Wikipedia:Sobre Galicia/outubro 2014
Aparencia
O dolmen de Dombate é un monumento megalítico situado no lugar de Dombate na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), na Comarca de Bergantiños. Construíuse na primeira metade do IV milenio a. C. e a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas e evidenciouse un uso que vai dende o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C., momento no que se clausura o monumento. Este dolmen catalógase como unha tumba de corredor e é un dos conxuntos máis importantes de Galicia.
Preto del atópanse outros monumentos coñecidos pola existencia de arte parietal: o dolmen de Pedra Cuberta e Forno dos Mouros.