo que si.--Xabier Cid 19:56, 20 maio 2008 (UTC)
- Abriuse a votación en Wikipedia:Votacións/Forzar a vista previa aos enderezos IP. --Toliño Fala aquí comigo 17:33, 10 xuño 2008 (UTC)
Traducións automáticas masivas
[editar a fonte]Pódese considerar a tradución automática masiva e sen revisar unha clase de vandalismo?--Arco de Rayne 17:10, 30 abril 2008 (UTC)
- Eu borrei algúns artigos, posto que non é de recibo iso, aínda que non sexa masivo. Eses artigos quedan aí, con mil erros, ós usuarios non nos apetece corrixir artigos asi, posto que hai que botar moito tempo, e borrando non se perde nada, porque para facer o mesmo só hai que facer un par de copy/paste. Se opinades que fago mal borrándoos e que eses artigos estaban ben na Galipedia, corrixídeme, por favor. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:00, 30 abril 2008 (UTC)
- Eu estou totalmente a favor do que estás facendo, de non se facer así podería ser un convite a encher isto de artigos de ínfimo nivel.--Arco de Rayne 18:03, 30 abril 2008 (UTC)
- Penso que as traducións automáticas son impresentables. Son da opinión de que é preferible non ter un artigo, que telo dese xeito. --Furado 19:41, 7 maio 2008 (UTC)
- Estou de acordo con vós--Lmbuga Commons - Galipedia 17:57, 8 maio 2008 (UTC)
- Eu tamén concordo con todo o que comentades. Saudos Miguel.lima 15:00, 11 maio 2008 (UTC)
- Tamén concordo, utilizar os traductores automaticos é unha cousa (ainde que sexa un adiante tecnoloxíco leva moito traballo detrás) que non quita a responsabilidade do que se edita. E ainda que non sexa masiva, cando é abuso por non levar revision poís é vandalismo. ElviraConversa comigo 21:14, 12 maio 2008 (UTC)
- O mesmo digo, en particular concordo co dito por Furado: "é preferible non ter un artigo, que telo dese xeito". Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:36, 21 maio 2008 (UTC)
Non estou moi seguro de que iso se deba e se poida considerar vandalismo. É dicir, creo que se teñen que dar máis factores ao mesmo tempo pra que se considere iso vandalismo e se executen sancións de bloqueo contra o usuario. Póñovos un par de exemplos, quizais extremos, pra que vexades a diferenza do que quero dicir.
- Un usuario concreto, que entra sempre coa mesma IP, decide facer artigos das illas de Oceanía. Colle unha lista de arquipélagos, duns 600, e vai facendo, todas as noites, uns 20 por xornada. Os artigos son bastante breves, pero é que tampouco se pode dicir moito máis deles. Non presentan demasiados problemas de texto, porque son traducións automáticas que non inclúen topónimos ou antropónimos de linguas homoxéneas, así que os únicos erros aparecen polo xeito de escribir os topónimos, polo xeito de categorizar, etc. Cando se lle avisa a IP de que corrixa algúns erros máis evidentes, faino, se ben sempre quedan detalles que pasan sen corrixir, e que ficarán sen corrixir moitos meses. O nivel final dos artigos non é perfecto, pero non se diferencia moito dos artigos antigos que non foron demasiado editados, ou sexa, non está por baixo da media da Galipedia.
- Un usuario rexístrase e esa mesma xornada publica 200 artigos en tradución automática con discografía de Xosé Luís Pereiras. Como son títulos de cancións e de nomes de persoa, ademais do propio Pereiras, hai múltiples erros no texto, e levaría moito tempo corrixilos. Son artigos bastante longos, con imaxes, con ligazóns... Ademais, ese mesmo usuario tamén fixo o mesmo (rexistrarse-publicar) nas wikipedias do contorno, usando sempre tradutores automáticos, e creando artigos sobre ese músico en catalán, portugués, francés, vasco, etc. Non podemos xurar que sexa o propio José Luis Perales, pero seguramente alguén do seu club de fans si.
Entre un extremo (1) e outro (2) existen moitas diferenzas, e por suposto moitos termos medios. Eu consideraría o exemplo 2 vandalismo, pero non pola tradución automática, senón por un conxunto de factores entre os que está, iso si, a tradución automática. Se en vez de 200 artigos, p.ex., publicase 4, non creo que eu persoalmente o cualificase de vandalismo: borraría os artigos e listo. Creo que o criterio debe ser buscar un equilibrio entre o que colaboran os usuarios de boa fe e o traballo que dá conseguir que eses artigos cheguen a uns estándares mínimos de calidade. Pero cualificar de vandalismo implica aplicar unha sanción, e non creo que sexa positivo coller a política sancionadora como regra nestes casos. Iso non quere dicir que nos treme a man para borrar ou marcar como {{lixo}}, pero de aí ao vandalismo entendo que hai un treito. --Xabier Cid 18:11, 21 maio 2008 (UTC)
- Xabier.Cid, no meu sentido o que ti dis vai co dito maís arriba ElviraConversa comigo 15:54, 8 xuño 2008 (UTC)
SELECCIÓNS
[editar a fonte]En primeiro lugar dicir que non sei se o tema está adecuadamente aquí, en políticas.
Estiven a ver varios artigos sobre seleccións e todas seguen máis ou menos o mesmo patrón: Selección nacional de (deporte) de (país)
Así, temos, por exemplo, Selección nacional de fútbol de Bélxica, Selección nacional de fútbol de Galicia, Selección nacional de fútbol de Iugoslavia (non sabía que Iugoslavia fose nación), etc...
O que propoño e simplemente:
--Retirar o de nacional. Xa sabemos que nisto pode haber moitas controversias e opinións, e tampouco é algo tan importante como para que estea no título do artigo. Ademáis cáese no de Selección nacional de fútbol de Iugoslavia ou Selección nacional de Bosnia-Hercegovina, que polo que sei non son nacións, nin dende un punto de vista legal nin sociolóxico nin ncultural nin nada. Ao meu modo de ver a cousa ideal sería que os títulos fosen do estilo de: Selección de baloncesto de España
Que pensades?--Norrin_strange (Talk) 11:20, 8 maio 2008 (UTC)
- Si, o de nación é bastante complicado. Por exemplo, discrepo contigo co de que Galicia sexa unha nación e Iugoslavia non. Se cada nacionalismo fai unha nación, é evidente que Iugoslavia o era. Paréceme que a inclusión de nacional aí é nesgado e inaxeitado, e acho moi atinado mover eses artigos. --Xabier Cid 12:13, 8 maio 2008 (UTC)
bots
[editar a fonte]Temo que puiden meter a pata por non interpretar correctamente as normas de votación no caso dos bots. Non percibira que en Wikipedia:Votacións pon 7 días mínimo de votación. ¿Quere isto dicir que as votacións non se pechan ata que teñan 3 votos a favor ou en contra? Se é así actuei incorrectaente pechando as votacións de bots cando levaban máis do dobre do tempo indicado. ¿Que vos parece? ¿Volvo a abrilas? --Lmbuga Commons - Galipedia 21:01, 18 maio 2008 (UTC)
- Creo que actuaches correctamente. Eu faría o mesmo. O mínimo ponse para garantir que non se manipulan as votacións por falta de difusión da nova. Pero se durante ese tempo a comunidade non entende que ese bot sexa necesario (ou calquera outro bot) é máis ca suficiente. Se como administrador interpretas que é tempo abondo o dobre do mínimo, eu estou máis que superdeacordo. --Xabier Cid 22:18, 18 maio 2008 (UTC)
- Concordo co que fixo Lmbuga e co dito por Xabier, é conforme as regras na letra. Mais sabemos ben que andamos todos escasos de contribuir con tempo as decisios da comunidade e fomos mui poucos a expresarnos. Persoalmente pasoume iste voto sin darme conta. O bot de White cat anda traballando e parecem que traballa ben. Si por acaso vale a pena e se quer voltar a outro voto, pois concordo non me parece sen remisión. ElviraConversa comigo 17:31, 19 maio 2008 (UTC)
- Penso como Xabier. Por min non é preciso reabrilas. Miguel.lima 20:23, 19 maio 2008 (UTC)