Wikipedia:Sobre Galicia/outubro 2023
Aparencia
Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923 e finada en Meira (Moaña) o 30 de marzo de 2022, foi unha pedagoga galega. Co seu home, Antón Beiras García, fundou na década dos 60, en Vigo, a Escola Rosalía de Castro, dirixida por ela, onde puxo en práctica as novas técnicas recomendadas pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), os métodos do suízo Johann Heinrich Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea. Na escola Rosalía de Castro dedícaselle unha atención especial á lingua e cultura galegas.