Wikipedia:Efemérides destacadas/13 de agosto
Aparencia
- 1521, Hernán Cortés recibe o título de gobernador de Nova España (dominios españois en Norteamérica).
- 1882, A posta en escena na Coruña da obra A fonte do xuramento (na imaxe), de Francisco María de la Iglesia, constitúe a primeira representación teatral en galego da que hai noticia.
- 1899, nace Alfred Hitchcock, cineasta.
- 1905, en plebiscito decídese a separación de Noruega e Suecia.
- 1926, nace Fidel Castro, primeiro ministro de Cuba dende 1961.
- 1961, iníciase a construción do Muro de Berlín separando á Alemaña Oriental da Alemaña Occidental.
- 1973, prodúcese no Aeroporto de Alvedro o accidente de Montrove, morrendo 85 persoas.