Wikipedia:Votacións/Xogar co sistema
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Normas sobre xogar co sistema
Período de votación: 6/12/2007 - 21/12/2007
SI: 9 — NON: 5 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Esta páxina en resumo: Está estritamente prohibido xogar coas normas e regras da Wikipedia para romper a dinámica de consenso colectivo ou para violar o espírito da propia norma |
Xogar co sistema significa usar as políticas e normas da Wikipedia de mala fe, para de xeito deliberado frustar os obxectivos da Wikipedia e o proceso de dirección editorial colectivo. Xogar co sistema é un abuso do procedemento prexudicial para o wiki. Relaciónase con isto o termo wikipreitear, ou sexa, seguir unha interpretación estrita da letra da lei para violar o seu espírito.
Un colaborador que xoga co sistema trata de usar as políticas de mala fe, e busca na súa redacción unha aparente xustificación para accións prexudiciais e para afirmar posturas contrarias ao propósito das políticas e defender o que estas non apoian. Facendo isto, o xogador arreda as políticas e normas do seu lexítimo sentido como produto do consenso da comunidade, e tenta usalas conforme o seu propósito persoal.
Ás veces xógase co sistema para apoiar un punto de vista. Outras, úsase nunha guerra de edicións, ou para impoñer un punto de vista non neutral. En todos eses casos xogar co sistema é un uso impropio das políticas e está prohibido. Apelar ás políticas cando non concorda co seu verdadeiro propósito e espírito, é un uso inapropiado delas.
- Consulta o texto íntegro das normas antes de votar.
Votación
[editar a fonte]- A favor
- Concordo --☣Banjo tell me 22:35, 6 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Estas non son normas novas. Son normas que xa existían, que xa estaban en funcionamento, e que agora se lles dá unha forma escrita en galego. Este tipo de decisións de protexer a wikipedia de ataques unidireccionais tómanas os administradores, e non se basean en intuicións, nin en explorar cerebros alleos, senón en análises das edicións. As normas serven neste caso precisamente para apoiar o traballo dos administradores e evitar interpretacións erradas, así como para protexer a comunidade de erros de aplicación. --Xabier Cid 08:17, 7 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Esta norma paréceme a máis necesaria de todas as que se poden presentar. AlberteSi, digame? 11:26, 7 decembro 2007 (UTC)
- Concordo con un punto de vista parecido o de Xabier ElviraConversa con mi 12:29, 7 decembro 2007 (UTC)
- Concordo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:53, 13 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Como a outros compañeiros gustaríame que non houbera que ter por escrito cuestións tan básicas como as expresadas nesta política, así e todo semella que é preciso facelo. --Prevertgl 21:44, 17 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Beninho 12:17, 18 decembro 2007 (UTC)
- Concordo --FryantTralarí Tralará 14:37, 20 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Agremon(contacto) 19:30, 20 decembro 2007 (UTC) Comentario en Conversa
- En contra
- Discordo. Non comparto o plantexamento desta política xa que se basea na análise da intención do suxeito que xoga co sistema. Para a exposición utilízanse unha serie de exemplos e fálase de que xogar co sistema non está permitido. ¿Quén xulgará a intencionalidade dun usuario, quén ten a capacidade de determinar que unha persoa actúa dun xeito determinado coa finalidade de subverter o sistema? ¿Alguén ten a capacidade de meterse nons pensamentos de outro e saber que motiva a cada quen? Non entendo se isto é unha norma ou un conxunto de advertencias e consellos, ou si é unha extensión do que a wikipedia non é. Do que estou certo é que como Orwell ben plasmou na súa obra 1984 o control sobre os pensamentos do ser humano non é moi aconsellable e non é moi doado de realizar, a non ser que o editor anuncie a súa intención, cousa que si pretende subverter o existente supoño que non o fará. Lansbricae (Ti dirás) 08:10, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo. Díxosenos que se iba buscar o consenso. Pero parece que tal búsqueda foi corta: esta proposta tivo a marca de {enuso} ata o mesmo dia en que se puxo a votación, e non se agardou por ningun comentario (paxina de conversa non foi nin creada). ¿onde e cando foi o intento de consenso? eu non o vexo. Por outro lado: empecei a revisar a tradución do inglés pero vexo no cadro enriba de todo a primeira diferencia: na versión inglesa, supostamente da que parte, dise no cadro inicial: "When editing this page, please ensure that your revision reflects consensus. When in doubt, discuss first on this page's talk page." = "Cando edite esta paxina por favor asegurese de que a súa revision reflicte o consenso. En caso de dubida, discutao primeiro na paxina de conversa". Este texto non se pon na versión galega, e coherentemente tampouco foi aplicado. Por outro lado: vexo no {concordo} de enriba: "Este tipo de decisións tómanas os administradores". Non sei o que iso significa, pero non me gustaria entendelo como "os administradores aplicarémolo como creamos oportuno"---- Maañón00 (o que ho?) 09:05, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Por varios motivos:
- Non se procurou o consenso en ningún momento,
- Estase a dicir que os administradores van aplicala ao seu arbitrio cando xa hai precedentes que se poden amosar de acusacións moi graves de xogar co sistema simplemente por presentar propostas (neste caso duns consellos de tradución, véxase talk Conversa Wikipedia:Votacións/Consellos para a tradución, significa isto que só poden presentar propostas os administradores?, que alguén me aclare isto, porque paréceme moi grave, vanse tolerar acusacións de xogar co sistema só por presentar propostas, aviamos imos.
- A tradución non reflexa o texto orixinal.
- Viólase un dos piares que é a presunción da boa fe, resulta que agora todos xogamos co sistema se consideramos que alguén está malusando unha política e pedimos aclaracións ou cousas semellantes, e quen o xulga, o mesmo que malusa a outra parte desa política, quen é o "imparcial"?, os exemplos que se poñen serían aplicabeis agora mesmo á Galipedia en pleno, incluídos administradores, agás algunha pequena excepción. Síntoo, pero non podo concordar con unha proposta kafkiana que nin sequera é política oficial na inglesa en:Wikipedia:Policies and guidelines, como se pode comprobar nos cadros respectivos, se non unhas liñas xerais que poden ser modificadas seguindo o consenso, que nesta a nosa Galipedia semella desbotado, sería bo recuperar o sentidiño común dunha vez. Alma (fálame eiquí) 13:35, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo sen coñecer os casos reais que deron lugar a este artigo, pero creo que así podo opinar máis neutralmente. As miñas razóns para votar en contra son os puntos 1 e 4 da argumentación de Alma, ademáis de que este texto me parece que di que non se poden utilizar os principios da Wikipedia como argumento, o cal parece que resta valor aos mesmos. Se ben unha persoa pode usar como argumento os piares da Wikipedia ao seu favor non tendo razón, quen quera pode discutir tales argumentos, rebatilos cos seus propios. E en lugar de dicir este artigo que unha persoa non ten razón polo simple feito de que utilice os piares da Wikipedia como argumento, semella que di que o seu uso implica non levar razón. Quizáis non me explicase eu moi ben, pero na miña opinión, o artigo tampouco. En fin, que non vexo a finalidade deste artigo. --GallaecioE logo? 17:27, 19 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Paréceme que ten risco de ser usado como caza de bruxas.--QuatriNauta 21:23, 20 decembro 2007 (UTC)