Wikipedia:Efemérides destacadas/27 de xullo
Aparencia
- 1794, na Revolución Francesa, Maximilien de Robespierre (na imaxe) é apresado despois de encoraxar a execución de máis de 17.000 "inimigos da Revolución".
- 1864, nace Eladio Rodríguez, escritor galego.
- 1953, remata a guerra de Corea.
- 1958, créase a NASA tras ser asinada a lei polo presidente norteamericano Eisenhower.
- 1970, morre aos 81 anos António de Oliveira Salazar, que gobernou Portugal de 1932 a 1968, vítima dun derramo cerebral.
- 1980, morre, no Cairo, Mohammad Reza Pahlavi, último Xa do Irán.