Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 18
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 |
---|
Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política, etc.
[editar a fonte]Boas a todos. Comezo este tema para tratar de chegar a un consenso e explorar as posibilidades dunha política que recolla a categorización de persoas por etnia, por raza, por orixe; por sexo, por xénero, por orientación sexual; por relixión; por ideoloxía política; etc. Algúns antecedentes de conversas na wiki no que se tocaron temáticas semellantes:
- Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. A creación de categorías por sexo foi rexeitada. Anteriormente houbera debate en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_32#Categorización_non_sexista_e_visibilización_de_tódolos_xéneros.
- A política WP:NON indica que Categorizacións desproporcionadas. As interseccións entre categorías deben constituír un fenómeno cultural significativo. Incluír personalidades dentro de categorías de etnia, cultura ou grupo relixioso que traballe para unha determinada organización ou incluír nunha categoría os restaurantes especializados nun certo tipo de comida nunha determinada cidade pode resultar nunha categorización excesiva e completamente innecesaria.
- A conversa_categoría:Xitanos, que finalmente foi borrada segundo o consenso acadado entón. Máis sobre isto: Wikipedia:A_Taberna_(xeral)/Arquivo_9#Categoría:Xitanos
- En Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_14#Sobre_categorías,_a_propósito_de_Asasinados_polo_bando... saíron varios comentarios que teñen relación con este melón que estou a abrir, aínda que de xeito indirecto.
- A conversa Conversa categoría:Afroamericanos (Estados Unidos) que se mantivo, mais facendo unha limpa dos artigos.
- A conversa Conversa categoría:Persoeiros LGBT que se decidiu borrar.
A cuestión é determinar cando é axeitado categorizar por raza, etc. Se é que é axeitado nalgún caso. Para min, porén, penso que é básico que se hai unha categoría determinada, poden crearse outras categorías semellantes: por exemplo, se existira a categoría:Xitanos, se podería crear tamén a categoría:Brancos/caucásicos/chámalle como queiras. É dicir, no momento en que se debata isto, cómpre ter o marco completo na mente. Cómo o vedes? --Norrin (Fálame) 25 de xaneiro de 2019 ás 09:22 (UTC)
- Engado que, por exemplo, xa temos Categoría:Personalidades por etnia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 10:25 (UTC)
E eu engado outra ligazón a outro antecedente relacionado: Conversa categoría:Mulleres de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2019 ás 10:29 (UTC)
- Eu creo que unha cousa é clasificar por nacionalidades e outra distinta por razas. O da raza non ten moito sentido, penso, porque non sei como clasificar un mulato ou un fillo dun chinés e unha india; ademais, xeneticamente, tendo en conta todos os xenes, pode darse o caso que dúas persoas coa mesma cor da pel (que ao final é o carácter principal por medio do que se clasifican as razas) sexan máis diferentes entre si, que dúas persoas con cor da pel distinta. Nalgúns casos pode ser aceptable crear categorías por pobos, se estes non teñen unha nacionalidade específica, como pode ser o caso dos xitanos. En canto ás relixións, crenzas e idearios, unha persoa pode cambiar de relixión ou de ideas ao longo da súa vida; iso explícase na páxina da súa biografía e xa está, pero é problemático para encadralo nunha categoría.--Miguelferig (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 11:11 (UTC)
- Algunhas ideas
Vou engadindo algunhas ideas sobre cómo penso que habería que desenvolver a política en cuestión:
- Clasificación por ideoloxía: penso que é axeitada cando a persoa en cuestión ten un papel relevante de actuacións no campo, como teórico ou como activista. Algúns exemplos disto: Remedios Zafra debe ir clasificada como personalidade do feminismo, mais por exemplo Magda Donato (estou a falar sempre segundo o que indican os seus respectivos artigos); Mikhail Bakunin debbe ir clasificado como personalidade do anarquismo, mais por exemplo Frank_Zappa non.--Norrin (Fálame) 25 de xaneiro de 2019 ás 13:36 (UTC)
- Miguelferig, non concordo co que comentas de que unha persoa pode cambiar de X. Si, claro que pode, e cando cambie, cámbiase de categoría de X e listo, iso non é un problema, é un traballo, si, pero coma tantos outros que hai na wiki... Sobre o de clasificar as persoas por raza..., pois que xa o estamos a facer, aí están as categorías de afroamericanos, árabes e outros pobos máis minoritarios. Igual que están esas poderían estar as de asiáticos, africanos e xitanos. En es.wiki teñen es:Categoría:Gitanos e es:Categoría:Gitanas, e en en.wiki en:Category:Romani people...
- Norrin, penso, podo estar trabucado e que te entendera mal, que a túa proposta non vai dirixida a clasificar as persoas que están dentro dunha categoría X, a túa idea é limitar as clasificacións ás persoas que son relevantes dunha categoría X. Se é a segunda proposta penso que iso non precisa debate, iso xa é o que se fai nas categorías de "Personalidades de ideoloxía", das que temos centos creadas e que penso que non é necesario votar nen debater porque iso é o que xa se asume nas políticas actuais.
- O problema que vexo eu está en que "Personalidades de ideoloxía" non é o mesmo que "Personalidades que apoian ideoloxía", e esta segunda categoría é a que podería debaterse se se crea ou non. Por exemplo, "personalidades do comunismo" ou "políticos ou ideólogos do comunismo" non é o mesmo que "personalidades comunistas", e a primeira debería estar dentro da segunda. Na en.wiki teñen en:Category:Communists e logo teñen, por exemplo, en:Category:Spanish_communists na que se atopan Juan Antonio Bardem, Miguel Hernández, Jesús López Pacheco, Pablo Picasso, Francisco Rabal, etc, que non son personalidades do comunismo, son personalidades comunistas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 05:41 (UTC)
- Boas, estou poñendome ao día coas conversas históricas. Antes de tomar unha postura gustaríame saber se hai algunha forma de analisar o uso real das categorías, é dicir esta ferramenta inclúe xa a visita á paxina principal dunha categoría ou pola contra exclúe as páxinas de categorías, homónimos e redireccións? Se é así, hai algunha ferramenta aplicable semellante? Grazas! Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 16:33 (UTC)
- Non sei se é isto o que buscas Maria zaos, segundo entendo esa páxina debe dar as visitas a unha categoría, non sei se era isto o que precisabas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 00:18 (UTC)
- Boas, estou poñendome ao día coas conversas históricas. Antes de tomar unha postura gustaríame saber se hai algunha forma de analisar o uso real das categorías, é dicir esta ferramenta inclúe xa a visita á paxina principal dunha categoría ou pola contra exclúe as páxinas de categorías, homónimos e redireccións? Se é así, hai algunha ferramenta aplicable semellante? Grazas! Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 16:33 (UTC)
- Grazas, Elisardojm, non exactamente, porque non vexo que filtre por proxecto, pero atoparei algunha volta. Sobre a discusión aquí, eu suxeriría poñer unha liña separando dúas partes: entradas de persoas vivas e entradas de persoas falecidas. Igual non estou moi posta ao día, pero entendo que a asignación dunha persoa a unha categoría non precisa referencia ou cita directa. É dicir, vaise deducindo do corpo da entrada correspondente. Se polo que for ese dato relixioso, sexual, étnico, etc. non ten unha base (fonte publicada máis ou menos acreditada) a verdade é que é posible ter un problema, son datos sensibles. E aí ue o tema da idoneidade ou comodidade de termos ou non ter x categorías poida pasar a ser secundario, segundo eu o vexo. Semella algo parva a distinción, pero segundo avance o debate podería ser práctico. Un saúdo Maria zaos (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 11:13 (UTC)
- Maria zaos, que queres dicir con que "non filtra por proxecto"? Só amosa os artigos da categoría indicada na Galipedia, mira, esta é a lista de artigos da Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos) da Galipedia coas súas visitas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 12:50 (UTC)
- Quero dicir que me fiei da apariencia da ferramenta e non a probei, perdón. Grazas de novo Maria zaos (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 13:05 (UTC)
- Maria zaos, que queres dicir con que "non filtra por proxecto"? Só amosa os artigos da categoría indicada na Galipedia, mira, esta é a lista de artigos da Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos) da Galipedia coas súas visitas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 12:50 (UTC)
Maria zaos (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 21:57 (UTC)
- Sobre o da categorización por etnia, Elisardojm, xa sei que se está a facer, eis un dos motivos polo que abrín o debate. Eu persoalmente discordo con categorizar por etnia, entendo que non é relevante agás cando non quede outra: por exemplo, un xefe das guerras indias é relevante clasificalo como "xefes dos nativos americanos". Un nativo americano hoxe en día entendo que non: é irrelevante que John Smith Smithson sexa de ascendencia cherokee ou potawatomi. --Norrin (Fálame) 28 de xaneiro de 2019 ás 10:09 (UTC)
- Norrin, é igual de relevante que a categoría médico, é iso, unha simple categoría onde están todos os artigos que pertencen a ela, un caixón onde meter artigos, unha categoría non é un gueto. Eu penso que deberían desenvolverse máis as categorías e facerse de forma semellante a en.wiki, es.wiki e outras grandes wikis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 10:44 (UTC)
- Discordo absolutamente; en calquera caso, entón, se creamos unha categoría:Xitanos teremos que crear tamén unha categoría para "caucásicos" o chámalle ti como queiras. --Norrin (Fálame) 28 de xaneiro de 2019 ás 10:50 (UTC)
- En en.wiki nin es.wiki atopo esa categoría, pero si podes atopar milleiros e milleiros de categorías con outras combinacións de etnias e nacionalidades, como por exemplo, por citar unha, en:Category:Spanish people by ethnic or national origin. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 11:07 (UTC)
- Isto é un pouco pandoriano (ou pandórico), pero non me parece mal. Son inclusivista, e os conflitos puntuais resólvense puntualmente. Pero con razón hai que crear un marco común previamente. Non me parecen mal cats como Asasinados/Vitimas do bando X, por que iso é info que moita xente pode buscar ou resultarlle interesante, a min polo menos. Tampouco xitanos, cherokis ou albaneses, por etnia, raza ou nacionalidade. O que pasa é que as categorías son discretas para clasificar un mundo continuo. Bill Cosby ten a pel negra, Obama así así, pero Sade? E un mauritano/alxerino/tunisio? Megariaf é negro só porque ten barba branca? E un marroquí como Hicham El Guerrouj? Creo que neste caso xa é percepción, e a interpretación da percepción xa é subxectiva. E as veces depende da foto: onte miraba unha entrevista coa campiona do mundo de boxeo e na súa foto oficial non se parece a si mesma: pasa de china a choni (e cáeme ben). O mesmo coas etnias. Sabendo que Andalucía é o lugar de Europa onde os xitanos están máis "integrados" (espántame a expresión) ¿é xitano alguén como Camarón de la Isla? Non son políticamente correcto para evitar clasificar por raza, xénero, sexo e o que sexa, pero son consciente da súa dificultade, que a resolución desta dificultade tamén é subxectiva. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 28 de xaneiro de 2019 ás 11:19 (UTC)
- Creo que categorizar baixo raza sendo unha categoría reprobada sería un erro [1]. Lles (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 11:25 (UTC)
- O da relevancia de que John S.S. sexa cheroki ou xudío non lla dás ti, ten que darlla o lector, máis se é algo que busca e non dá atopado. No seu momento a min pareceume moi interesante, esclarecedor e polo tanto relevante es:categoría:Doctores honoris causa por la Universidad Rey Juan Carlos e es:categoría:profesores de la Universidad Rey Juan Carlos, case tanto como o artigo da URJC en si. Non se pode omitir datos por que poidan non parecer importantes. Respecto ó argumento das decisións de reprobación (onde?), revértense se así se decide. As decisións non están escritas en pedra petroglífica que teña que durar dous mil anos máis ata a época da exploración espacial. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 28 de xaneiro de 2019 ás 11:30 (UTC)
- Creo que categorizar baixo raza sendo unha categoría reprobada sería un erro [1]. Lles (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 11:25 (UTC)
- Isto é un pouco pandoriano (ou pandórico), pero non me parece mal. Son inclusivista, e os conflitos puntuais resólvense puntualmente. Pero con razón hai que crear un marco común previamente. Non me parecen mal cats como Asasinados/Vitimas do bando X, por que iso é info que moita xente pode buscar ou resultarlle interesante, a min polo menos. Tampouco xitanos, cherokis ou albaneses, por etnia, raza ou nacionalidade. O que pasa é que as categorías son discretas para clasificar un mundo continuo. Bill Cosby ten a pel negra, Obama así así, pero Sade? E un mauritano/alxerino/tunisio? Megariaf é negro só porque ten barba branca? E un marroquí como Hicham El Guerrouj? Creo que neste caso xa é percepción, e a interpretación da percepción xa é subxectiva. E as veces depende da foto: onte miraba unha entrevista coa campiona do mundo de boxeo e na súa foto oficial non se parece a si mesma: pasa de china a choni (e cáeme ben). O mesmo coas etnias. Sabendo que Andalucía é o lugar de Europa onde os xitanos están máis "integrados" (espántame a expresión) ¿é xitano alguén como Camarón de la Isla? Non son políticamente correcto para evitar clasificar por raza, xénero, sexo e o que sexa, pero son consciente da súa dificultade, que a resolución desta dificultade tamén é subxectiva. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 28 de xaneiro de 2019 ás 11:19 (UTC)
- En en.wiki nin es.wiki atopo esa categoría, pero si podes atopar milleiros e milleiros de categorías con outras combinacións de etnias e nacionalidades, como por exemplo, por citar unha, en:Category:Spanish people by ethnic or national origin. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 11:07 (UTC)
- Discordo absolutamente; en calquera caso, entón, se creamos unha categoría:Xitanos teremos que crear tamén unha categoría para "caucásicos" o chámalle ti como queiras. --Norrin (Fálame) 28 de xaneiro de 2019 ás 10:50 (UTC)
- Norrin, é igual de relevante que a categoría médico, é iso, unha simple categoría onde están todos os artigos que pertencen a ela, un caixón onde meter artigos, unha categoría non é un gueto. Eu penso que deberían desenvolverse máis as categorías e facerse de forma semellante a en.wiki, es.wiki e outras grandes wikis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 10:44 (UTC)
- Lles, non entendo o que queres dicir con que raza é unha categoría reprobada...
- Eu entendo que a clasificación debe facerse cos datos que se teñen a man, non imos poñer a Donal Trump na categoría xitanos, iso sería incorrecto e incluso vandalismo. As dúbidas que menciona Sobreira nalgúns casos quedarán sen resolver e simplemente haberá que metelos na categoría superior ou en ningunha, noutros casos haberá referencias válidas para poñer os artigos na categoría axeitada sen problema. Non pasa nada porque algún artigo non teña esas categorías, pero estaría moi ben telas e engadir nelas ós artigos que se poida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 12:45 (UTC)
- Elisardojm, eu vexo que no artigo na Galipedia de raza aínda lle dan algo de cabida a utilización esa categoría para o xénero humano [2], no artigo de raza na Wikipedia en español, que está máis desenvolvido, non [3]. Lles (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 13:21 (UTC)
- Lles, no artigo en castelán explican o que queremos falar aquí, que é a categorización por etnia, non por raza. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 17:03 (UTC)
- Elisardojm, pareceume que había unha confusión nas intervencións nas que se falaba de caucásicos non como habitantes do Cáucaso https://academia.gal/dicionario/-/termo/cauc%C3%A1sico.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Lles (conversa • contribucións) 28 de xaneiro de 2019 ás 19:58
- Ah, creo que xa te entendo, queres dicir que caucásicos sería a etnia da xente que habita o Cáucaso e non unha raza caucásica, non Lles? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 09:28 (UTC)
- Elisardojm, si, pareceume que se falaba de etnia https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/etnia co significado que se lle daba a raza e que popularmente aínda se lle dá https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/raza, mais que está cuestionado, xa que o consenso científico vai no sentido de que só existe unha raza, a humana. Lles (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 09:48 (UTC)
- Perdoade o atoallamento pero non acerto a ver exactamente cal é o problema. Seguramente débese a que seguimos a arrastrar esa vella identificación de etnia=raza. Pódese ver, mesmo na definición da Academia [4], á que, evidentemente, compriríalle unha mellor definición. Na wiki española [5] e aquí [6] coido que hai un bo desenvolvemento pois emprega etnia como sinónimo de trazos culturais, non físicos, e sería máis ou menos equivalente a "pobo" en sentido amplo e con tódalas reservas tamén co que se emprega. Por iso, nos exemplos anteriores pode ser relevante que unha persoa pertenza ao pobo ou sexa da etnia (que non raza)"cheroqui" e teña nacionalidade estadounidense. Igual que os Gipsy Kings son de etnia xitana (non raza) e nacionalidade francesa mentres Camarón tamén é xitano e tiña nacionalidade española. Poder empregar nestes exemplos por unha banda a nacionalidade e por outra a etnia penso que enriquece a nosa wiki e aporta contido. Hoxe o concepto "raza" non adoita empregrarse máis que por nostálxicos.Unha aperta.MAGHOI (conversa) 12 de maio de 2019 ás 10:09 (UTC)
- Por certo, tamén me parece interesante a diferenciación entre "comunistas" (persoas que se recoñecen nesa ideoloxía) e "Personalidades do comunismo" (que entendo como persoas relevantes dende o punto de vista de teóricos da ideoloxía ou persoas relevantes dos rexímenes comunistas).MAGHOI (conversa) 12 de maio de 2019 ás 10:12 (UTC)
- Perdoade o atoallamento pero non acerto a ver exactamente cal é o problema. Seguramente débese a que seguimos a arrastrar esa vella identificación de etnia=raza. Pódese ver, mesmo na definición da Academia [4], á que, evidentemente, compriríalle unha mellor definición. Na wiki española [5] e aquí [6] coido que hai un bo desenvolvemento pois emprega etnia como sinónimo de trazos culturais, non físicos, e sería máis ou menos equivalente a "pobo" en sentido amplo e con tódalas reservas tamén co que se emprega. Por iso, nos exemplos anteriores pode ser relevante que unha persoa pertenza ao pobo ou sexa da etnia (que non raza)"cheroqui" e teña nacionalidade estadounidense. Igual que os Gipsy Kings son de etnia xitana (non raza) e nacionalidade francesa mentres Camarón tamén é xitano e tiña nacionalidade española. Poder empregar nestes exemplos por unha banda a nacionalidade e por outra a etnia penso que enriquece a nosa wiki e aporta contido. Hoxe o concepto "raza" non adoita empregrarse máis que por nostálxicos.Unha aperta.MAGHOI (conversa) 12 de maio de 2019 ás 10:09 (UTC)
- Elisardojm, si, pareceume que se falaba de etnia https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/etnia co significado que se lle daba a raza e que popularmente aínda se lle dá https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/raza, mais que está cuestionado, xa que o consenso científico vai no sentido de que só existe unha raza, a humana. Lles (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 09:48 (UTC)
- Ah, creo que xa te entendo, queres dicir que caucásicos sería a etnia da xente que habita o Cáucaso e non unha raza caucásica, non Lles? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 09:28 (UTC)
- Elisardojm, pareceume que había unha confusión nas intervencións nas que se falaba de caucásicos non como habitantes do Cáucaso https://academia.gal/dicionario/-/termo/cauc%C3%A1sico.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Lles (conversa • contribucións) 28 de xaneiro de 2019 ás 19:58
- Lles, no artigo en castelán explican o que queremos falar aquí, que é a categorización por etnia, non por raza. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 17:03 (UTC)
Calendario de votacións de propostas de políticas e normas - Marzo-Abril-Maio 2019
[editar a fonte]Veño de traballar en varias novas propostas de políticas e normas que na Galipedia aínda non temos "oficializadas". Para esta rolda de propostas hai catro actualizacións e dúas novas políticas, adaptadas en xeral todas elas da wiki inglesa. En Usuario:Banjo/calendario hai un calendario tentativo do plan de votacións que desenvolvín para estas propostas. Da mesma forma que en ocasións anteriores, á hora de comezar cada unha das votacións enviarei unha mensaxe en masa á lista de propostas de políticas para avisar ós alí apuntados. Revisarei e actualizarei a propia lista de mensaxes deixando os usuarios con + de 1000 edicións en total activos nos últimos 6 meses antes da primeira votación.
Como en ocasións anteriores, a intención desta mensaxe e das consecuentes por medio da lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto deste plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Calquera cuestión sobre cada unha das propostas podémola debater nas respectivas páxinas de conversa das mesmas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario.
Coma anuncio para os meses de marzo, abril e maio, as propostas que teño a intención de levar a cabo coma votacións son:
- 15 de marzo: Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019 -> Actualización e pequena ampliación da redacción de Wikipedia:Citar as fontes.
- 29 de marzo: Wikipedia:Spam -> Consideracións e indicacións específicas sobre como tratar o spam dentro da Galipedia.
- 12 de abril: Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019 -> Ampliación e actualización da redacción de Wikipedia:Páxina de usuario.
* 26 de abril: Wikipedia:Acoso -> Indicacións sobre cómo actuar perante potenciais situacións de acoso a calquera usuario da Galipedia (Que agardo non chegue a ser nunca de necesaria aplicación, mais considero que non está de máis que quede rexistrada).
* 10 de maio: Wikipedia:Guerra de edicións/proposta 2019 -> Pequena ampliación e actualización da redacción de Wikipedia:Guerra de edicións.
* 24 de maio: Wikipedia:Xogar co sistema -> Nova proposta co texto revisado e actualizado. A anterior votación atópase aquí.
Agardo que entre todos poidamos tirar cara adiante e establecer un consenso xeral sobre todos estes temas. Calquera dúbida estou á vosa disposición. Saúdos! ☣Banjo tell me 4 de marzo de 2019 ás 11:09 (UTC)
- Banjo, penso que para facilitar o traballo de revisión das modificacións de políticas deberías marcar dalgunha forma os cambios que hai nas túas propostas respecto ó que xa hai. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 22:06 (UTC)
- Citar as fontes - Páxina de usuario - Guerra de edicións - Xogar co sistema. As outras dúas son novas propostas. ☣Banjo tell me 4 de marzo de 2019 ás 22:18 (UTC)
- Banjo, así non é moi doado de ver as diferenzas, referíame a que na proposta estean resaltadas, por exemplo co texto noutra cor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 22:25 (UTC)
Non teño folgos nin tempo material para revisar a miña propia edición e ir marcando tódolos cambios de forma individual, os diffs deberían ser suficientes facerse unha idea dos cambios propostos. Resúmoos a continuación para tentar facilitar a localización do que se modificou:
- Citar as fontes - Pequena ampliación da introdución, ampliación e reorganización da sección "Cando e por que citar", nova sección "Información a incluír nas citas", nova subsección "Cambios nas citas", nova sección "Ligazóns nas citas", pequenos outros cambios de redacción e reorganización.
- Páxina de usuario - O 90% do texto é novo. Mantéñense as seccións de "Caixas de usuario" e "Sinaturas". As "Restriccións expresas" quedan recollidas con outra redacción na nova sección "Contido inaceptable no espazo de usuario"
- Guerra de edicións - Ampliación da introdución,elimínase o vandalismo en "Motivos", pequenas ampliacións e cambios de redacción en "Regra das tres reversións", cambio de redacción en "Que facer no caso de estar nunha guerra de edicións", reorganización de seccións.
- Xogar co sistema - Redacción da introdución, ampliación de "Significado de xogar co sistema", ampliación e segregación en seccións dos exemplos, outros cambios menores de redacción e títulos de seccións.
☣Banjo tell me 4 de marzo de 2019 ás 23:00 (UTC)
- Vale, moitas grazas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 23:14 (UTC)
Comunicación sobre traballo na páxina de conversa Transliteracións
[editar a fonte]Bos días, abríuse un fío en Transliteracións e lingua casaca en base os cambios no alfabeto en febreiro de 2018, que afectan á política de transliteración da lingua casaca que se viñan aplicando na Galipedia. A idea é que toda persoa que teña interese faga as súas achegas neste tema nesa conversa (Transliteracións e lingua casaca ) e posteriormente, en base a este traballo, se modifique o que sexa necesario no texto da política pola vía habitual. Por favor, quen queira participar que use ese fío e non este.
- Xa avisei a algúns dos editores que coñecía poderían estar interesados, pero engado unha mención para outros aquí; se por ignorancia esquezo a alguén por favor, engadídeo. De momento semella unha cuestión en progreso dun tema que pode non ser do interese de todo o mundo, polo que non vexo como o mellor candidato ao envío de mensaxes en masa. @Poti Berik:@Breogan2008: @Sobreira: @Piquito: @Banjo: @Xabier Cid: @Chairego apc: @Miguelferig:@HombreDHojalata: @Alfonso Márquez: @Chairego apc: @Xas: @Elisardojm: @Beninho: @Lameiro: @Servando2: @Adorian: @Imxavitooh: @Atobar: @AMPERIO: @Jglamela: @Xoio: @Nachonion: @Fendetestas: @FleaRHCP: @Moedagalega: @Agremon: @JonnyJonny: @Castelao: @MAGHOI: @Ramiro Torres: @RubenWGA: @Dodro: @CristianCb: @Nonsonninguen: Saúdos.--Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 08:07 (UTC)
- Maria zaos, eu de transliteracións non che sei nadiña... :( Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 08:15 (UTC)
- De transliteracións quen sabe é @Norrin strange:. --Atobar (conversa comigo) 4 de xullo de 2019 ás 14:00 (UTC)
- Maria zaos, eu de transliteracións non che sei nadiña... :( Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 08:15 (UTC)
- Trans... que? Saúdos,--Agremon(contacto) 4 de xullo de 2019 ás 14:18 (UTC)
- Grazas polo aviso Maria zaos, pero a miña única opinión respecto das transliteracións é que deberían facerse igual de cirílico a calquera lingua con alfabeto latino, isto é, transliterarse igual en galego que en inglés, castelán, francés, sueco... Piquito (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 22:26 (UTC)
- @Piquito: non pode transliterarse igual a todas as linguas con alfabeto latino, porque non todas as linguas con alfabeto latino usan os mesmos caracteres. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de xullo de 2019 ás 06:54 (UTC)
- Do de facerse igual en todas as linguas si quero opinar eu. Aínda no caso de que fosen linguas cos mesmos caracteres, creo que non pode ser, porque unha lingua pode ter fonemas que nós non temos ou teñen unha pronunciación intermedia entre varios, e noutras linguas pasa igual e tamén teñen os seus fonemas peculiares. Por iso nós estamos acostumados a escribir Gorbachov e un inglés porá Gorbachev, porque esa terminación en ruso non se pronuncia exactamente igual que o noso o nin que o noso e, e os franceses escriben Gorbatchev.--Miguelferig (conversa) 5 de xullo de 2019 ás 08:58 (UTC)