Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario/Preparación
![]() | Esta páxina é para organizar a celebración o décimo quinto aniversario da Galipedia. Podes achegar propostas e tamén unirte á Comisión de Festas se queres axudar con todo o tinglado. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Galipedia_15_-_Proposta_01-02.png/220px-Galipedia_15_-_Proposta_01-02.png)
Polo de agora todo está pendente, faltan moitos detalles e apartados, así que adiante. Poden collerse ideas das actividades que se fixeron en Wikipedia:Relatorios décimo aniversario.
Comisión de festas
[editar a fonte]Estes son os encargados de organizar todo o miolo, se queres colaborar apúntate abaixo e dálle caña! Se queres facer propostas podes engadilas nos apartados seguintes ou comentalas na páxina de conversa.
Lugar
[editar a fonte]Dado que historicamente temos un déficit de usuarios na provincia de Ourense, penso que estaría ben que leváramos a Galipedia á súa capital para se coñeza un pouco máis e que se anime algunha xente de alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:01 (UTC)
- Podo falar coa facultade de Humanidades, da Universidade de Vigo, para facer alí as actividades. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de outubro de 2017 ás 14:30 (UTC)
Data
[editar a fonte]A data de celebración do aniversario será o 10 de marzo, sábado.
Adicación
[editar a fonte]Hai unha proposta de Unhanova de facer especial fincapé no aumento de mulleres na edición e participación en xeral.--Agremon(contacto) 23 de setembro de 2017 ás 06:03 (UTC)
Agremon, realmente eran dúas propostas, e posibelmente excluíntes, e agora hai unha terceira de Elisardojm.
Posíbeis obxectivos:
- A visibilidade das mulleres na Internet e o aumento de mulleres na Galipedia
- Lanzar a Asociación de amigas e amigos da Galipedia ou Asociación polo Coñecemento Libre de Galicia (AceLGa) (ou como se acabe chamando)
- Aumentar galipedistas en Ourense
Eu propoño centralo nalgún deses obxectivos ou nalgunha outra das propostas que se apunten. Unhanova (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 11:03 (UTC)
Entidades colaboradoras
[editar a fonte]Hai que contactar con entidades que nos axuden con medios, difusión e incluso cartos, como o concello, a Deputación e a Universidade.
Logotipo do 15 aniversario
[editar a fonte]Habería que facer un logotipo para poñer na Galipedia durante o evento. Pode ser a típica tarta, ou tamén o número 15 coa bóla, pero non estaría de máis ter un logo un pouco máis orixinal.
Logotipo para as actividades
[editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Teatro_Politeama_wordmark.svg/220px-Teatro_Politeama_wordmark.svg.png)
Hai que deseñar un logotipo para poñer no proxecto nesas datas.
-
Vaia por deus, ponte como masculino...
-
dubido moito que esta sexa a mesma
-
Esta é moito máis probable
Ou este edificio tan raro e con perfil tan sintomático/significativo/senlleiro/singular:
Ou isto, que me acaba de deixar fascinado: Commons:category:Romanesque capitals in Ourense commons:category:Pórtico do Paraíso, Cathedral of Ourense.
- Eu quería petróglifos, pero non atopei.
※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 23:06 (UTC)
- Beninho ou Breogan2008, vos poderíades facer unha imaxe esquemática deste tipo? Penso que non sería necesario facela en formato SVG, en PNG ou JPG tamén se poderá usar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 08:49 (UTC)
- Algo se pode intentar. Algunhas das imaxes da ponte coido que pode servir para facer unha imaxe semellante. --Beninho (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 09:16 (UTC)
- Xenial Beninho! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 11:29 (UTC)
- Algo se pode intentar. Algunhas das imaxes da ponte coido que pode servir para facer unha imaxe semellante. --Beninho (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 09:16 (UTC)
- Beninho ou Breogan2008, vos poderíades facer unha imaxe esquemática deste tipo? Penso que non sería necesario facela en formato SVG, en PNG ou JPG tamén se poderá usar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de setembro de 2017 ás 08:49 (UTC)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/da/Galipedia_15_-_Proposta_01-01.png/300px-Galipedia_15_-_Proposta_01-01.png)
Elisardojm, elaborei este deseño como mostra para que comentedes que vos parece. Aínda hai que corrixir algúns detalles, pero gustaríame ter opinións e suxerencias de parte da comunidade. Saúdos! --Beninho (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 10:58 (UTC)
- Buáh neno! está mallado!! Gústame moito, a verdade. :D O único que estou pensando é que non sei se quedaría mellor cun algo máis de altura, quero dicir, para que quedara un pouco máis cadrado e non tan alongado. Dígoo pensando en poñelo nas camisetas, por exemplo. Ó mellor poderíase poñer o reflexo da ponte en gris ou algo así, e así a imaxe xa tería máis altura... (agora mirando máis en detalle, vexo que o terceiro arco pola dereita está "na terra", está baseado nunha imaxe do verán?)Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 12:48 (UTC)
- O tema da altura tíñao en mente e estaba pensando nun xeito de arranxalo, así que probarei coa túa idea. A imaxe está baseada na última foto da ponte que hai arriba, pero podo modificar ese anaco de "terra". Saúdos! --Beninho (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 14:31 (UTC)
- Xa que non din feito o inicial que quería por querer pararme, montei un máis cadrado. Quería meter o 1 e o 5 nos arcos, pero non caben, a non ser que queden asimétricos. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de outubro de 2017 ás 14:03 (UTC)
- O tema da altura tíñao en mente e estaba pensando nun xeito de arranxalo, así que probarei coa túa idea. A imaxe está baseada na última foto da ponte que hai arriba, pero podo modificar ese anaco de "terra". Saúdos! --Beninho (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 14:31 (UTC)
Cartel
[editar a fonte]Habería que deseñar un cartel informativo coas actividades a realizar para enviar ós medios e institucións para que se difunda entre a xente.
Bolsas de transporte
[editar a fonte]Para fomentar e facilitar a asistencia de Galipedistas que non teñan dispoñibilidade de transporte, poderíanse establecer algunhas bolsas para que todos os que queiran participar teñan as maiores facilidades posibles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:01 (UTC)
Actividades
[editar a fonte]Aquí podes engadir as propostas e ideas que teñas para celebrar este día.
Relatorios
[editar a fonte]Poderían buscarse algúns persoeiros relacionados coa cultura e a cultura libre para que comentaran algún tema de interese.
- David Gómez, docente e xerador de material didáctico na UOC, consultor wiki e autor de Debats de l’AAVC: Llicències lliures per al retorn social de la producció artística. Se vos interesa o tema eu podo contactar con el. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2017 ás 12:13 (UTC)
- Podería contactarse con xente de proxectos de cultura libre semellantes, tipo OpenStreetMap. Seguro que hai xente cercana que pode vir e falarnos, ademáis de que sería unha boa oportunidade para potenciar a colaboración entre proxectos. --Viascos (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 10:44 (UTC)
- Propoño traer a wiktionary:en:User:Epantaleo para falarnos do seu proxecto de representación das etimoloxías do en.wiktionary mediante grafos (e se se pode aplicar ó noso: tanto traer datos de EN a GL, como representar os que hai en Galizionario). Xa sei que non é wikipedia, pero a ver que vos parece. Está en Italia, así que non sei como se faría co dos cartos da viaxe, pero dado que está adscrito a un proxecto específico de wikimedia, igual poden saír de aí. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 9 de novembro de 2017 ás 08:02 (UTC)
Obradoiros
[editar a fonte]Obradoiro de Autowikibrowser
[editar a fonte]O Wikipedia:AutoWikiBrowser é un programa que serve para facer edicións automáticas e semiautomáticas nos artigos, é unha especie de bot. Poderíase organizar un obradoiro no que se ensinara a instalar a ferramenta, configurala de forma básica e poñela a funcionar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 23:11 (UTC)
Wikitakes
[editar a fonte]Fotografar zonas de Ourense. Quizais a Catedral por dentro? Quizais pedir que nos ensinen o Museo de Arqueoloxía? Quizais parroquias próximas?
No proxecto Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias faltan 12 imaxes de parroquias do concello, a maiores, nos concellos lindeiros, en Coles falta unha, no Pereiro de Aguiar faltan 7 e en San Cibrao faltan 3. En total 23.
Creo que podería facerse un concurso fotográfico con este tema para conseguir imaxes que necesitamos. Podería darse algúns premios ós que suban máis fotos diferentes deses lugares, pedindo unha calidade mínima, como mínimo un encadramento correcto e unha iluminación que permita ver a imaxe. As fotos poderían subirse durante as semanas anteriores ó evento, e terían que engadirse a unha páxina. Logo faríamos un filtro, dous ou tres usuarios voluntarios e non participantes, para quitar as imaxes desenfocadas, queimadas, ou que non teñan un encadramento normal, e logo os que tiveran máis fotos levarían os premios. No día do evento poderíamos facer a entrega de premios para que se puideran facer as "fotos para os medios". Propoño este sistema porque un sistema con xurado sería moito máis complicado de montar, e hai moitas outras actividades que facer.
Pódense tomar como referencia para os premios os de Wiki Loves Monuments 2017 en España. Eu en vez de poñer "vale de compra de material fotográfico" poría simplemente "tarxeta de compra de Amazon".
Obradoiros en centros de ensino
[editar a fonte]Poderíamos coordinar obradoiros a desenvolver en centros de ensino. Trataríase de que algún wikipedista se trasladase aos centros a facer algunha actividade, ben enfocada ao alumnado, ben aos docentes, ben a ambos. Habería que facelo durante a semana anterior ou posterior ao finde elexido, en horario escolar. Eu pódome plantexar coller un día libre, agora temos moscosos (xa sei que sonará obsceno, pero mola cantidubi e ven de co"%&$ para o caso), e adicarlle a mañá a visitar centros da cidade ou arredores. Habería que redactar unha misiva para enviar a proposta aos centros con tempo.--Viascos (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 17:43 (UTC)
Wikimaratón
[editar a fonte]O Wikimaratón estaría precedido por unha charla introdutoria á edición wiki (poderían facerse dúas, unha pola mañá e outra pola tarde, non máis de media hora cada unha), e habería que procurar ter na sala libros de referencia para axudar a facer os artigos. Para esta actividade faría falta ademais unha sala de informática con conexión a Internete ou unha sala con conexión WIFI. Tamén habería que buscar xente interesada, habería que contactar directamente, e con tempo, con asociacións de veciños, asociacións culturais, centros educativos, etc, para que teñan moi presente a realización desta actividade para que acudira toda a xente posible.
Tamén podería animarse a cousa regalando unha camiseta ós participantes que fixeran polo menos un artigo mediano durante o evento (ata fin de existencias e suxeito á dispoñibilidade de tallas).
Wikimaratón sobre Ourense. Patrimonio, personalidades, rúas.
Artigos propostos:
- Capela dos Remedios de Ourense
- Castro de Santomé
- IES Otero Pedrayo de Ourense
- Convento de San Francisco de Ourense
- Igrexa de Santa María Nai
- Praza Maior de Ourense
- Termas de Outariz
- Cidade de As Burgas FS
- Ponte Ourense FS
- Claustro de San Francisco
- Oira, praia fluvial
- Igrexa de Santo Domingo
- Pazo de Oca-Valladares
- Praza do Trigo
- Praza do Ferro
- Ponte de Loña
- Ponte nova
- Ponte do Ribeiriño
- Teatro principal
- Auditorio provincial de Ourense
- Galicine
- Museo Municipal de Ourense
- Museo Internacional de Cornamusas
- Centro de exposicións Caixanova
- Colección de trens Fernández Pacheco Outeiriño
- Parque Tecnolóxico de Galicia
- Termas de Outariz
- Rodrigo Alonso de Pimentel
- Vía da Prata
- Festival de Cine Internacional de Ourense
- Manuel Cambón
- Alejandro Outeiriño Rodríguez
- Miguel Doval Garza
- Gonzalo Pérez Jácome
- Vasco Peres Mariño
- Simón de Monasterio
- Rodrigo de Badajoz
- Diego Solís
- Juan de Angés o Mozo
- Pedro de Quevedo Quintano
- Antoni Solà
- Juan de Herrera
- Diego de Arén
- Bispos de Ourense
- Ederonio
- Diego de Velasco
- Martiño
- Afonso
- Miguel Ares Canaval
- Alcaldes de Ourense
- José María Montenegro Gago
- Juan Antonio Montenegro Puga
- Juan Fuentes Pérez
- Feliciano Pérez Bobo
- Miguel Valcárcel Ochoa
- Tomas Fábrega Tomás
- Miguel Francisco Gutiérrez Rodríguez
- Adolfo Rodríguez Obaya
- Antonio Rodríguez Iglesias
- Juan Fuentes García
- José Feijoo de Sotomayor
- Juan Antonio Saco y Arce
- César Rodríguez Conde
- Manuel Paco Núñez
- Eduardo Saavedra Caballé
- Federación de cineclubes de Galicia
- Padre Feijoo (Cine Clube)
Artigos a mellorar:
Wikiconcerto
[editar a fonte]Outra posible actividade sería facer un concerto de música libre. O ideal sería conseguir unha serie de obras que teñan as partituras con licenza libre e buscar un grupo que as quixera tocar. Se fose necesario, ós integrantes do grupo poderíaselle pagar pola súa interpretación, iso si, tódolos dereitos que poidan ter terían que liberalos. Piquito, se te animas, ti poderías axudar moitísimo nesta actividade. A idea é que, a maiores de ter unha actividade máis para o aniversario, que esta interpretación sexa gravada para subir despois a Commons e engadir ós artigos relacionados.
Outros
[editar a fonte]Eu vou propoñer (no PdP) que se faga un setestrelo do Portal das palabras con termos para celebrar o aniversario. Serían cousas como modelo, ligazón, categoría, ... Admítense suxestións, como se queredes votar as ideas que xurdan. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 24 de setembro de 2017 ás 19:56 (UTC)
- Sobreira, que é un setestrelo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2017 ás 20:34 (UTC)
- Un dos tipos de contidos do Portal das Palabras. A sección comenta un grupo de sempre sete palabras cun tema común. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 06:41 (UTC)
- Ah, pois entón tamén pode engadirse homónimo, por exemplo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 07:40 (UTC)
- colaborativo, libre, homónimo, modelo, ligazón, categoría ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 11:09 (UTC)
- pois falta..., enciclopedia! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 11:30 (UTC)
- É que tamén temos dicionarios, e fontes, e libros... ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 13:54 (UTC)
- ... pero neste caso o aniversario é da enciclopedia... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 14:53 (UTC)
- É que tamén temos dicionarios, e fontes, e libros... ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 13:54 (UTC)
- pois falta..., enciclopedia! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 11:30 (UTC)
- colaborativo, libre, homónimo, modelo, ligazón, categoría ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 11:09 (UTC)
- Ah, pois entón tamén pode engadirse homónimo, por exemplo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2017 ás 07:40 (UTC)
- Un dos tipos de contidos do Portal das Palabras. A sección comenta un grupo de sempre sete palabras cun tema común. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 25 de setembro de 2017 ás 06:41 (UTC)
Eu non vou poder participar na organización de actividades, con todo ocorréronseme algunhas cousas que podemos tentar facer dende a Galipedia para tentar publicitala de cara ao evento:
- Chegar aos 150.000 artigos para o 15º aniversario.
- Chegar aos 150 artigos de calidade (para ter 10 elixidos por ano)
- Que todas as parroquias de Galicia teñan imaxe.
- Facer artigos de todos os lugares de Galicia.
Creo que non son excluíntes ningunha delas, de feito a primeira e a cuarta son complementarias. Creo que sería interesante chegar aos 150 artigos de calidade para "vender" a Galipedia como un proxecto preocupado pola mellora e a calidade dos seus contidos. Creo que podemos tentar traballar nalgún deles, que pensades? Piquito (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 12:09 (UTC)
- Son tarefas bastante complicadas pero que claramente axudarían a publicitar o proxecto. Eu creo que a máis interesante é a de conseguir os 150 artigos de calidade, como comenta Piquito, e traballarei para acadala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 22:16 (UTC)
Presuposto
[editar a fonte]Hai que elaborar un presuposto, axustado ás actividades a realizar, para presentalo na páxina de bolsas da Fundación.
- Camisetas para promocionar e regalar no wikimaratón (15 eur * 50): 750 eur
- Torta do décimo quinto aniversario: (50 eur (12 racións) * 2): 100 eur [1]
- Varios (pratos, cubertos): 4,15 eur (pratos, 100 u) ou 1,99 (25 u) + 2,20 eur (vasos, 100 u) ou 1,00 eur (25 u) + 0,75 eur (cubertos 25 u, multiplicar polo que se queira -coitelos, garfos e/ou culleres-)
- Carteis (estimar)
- Premios (decidir que premios dar)
- Gastos imprevistos: 10% do presuposto final
- Total: